8/11/24
ABRIMOS AS PORTAS Ó CLUB DE CIENCIA. Reciclamos papel
Un ano máis, a biblioteca segue a participar na concienciación do alumnado na defensa do medio ambiente, esta vez colaborando co Clube de Ciencia no taller de reciclado de papel co alumnado de 1º e 2º ESO.
Mirade que cousas fixemos!
5/11/24
MES DA CIENCIA
Este curso, adicamos o mes de novembro á figura de Galileo, aproveitando que este 2024 se conmemora o ano galego da astronomía.
Decoramos o ventanal da biblio e fixemos unha exposición de libros do autor
2/11/24
FUSQUENLLA
O ex alumno do IES Miguel A. Mateos achegouse ó Centro para darnos unha charla sobre a revista "Fusquenlla" que se publicou no IES durante moitos anos. Moitas grazas por vir e por animar á rapazada a retomar a publicación de "Fusquenlla" nos vindeiros cursos.
31/10/24
LIBRO DO MES
Este curso tentaremos subir cada mes unha reseña dunha lectura do noso alumnado. Comezamos en novembro con Noa de 1º de BAC que nos recomenda a lectura de "Mentira", de Care Santos.
30/10/24
PREMIO NACIONAL DAS LETRAS 2024
Sirva este expositor coma homenaxe a Manuel Rivas, que ven de recibir o PREMIO NACIONAL DAS LETRAS NACIONAIS 2024.
Moitos parabéns o mil grazas por espallar o idioma galego pola península
29/10/24
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O pasado 24 de outubro conmemoramos o día das bibliotecas coa exposición oral de Juanandrés de 1º ESO sobre "La Divina Comedia", de Dante.
Como non podía ser de outro xeito, este curso co lema "biblioteca escolar, a escena!", centrámonos na representación teatral da "Divina Comedia". Visualizamos a maravillosa posta en escea da obra por parte do grupo de teatro MINO FORTES de Vilnius (Lituania).
"Abandonad toda esperanza, vosotros que entráis. "
24/10/24
APRENDENDO GIMBAL MÓBIL
Queremos colaborar con POLOS CREATIVOS, e que mellor idea que mandar a Enmanuel e Raner a aprender a usar o estabilizador intelixentel JIMBAL.
Moitas grazas Chus por esta formación express dos nosos SEPERMEGAVOLUNTARIOS
22/10/24
ERASMUS DAYS...UNHA OLLADA DENDE BIBLIOARZÚA
Temos que recoñecer que na biblio nos gusta colaborar espacialmente no proceso de internacionalización do IES. Dende o 14 ó 19 de outubro celebrábanse os ERASMUS DAYS e puxémonos arreo a colaborar co equipo erasmus+.
Chapas, petiscos,photocall, familias...todo tivo cabida nestes días.
Botade uha ollada ó vídeo e veredes como tiñamos a biblio.
16/10/24
DÍA DAS ESCRITORAS
Coma todos os anos, o luns 14 de Outubro conmemoramos no IES o día das Escritoras, xunto co EDLG.
Xa temos na biblio a disposición de todos e todas un exemplar de "A vexetariana". Corre a buscalo!!!
OS PROFES TAMÉN ESTUDAN
Asistimos a un curso para entender cal vai a ser "a biblioteca do futuro" e visitamos o CEIP Serra de Outes para ver como remodelaron a biblioteca escolar.
Vimos moi contentas, pois démonos conta de que a nosa biblio vai camiño de converterse nun espazo moderno, dinámico e versátil e lugar arredor do que xira a actividade do Centro. Seguimos traballando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









