3/10/24

NOVOS SUPERMEGAS... EQUIPO DE VOLUNTARIADO 2024-25

Como non podía ser doutro xeito, arrincamos un curso máis cheo de ilusión por parte dos nosos "supermegas". Queda moito traballo por diante, pero por descontado daremos conta del coa súa colaboración. Esta é a composición do equipo deste curso:
BO INICIO DE CURSO RAPAZADA!!!!

ENREDANDO FÍOS

Comeza este curso a nova actividade de gancho e calceta "ENREDANDO FÍOS", guiada pola nosa compañeira Silvia Calvo: non faltes martes e mércores no 1º recreo. Mira que ambientazo. Ata as profes e algún rapaz se apuntan a "enredar fíos" no tempo de lecer.

1/10/24

FORMACIÓN DE USUARIOS CURSO 2024-25

No mes de setembro rematamos a formación de usuarios dos alumnos de nova incorporación ó IES. Todos eles pasaron pola biblioteca, ensinámoslle os fondos e como están distribuidos, os xogos e actividades que facemos e falámoslle da posibilidade de formar parte dos SUPERMEGAS, o equipo de voluntarios de BIBLIOARZÚA.Velaquí unhas fotiños de mostra

26/9/24

ARRINCA A ACTIVIDADE DOS....SUPERMEGAS

Xa están os nosos voluntarios traballando para poñer ó día a biblioteca e empezar coa catalogación das novas adquisicións. Vamooooos!!!

15/5/24

CLUB DE LECTURA

O mércores 15 de maio reuniuse o Club de lectura, que está a ler en inglés o clásico de Roald Dahl "Charlie and the Chocolate Factory". Analizamos as persoaxes e a profe que dinamiza esta actividade entregounos un billete dourado que de seguro atopou nalgunha barra de chocolate!!! Moitas grazas ó Departamento de inglés por esta actividade

30/4/24

SCAPE GAME ENGLISH DEPARTMENT

O departamento de inglés organizou un xogo de Scape ben divertido qeu tivo como escenario unha vez mais a biblioteca. Tivemos que mover mesas e cadeiras, pero valeu a pena o esforzo. Alumnaso e profesorado disfrutams moito a actividade. Parabéns

24/4/24

DÍA DO LIBRO...POR OCTAVIO BEARES

Cando descobres que un profe do Instituto escribiu un libro titulado "a historia do comic en Galicia", cando sabes que o lema de bibliotecas escolares deste curso é "unha biblioteca escoler en viñetas", e cando lle pides que se anime a darlle unha charla á rapazada...e se ofrece encantado a facelo...non hai mellor ocasión que o día do libro para que o noso profe de Historia Octavio Beares nos de non unha senón dúas charla sobre banda deseñada. Deixámosvos aquí as recomendacións lectoras que nos fixo e que pouco a pouco iremos engadindo ó catálogo da biblioteca.
Moitas grazas Octavio Beares

16/4/24

SUSTAINABLE WAY ARZUA- TARANTO (SWAT)

Dende a biblioteca participamos na mobilidade erasmus con Taranto (ITalia) de 6 alumnos de 1º de bacharelato. Creamos o proxecto Etwinning SUSTAINABLE WAY ARZUA- TARANTO (SWAT) co fin de crear un decálogo para o preregrino sostible do SXXI. Foi mo iinteresante a experiencia, tanto para o alumnado como para o profesorado implicados. Amosámosvos unhas fotos do traballo en equipo feito na biblioteca co alumnado italiano na súa semana de estadía no IES

3/4/24

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

na semana do 12 de abril achegámonos cos "supermegas" do equipo de voluntariado á biblioteca Municipal de Arzúa onde recibimos unha calurosa acollida por parte de Moncho, o coordinador. Coma sempre disfrutamos moito escoitanddo as curiosidades que nons contaron, e sorprenderonnos moito os fondos da Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. Fixeron tamén un xogo moi entretido para aprender a buscar nos fondos bibliográficos. Qué curioso que todos coñecían a biblioteca como usuarios habituais, pero ningúen sabía dos segredos que garda!!!.
Moitas grazas pola acollida.

6/3/24

MÁSCARAS DO ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO

o EDLG este ano fixo un concurso de máscaras do entroido tradicional galego. Como non podía ser menos, ahí estivo biblioarzúa apoiando as actividades dos compañeiros. Presioso o resultado. Parabéns.