3/4/24
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL
na semana do 12 de abril achegámonos cos "supermegas" do equipo de voluntariado á biblioteca Municipal de Arzúa onde recibimos unha calurosa acollida por parte de Moncho, o coordinador.
Coma sempre disfrutamos moito escoitanddo as curiosidades que nons contaron, e sorprenderonnos moito os fondos da Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán.
Fixeron tamén un xogo moi entretido para aprender a buscar nos fondos bibliográficos.
Qué curioso que todos coñecían a biblioteca como usuarios habituais, pero ningúen sabía dos segredos que garda!!!.Moitas grazas pola acollida.
6/3/24
MÁSCARAS DO ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO
o EDLG este ano fixo un concurso de máscaras do entroido tradicional galego. Como non podía ser menos, ahí estivo biblioarzúa apoiando as actividades dos compañeiros. Presioso o resultado. Parabéns.
1/3/24
entrega premios fotografía matemática
Estamos en entroido e tivemos unha visita moi especial. As profes do Departamento de matemñaticas achegáronse á biblio para a entrega de diplomas do concurso de fotografía matemática. Parabéns ós gañadores e moitas grazas pola visita
28/2/24
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe sacamos a relucir o fermoso mural que durante varios día estivo preparando "Gabo" nos recreos da biblio. FOi un encargo do EDLG que ficou ben fermoso colocado na entrada do IES. Parabéns
7/2/24
"OS SUPERMEGAVOLUNTARIOS"
Este curso estamos moi contentos tamén co noso equipo de voluntariado. "Os Supermegas" non paran de traballar: catalogan, fan préstamos e devolucións, preparan as exposicións e están sempre pendentes dos atrasos. Grandes cchicos!!!!
1/2/24
DÍA DA PAZ
O EDLG propúxonos esta actividade e non dubidamos en colaborar con eles. Fixemos pulseras con cinta de raso blanca e o alumnado escribiu nelas mensaxes de paz e fixeron unha foto en cada aula. Foi unha actividade ben bonita da que damos conta cunhas fotiños.
15/1/24
RECICLADO DE PAPEL
Este curso voltamos co obradoiro de reciclado de papel. Foi todo un éxito. Fixemos diferemtes secións con alumnos de FPBásica de Administración, do Ciclo Superior de Agraria e mesmo colboramos co Club de Ciencia. Utlizando como materia prima papel de desfeito das papeleras, consegiomos darlle unha segunda vida conveetíndoo en tarxetas decoradas con flores secas. A formación en economía circular segue a ser unha prioridade na nosa biblio.
19/12/23
DESPEDIDA EMILY ERASMUS
A biblio foi o lugar elexido para espedir á alumna francesa Émilie Bourrat, que estivo no IES cunha mobilidade dentro do programa Picasso Mob. O profesorado de francés e o equipo Erasmus despedírona cuns agasallos e desexándolle o mellor para o deu futuro.
12/12/23
EDUCACIÓN FINANCEIRA: aprender a aforrar tamén é divertido.
O 3 decembro 2023 o alumnado de 1º e 2º de bacharelato participuo na simulación onlinr do xogo PLAY PENSION da Fundación Mapfre. Tratouse dun divertido xogo en liña de simulación para concienciar aos noso alumnado da importancia do aforro a longo prazo, ensinaralles a manexar pequenos orzamentos de ingresos e gastos e darlles a coñecer sinxelos instrumentos para que aprendan a afrontar imprevistos no futuro.
O obxectivo de PlayPension foi axudar a entender o concepto do aforro, pero tamén fomentar a importancia do traballo en equipo xa que a toma de decisións fíxose de forma consensuada en cada grupo.
Este xogo está dirixido a mozos a partir de 16 anos.
Os equipos gañadores foron BREZO e TINTA NEGRA, xa que foi o que conseguiu chegar ao obxectivo de aforro indicado. Foi unha xornada ben entretida. Parabéns ós equipos gañadores
7/12/23
DIA DA FILOSOFIA
O 21 de novembro celebramos o día da filosofía, este ano adicado ó ócio saudable. Traballamos xunto coa profe de filosofía na elaboración de carteis sobre xogos tradicionais, preparamos unha xornada a practicar ás tabas, o yo-yo ou as canicas e fixemos unhas chapas ben chulas co deseño que nos deu a profe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












