1/3/24

entrega premios fotografía matemática

Estamos en entroido e tivemos unha visita moi especial. As profes do Departamento de matemñaticas achegáronse á biblio para a entrega de diplomas do concurso de fotografía matemática. Parabéns ós gañadores e moitas grazas pola visita

28/2/24

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe sacamos a relucir o fermoso mural que durante varios día estivo preparando "Gabo" nos recreos da biblio. FOi un encargo do EDLG que ficou ben fermoso colocado na entrada do IES. Parabéns

7/2/24

"OS SUPERMEGAVOLUNTARIOS"

Este curso estamos moi contentos tamén co noso equipo de voluntariado. "Os Supermegas" non paran de traballar: catalogan, fan préstamos e devolucións, preparan as exposicións e están sempre pendentes dos atrasos. Grandes cchicos!!!!

1/2/24

DÍA DA PAZ

O EDLG propúxonos esta actividade e non dubidamos en colaborar con eles. Fixemos pulseras con cinta de raso blanca e o alumnado escribiu nelas mensaxes de paz e fixeron unha foto en cada aula. Foi unha actividade ben bonita da que damos conta cunhas fotiños.

15/1/24

RECICLADO DE PAPEL

Este curso voltamos co obradoiro de reciclado de papel. Foi todo un éxito. Fixemos diferemtes secións con alumnos de FPBásica de Administración, do Ciclo Superior de Agraria e mesmo colboramos co Club de Ciencia. Utlizando como materia prima papel de desfeito das papeleras, consegiomos darlle unha segunda vida conveetíndoo en tarxetas decoradas con flores secas. A formación en economía circular segue a ser unha prioridade na nosa biblio.

19/12/23

DESPEDIDA EMILY ERASMUS

A biblio foi o lugar elexido para espedir á alumna francesa Émilie Bourrat, que estivo no IES cunha mobilidade dentro do programa Picasso Mob. O profesorado de francés e o equipo Erasmus despedírona cuns agasallos e desexándolle o mellor para o deu futuro.

12/12/23

EDUCACIÓN FINANCEIRA: aprender a aforrar tamén é divertido.

O 3 decembro 2023 o alumnado de 1º e 2º de bacharelato participuo na simulación onlinr do xogo PLAY PENSION da Fundación Mapfre. Tratouse dun divertido xogo en liña de simulación para concienciar aos noso alumnado da importancia do aforro a longo prazo, ensinaralles a manexar pequenos orzamentos de ingresos e gastos e darlles a coñecer sinxelos instrumentos para que aprendan a afrontar imprevistos no futuro. O obxectivo de PlayPension foi axudar a entender o concepto do aforro, pero tamén fomentar a importancia do traballo en equipo xa que a toma de decisións fíxose de forma consensuada en cada grupo. Este xogo está dirixido a mozos a partir de 16 anos. Os equipos gañadores foron BREZO e TINTA NEGRA, xa que foi o que conseguiu chegar ao obxectivo de aforro indicado. Foi unha xornada ben entretida. Parabéns ós equipos gañadores

7/12/23

DIA DA FILOSOFIA

O 21 de novembro celebramos o día da filosofía, este ano adicado ó ócio saudable. Traballamos xunto coa profe de filosofía na elaboración de carteis sobre xogos tradicionais, preparamos unha xornada a practicar ás tabas, o yo-yo ou as canicas e fixemos unhas chapas ben chulas co deseño que nos deu a profe.

22/11/23

XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

0 18 de novembro biblioarzúa achegouse ó Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia para participar nas Xornadas anuais de Bibliotecas Escolares. Con charlas moi interesantes, neste curso co lema "Unha biblioteca en viñetas, destacamos a Conferencia plenaria "Imprescindibles Bedetecas" impartida por Miguelanxo Prado, co cal tivemos a oportunidade de compartir impresións ó final das Xornadas e que nos deu moitas ideas para ampliar os nosos fondos de banda deseñada. Asistimops tamén á charla de Alberto Dafonte, da Universidade de Vigo, sobre " a loita contra a desinformación". Impresionantes os visualthinking que nos ían amosando en pantalla

9/11/23

Remeber, remember...“Guy Fawkes Night”

O Departamento de inglés recórdanos con este boneco que chega ou 5 de novembro, día que se celebra en toda Inglaterra a “Guy Fawkes Night” en memoria da errada "Conspiración da pólvora" de 1605. Fawkes e compañía eran católicos e esperaban que voando as Casas do Parlamento de Londres para asasinar a Jacobo I desencadearíase unha revolución católica na Inglaterra protestante. Guy Fawkes é sinalado como un dos máis grandes viláns da historia británica máis de 400 anos despois da súa morte aínda que o non ideou nin dirixiu o plan. O que ocorreu foi que foi a el a quen descubriu merodeando nas bóvedas da Cámara dos Lores a iso da medianoite do 4 de novembro de 1605. Mala sorte amigo!!