8/11/23
" a hora oral mola"...POLO DEPARTAMENTO DE INGLÉS
O Departamendo de Inglés animouse a participar no novo proxecto da biblio deste ano "A HORA ORAL MOLA". Tratando de traballar na mellora da oralidade do alumado de 3º deE SOe baseándose en traballos da periodista e activista dos Dereitos Humanos Rafeef Ziadah. Moitas grazas por vir.
"a hora oral mola".....no DÍA DAS ESCRITORAS 2023
O EDLG non para!!!! veu tamén para a biblio para traballar o Día das Escritoras o 16 de outubro.
O voluntariado da biblio preparoulle un stand ben bonitiño onde se quixo dar a coñecer os premios das escritoras Paula Carballeira e
Xenial experiencia para seguir espallando a lingua galega polo mundo, mellorar a competencia oral do alumnado e traballar a interculturalidade tan presente no noso IES de Arzúa.
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023
Amosamos como celebramos o día das bibliotecs. Dentro da temática deste ano adicada á banda deseñada, "Os supermega" prepararon cartel e expositor que vedes e fixemos unha exposició de banda deseñada que temos dispoñible na biblio.
Ven vela e levala en préstamo
COLABORANDO NOS ERASMUS DAYS
Pois o que ledes, si. Celebráronse os Erasmus days 2023 no IES de Arzúa, e ahí estivo Biblioarzúa colaborando. Non o imos ocultar. Cada vez que na biblio nos falan de ERASMUS+ póñensenos os dentes largo vendo todo o mundo que se abre para a rapazada con este programa!!!!
Emocionámonos e puxémonos máns á obra: pizarra, marcapáxinas, chapas...foi o que nos deu tempo a prepararlles.
Invitaron a todos á festa Erasmus+ e que ben o pasamos. Desempolvamos as cacharadas que temos para entroido para ir facer unha foto ó photocall que prepararon...e a cambio disfrutamos dunha rica bica que tiñan. Moita sorte erasmus +. Non perdades a magnífica oportunidade de participar neste programa. Non vos arrepentiredes.
E mira por donde, ata nos invitaron a ir a Radio Arzúa a contalo. Maravilloso. Grazas.
REMOZANDO A BIBLIO
Qué opinades dos cambios que estamos a facer na biblio?
Moitas grazas a Pablo e o seu alumnado por axudarnos.
"OS SUPERMEGAS" NOVO EQUIPO DE VOLUNTARIADO
As voluntarias e os voluntarios este curso son TOP!!! Cantas veces nos pararían polos pasillos preguntando cando facemos unha reunionciña!!!! Estaba programada para o xoves 9 de novembro, pero os de 4º ESO marchan a Santiago. Esperamos por eles e vémonos a semana do 13 ó 17 de novembro..que hai moitas mais cousas en mente para facer.
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS
Ola a todos e todas. Non sin tempo, damos po rrematada a formación de usuarios da biblioteca este curso. NEXT STEP: FORMACIÓN DO PROFESORADO.
Todos e todas podedes tedes as portas da biblio abertas para o que precisedes: ler, descansar, m editar, xogar...mesmo escachar coa risa. Esperámosvos.
6/11/23
Halloween
Días intensos na biblio por Halloween!!
As e os voluntarios de biblioarzúa puxéronse de acordo para traer unha degustación de DOCES TERRORÍFICOS, Dedos de bruxa, ollos, arañas, pantasmas.....non faltou de nada neste día de festa!!!!. Así da gusto traballar!!!!Moitas grazas a todos/as
Coa axuda dos departamentos de dinamozación da Lingua Galega, Relixión e Inglés, así loceu o noso espazo:
Os menbros do Departament de Inglés animáronse tamén a virnos ensinar a facer estas pantasmas con papiroflexia...e tamén nos trouxeron uns doces. Tanks!!
22/9/23
E XA VAN 3 ANIÑOS!!!
Arrincamos con forza. Qué maravilla de rapazada temos por aquí. O mércores 20 de setembro preparamos todo e o xoves 21 saímos á rúa, actividade coa que xa levamos 3 anos abrindo o curso escolar. Fomos liberar libros dentro do proxecto de fomento da lectura na localidade: o bookcrossing que levamos a cabo en colaboración co Concello de Arzúa “Arzúa, cruzamento de Camiños, cruzamento de libros”. Tocou esta vez ir á caseta situada no parque de Santa María. Unha agradable andaina que nos deixou un moi bo sabor de boca e na que mesmo aproveitamos para traer dous libriños liberados pola biblioteca do Concello de Arzúa. Seguiremos co resto das casetas en breve.
BENVIDA Ó CURSO
Ola a todos e todas. Voltamos á "nosa casa" un curso mais, con moitas ganas de veros a todos de novo. Recordades todos que Biblioarzúa é a nosa casiña dentro do IES, verdade? Entrade sen timbrar e disfrutade....da lectura, do relax, dos xogos, das actividades que sempre temos para vos...e sobre todo SENTÍDEVOS AGUSTO
Vide ver as novidades deste curso a ver que opinades. FOTOS LOADING...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



























