Ana foi, ela mesma, unha víctima da violencia de xénero. Sufriu dúas lesións graves hai 20 anos por parte da súa parella e iso foi o detoante para poñerse a axudar a outras mulleres.
23/11/21
Voces na Biblio: Ana Saavedra (25N)
Hoxe, co motivo do 25N contra a violencia de xénero, recibimos na nosa biblioteca no marco das "voces na Biblio" a Ana Saavedra, presidenta de Mirabal, asociación de mulleres maltratadas.Asociación Mirabal
20/11/21
BIBLIOTECA ALTERNATIVA. NOVO ESPAZO DE LECTURA FORA DA BIBLIO
En Biblioarzua creamos un novo espazo lector. Novos ambientes para consolidar o hábito da lectura.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS
BIBLIOARZUA loita contra a pobreza.


Lembrámosvos que no edificio principal hai colocada unha caixa onde podedes depositar a vosa aportación para o BANCO DE ALIMENTOS.
Este nadal, axudemos ós máis necesitados e contribuamos a redución de desigualdades.
20 DE NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL DA MEMORIA TRANS
En Biblioarzua estamos nesta loita para apoiar as persoas vítimas de transfobia. Oxalá non fixera falta celebrar este día.
Para achegarvos esta realidade, aquí tedes na biblio unha selección de libros sobre esta temática. Podedes levalos para casa ou consultalos na sala ou no NOVO RECUNCHO DE LECTURA no edificio principal. ANIMÁDEVOS!!!
XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 20 DE NOVEMBRO DE 2021
LER REVOLUCIONA...PERO TODO COMEZA CA ORALIDADE.
Sábado intenso de formación en Biblioarzua.
Estivemos nas xornadas de Bibliotecas escolares no Pazo de Congresos de Santiago.
Interesantes reflexións de Carlos Scolari, Susana Pedreira, Pep Bruno e Paula Carballeira, sobre a importancia da ORALIDADE e sobre o futuro dos documentos dixitais. Poderemos ler un .PDF dentro de 100 anos?
16/11/21
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE "CIBERSEGURIDADE NO COLE"
O venres 12 de novembro entregamos nos premios ó alumnado de 2 ESO que conseguiu un merecido posto de PRIMEIRO FINALISTA no concurso de "ciberseguridad no cole". Mochilas, bolígrafos, libretas...COAS que agasallamos a todos. Continuarémos formándonos en CIBERSEGURIDADE.
15 N: día das enfermidades neuromusculares
Segundo a Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER), mais de 3.000.000 de persoas en España conviven con algunha destas patoloxías. A unha delas adicouse o día 15 de novembro, DÍA DAS ENFERMIDADES NEUROMUSCULARES.
Dende BIBLIOARZUA quixemos facer unha pequena homenaxe a todas as persoas que conviven con ela. SEDE FORTES!!!. APOIÁMOSVOS!!!!
7/11/21
2 ESO PASA Á FINAL DO CONCURSO DE CIBERSEGURIDADE
En biblioarzua estamos moi felices!!!! Os alumnos de 2 eso clasificárons para a FINAL galega o mércores na cidade da cultura. Ser dos 3 mellores de Galiza en coñecementos de seguridade non é doado.
A FINAL TERÁ LUGAR o mércores 10 de novembro ÁS 17:00 H H É PODERÁ SER SEGUIDA en streaming. Irán acompañados por Cristina. Sorte e
VÉMONOS!!!!
CONCURSO DE MANDALAS DO 8 Ó 20 DE NOVEMBRO
Ímosvos contar primeiro que son os mandalas. Son uns debuxos de orixe oriental, cuxa función é a de relaxar a mente do que os debuxa ou os observa, con resultados moi positivos. É un símbolo sacro para o Budismo e o Hinduísmo, que representa o cosmos. É outra forma ancestral de facer Meditación con eles. Cada un serve para un propósito: relaxar, sandar, achegar confianza en si mesmo, sabedoría, atoparse a si mesmo, para invocar a prosperidade…
Data límite de entrega: 19 de novembro
5/11/21
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LEGO "COMO QUERES A TÚA BIBLIO"
O taller de LEGO vai a toda máquina!!!!!
Para celebralo, hoxe entregamos o premio á maqueta LEGO coa que os gañadores fixeron unha marabillosa versión da biblioteca que lles gustaría ter. Farémoslle algo de caso e terémolo en conta na remodelación que estamos facendo.
OS GAÑADORES FORON:
.Alves Diniz, Heitor
.Alves Diniz, Yasmim
.Quintana Noa, Mélody
.Vázquez Yáñez, Sandra
👏👏PARABÉNS 👏👏ÓS 4 E A SEGUIR CREANDO CON LEGO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)