15/11/20

Ciencia en galego

     Este mes de novembro en que conmemoramos o Día da ciencia en Galego, Igaciencia (Institución Galega da Ciencia) propón dedicarlle a Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego. O científico estranxeiro deste ano é   Robert Koch, microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxía, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1905. Dado que a Asemblea das Nacións Unidas decidiu declarar 2020 "Ano internacional da sanidade vexetal", optouse por escoller como científico galego o profesor Ernesto Viéitez Cortizo, que se ocupou de fisioloxía vexetal. 

                                      

10/11/20

Gañadoras do concurso Samaín

      O venres 6 de novembro, no primeiro recreo, déronse a coñecer os dous nomes gañadores do Concurso Samaín de relato e/ou poesía breve de terror, organizados polo Equipo de Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

     Na categoría A, resultou seleccionado un poema titulado A que sabe o medo? de Lorena Torres Souto de 1º ESO B. Na categoría B, a gañadora foi Elsa Fernández López de 3º ESO A co relato A todo porco lle chega o seu San Martiño. (A categoría C quedou deserta ao non presentarse ningún concursante.) 

      Dámoslles os parabéns a estas dúas rapazas e agradecemos a colaboración de todos os alumnos que participaron neste concurso!

 

6/11/20

 

Parabéns Elsa!

A alumna do IES, Elsa Fernández de 3º ESO, gañou o Certame de Relatos de verán de La Voz de Galicia co 'O xardín das delicias'. Elsa, gran lectora e música, mostra no seu relato que tamén é unha escritora prometedora con grande sensibilidade artística. Deixámosvos a noticia do premio e o seu relato para que o desfrutedes. Parabéns a Elsa e desexamos que siga creando e desfrutando da arte.
Enlace a nova: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/11/05/antia-salas-vega-elsa-fernandez-lopez-ganan-relatos-veran/0003_202011G5P47991.htm#
 






Nova de La Voz de Galicia sobre as gañadoras

29/10/20

Fin de semana terrorífico

 Se queres levar libros ou pelis de TERRORRRRR,💀💀💀💀 pasa pola biblio. Temos cousas preparadas para ti, grazas á colaboración de Chalis e Yali de 1º da ESO. 




26/5/20

Noite de temporal



Nestes meses non puidemos propor as lecturas previstas no club de lectura. 
Sen embargo os libros poden axudarnos a saír da rutina da casa e así o senten agunhas das nosas lectoras como Elsa Fernández, 
de 2º ESO, que aproveitou para descobrer os libros que se agochaban nos estantes da casa e fixo este booktrailer sobre a novela Noite de temporal de Manuel Núñez Singala que nos convida a mergullarnos nunha ficción tinguida de verdade histórica.