Chegaron as "maletas viaxeiras" ao IES de Arzúa: libros, pelis e música de Banda Deseñada (Cómics), Inglés e Física e Química. Terémolas durante un mes: colle os libros e pelis que queiras na Biblioteca e disfruta deles ata o 26 de outubro!
Tras
unha profunda crise persoal, o señor Lessmore redescubre a grata e
infinita compañía que lle pode proporcionar a lectura, bálsamo para súa
dor e entretenimiento para seu espíritu. Entrégase con entusiasmo aos
libros e á transmisión do gusto por eles, mentras vai escribindo,
pausadamente, unha sorte de diario, o libro da súa vida. Tenro homenaxe
ao lector que todos levamos dentro -al menos en potencia- e delicada -se
ben asequible- metáfora de cómo as mesmas paixóns que nos axudan a
vivir poden ocultar carencias e medos; así, a paixón literaria exerce
unha función terapéutica no espíritu de Lessmore, pero tamén propicia a
súa soidade ao aillamento, coma se desexara so vivir nos libros e
rechazara la acción,los problemas e os vínculos emocionais que comporta a
prosaica vida cotidiá. As magníficas ilustracións reproducen a estética
norteamericana de mediados do século e, coas súas cálidas tonalidades
ocre, redundan na atmósfera de melancolía que parece rodear ao
protagonista, un personaxe tan solitario como entrañable.