31/10/24
LIBRO DO MES
Este curso tentaremos subir cada mes unha reseña dunha lectura do noso alumnado. Comezamos en novembro con Noa de 1º de BAC que nos recomenda a lectura de "Mentira", de Care Santos.
30/10/24
PREMIO NACIONAL DAS LETRAS 2024
Sirva este expositor coma homenaxe a Manuel Rivas, que ven de recibir o PREMIO NACIONAL DAS LETRAS NACIONAIS 2024.
Moitos parabéns o mil grazas por espallar o idioma galego pola península
29/10/24
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O pasado 24 de outubro conmemoramos o día das bibliotecas coa exposición oral de Juanandrés de 1º ESO sobre "La Divina Comedia", de Dante.
Como non podía ser de outro xeito, este curso co lema "biblioteca escolar, a escena!", centrámonos na representación teatral da "Divina Comedia". Visualizamos a maravillosa posta en escea da obra por parte do grupo de teatro MINO FORTES de Vilnius (Lituania).
"Abandonad toda esperanza, vosotros que entráis. "
24/10/24
APRENDENDO GIMBAL MÓBIL
Queremos colaborar con POLOS CREATIVOS, e que mellor idea que mandar a Enmanuel e Raner a aprender a usar o estabilizador intelixentel JIMBAL.
Moitas grazas Chus por esta formación express dos nosos SEPERMEGAVOLUNTARIOS
22/10/24
ERASMUS DAYS...UNHA OLLADA DENDE BIBLIOARZÚA
Temos que recoñecer que na biblio nos gusta colaborar espacialmente no proceso de internacionalización do IES. Dende o 14 ó 19 de outubro celebrábanse os ERASMUS DAYS e puxémonos arreo a colaborar co equipo erasmus+.
Chapas, petiscos,photocall, familias...todo tivo cabida nestes días.
Botade uha ollada ó vídeo e veredes como tiñamos a biblio.
16/10/24
DÍA DAS ESCRITORAS
Coma todos os anos, o luns 14 de Outubro conmemoramos no IES o día das Escritoras, xunto co EDLG.
Xa temos na biblio a disposición de todos e todas un exemplar de "A vexetariana". Corre a buscalo!!!
OS PROFES TAMÉN ESTUDAN
Asistimos a un curso para entender cal vai a ser "a biblioteca do futuro" e visitamos o CEIP Serra de Outes para ver como remodelaron a biblioteca escolar.
Vimos moi contentas, pois démonos conta de que a nosa biblio vai camiño de converterse nun espazo moderno, dinámico e versátil e lugar arredor do que xira a actividade do Centro. Seguimos traballando.
15/10/24
ENTREGA DE DIPLOMAS E AGASALLOS
Hoxe reunímonos co equipo de voluntarios de curso pasado para agradecerlles o gran labor ó longo do curso 2023-24. Esperamos seguir véndovos por aquí, traballando e disfrutando tanto coma o curso pasado. Graciñas a todos e todas pola vosa labor
14/10/24
OBRADOIRO DE XADREZ
O alumno de 4º ESO Enmanuel Véliz será o encargado de dirixir o Obradoiro de Xadrez os mércores e xoves no 1º recreo. Canta actividade este curso en Biblioarzúa.
3/10/24
NOVOS SUPERMEGAS... EQUIPO DE VOLUNTARIADO 2024-25
Como non podía ser doutro xeito, arrincamos un curso máis cheo de ilusión por parte dos nosos "supermegas". Queda moito traballo por diante, pero por descontado daremos conta del coa súa colaboración.
Esta é a composición do equipo deste curso:
BO INICIO DE CURSO RAPAZADA!!!!
ENREDANDO FÍOS
Comeza este curso a nova actividade de gancho e calceta "ENREDANDO FÍOS", guiada pola nosa compañeira Silvia Calvo: non faltes martes e mércores no 1º recreo. Mira que ambientazo. Ata as profes e algún rapaz se apuntan a "enredar fíos" no tempo de lecer.
1/10/24
FORMACIÓN DE USUARIOS CURSO 2024-25
No mes de setembro rematamos a formación de usuarios dos alumnos de nova incorporación ó IES. Todos eles pasaron pola biblioteca, ensinámoslle os fondos e como están distribuidos, os xogos e actividades que facemos e falámoslle da posibilidade de formar parte dos SUPERMEGAS, o equipo de voluntarios de BIBLIOARZÚA.Velaquí unhas fotiños de mostra
Suscribirse a:
Entradas (Atom)