BiblioArzúa
Centro creativo de aprendizaxe do IES de Arzúa
14/1/26
Recomendacións lectoras nadal
Marchamos de vacacións de Nadal!! E para desconectar e desfrutar, ahí van unhas cantas recomendacións lectoras.
Pasade moi boas festas, vémonos despois de reis!
8/1/26
GAÑADORES CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Xa temos gañadores do concurso de postais de nadal! Recordade que o xoves 15 de Xaneiro, será a entrega de premios. Noraboa aos gañadores!
17/12/25
Rematamos este trimestre cun lote de actividades. Os nosos voluntarios traballaron arreo para encher o instituto de espírito navideño: decoración, concurso de postais, petiscos para alumnos e profes, regalo de préstamos e photocall de nadal. Grazas a todos, agora a desfrutar das merecidas vacacións!
12/12/25
BIBLIOARZUA SAE Á RÚA. VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL
O pasado 7 de novembro, o alumnaod voluntario da biblio xunto co profesor de lingua castelá e membro do equipo de dinamización da biblioteca, visitaros a Biblioteca municipalpara coñecer máis de cerca o seu funcionamento e os seus fondos. Coma sempre, todo un éxito de actividade. Parabéns!!
10/12/25
26/11/25
Concurso de postais de Nadal
Xa temos aquí o concurso de postais de Nadal da biblio!
Tedes toda a información sobre condicións e premios no cartaz.
Animádevos a participar!
20/11/25
Mes da ciencia en galego na Biblio
En novembro celebramos o mes da ciencia en galego na biblio. Mirade qué lote de actividades temos planificadas!!
NOVEMBRO 2025 MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS de Biblioteca IES de Arzúa
19/11/25
Intercambiador de roupa
Os mércores poñemos a funcionar o intercambiador de roupa na biblio.
Do 22 ao 30 de novembro participamos na semana europea para a redución dos residuos.
No vídeo tedes toda a información.
22/10/25
ATA SEMPRE JANE GOODALL
O día 1 de outubro despedimos a unha das máis grandes naturalistas dos séculos vinte e vinteún. Con pesar polo seu pasamento pero inmensamente agradecidas polo seu legado, compartimos esta reseña feita dende o módulo de educación ambiental do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural. Tamén imos retomar os "Arzuecos" e facer unha nova recollida de móbiles para apadriñar un chimpancé.
Animádevos a depositar os vosos móbiles nas caixas na entrada principal
20/10/25
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




















