5/11/26

REUSAMOS ROUPA VELLA

O alumnado de 1ºCS de Agraria, no marco da materia de Técnicas de Educación Ambiental, estivo a facer tote bags a partir de camisetas vellas.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SAMAÍN

28/10/26

O INTERCAMBIADOR DE ROUPA BOTA FUME!! 🔥

Deixamos unha mostra do que xa marchou cunha segunda vida.

PODCASTS DE MEDO EN COLABORACIÓN CON POLOS CREATIVOS

O alumnado de Proxecto Competencial de 3º da ESO estivo a gravar unha chea de podcasts terroríficos: "La Sociedad de la Nieve", "El Niño de Somosierra"... e máis! Esta actividade foi froito da colaboración entre a Biblioteca mais o equipo de Polos Creativos.

OBRADOIRO DE CALCETA E GANCHO IMPARTIDO POR SILVIA CALVO

OBRADOIRO DE PANDEIRETA CON SILVIA MIRA

Obradoiro de pandeireta impartido por Silvia Mira coa axuda de voluntarias da biblioteca e coa participación tamén do profesorado.

DÍA DAS BIBLIOTECAS (23 DE OUTUBRO)

Para celebrarmos o día das bibliotecas, o voluntariado fixo unha saída á Biblioteca Municipal, onde fixemos a tradicional cata de churros. Tamén vimos a carta xeométrica de Domingo Fontán e un exemplar do Códice Calixtino.

15/10/26

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS DOS PRIMEIROS CURSOS

BENVIDA AO CURSO 2026/2027

Para comezarmos este ano, o noso equipo de voluntariado do curso pasado recibiu diplomas e agasallos como parte do programa "Bibliotecas solidarias".

8/6/26

OBRDOIRO DE CALCETA E GANCHO

Este curso académico seguimos co obradoiro de gancho e calceta coa profesora Silvia Calvo. Noa e Safa repetiron experiencia, e como xa aprenderan a usar o gancho decidiron aprender a calcetar e fixeron unha bufanda. As voluntarias da biblioteca tamén se animaron a probar a calceta, especialmente Maria Laura. Das novas incorporacións de 1 da ESO destacou Elisa, xa unha experta en manualidades que estivo axudando as súas compañeiras de clase a usar o gancho. Parabéns a todas!!!

31/5/26

voluntarios en acción: misión: colocar novos tejuelos coa CDU simplificada

GALICIA EXPLORA O CEO. "astronomas eclipsadas, donas de si"

RECREOS PAU

pocket operator

O Pocket Operator KO-33, da compañía Teenage Engeneering, é un sampleador (un aparello capaz de grabar distintas pistas de audio, combinalas e modificalas) de tamaño "mini" e un deseño que, coas explicacións necesarias, resulta nun manexo intuitivo para o alumnado.
Con el imos: - Grabar e reproducir sons (podendo modificalos) en presentacións orais, representacións teatrais, lecturas dramatizadas... · Facer "bases" para cancións de rap e/ou actividades de regueifa. · Crear pequenas pistas de audio que poidan ser utilizadas en distintos tipos de producións multimedia. Para facilitar o seu uso, preparouse un manual de instrucións en galego Podedes escoitar aquí un exemplo do trBllo feito este curso: unha pista de audio desenvolta polo alumnado para funcionar como encabezamento dun bloque de podcasts relacionados coa promoción da lectura e o partillado de experiencias lectoras entre o alumnado

PUBLICIDADE DE OBXECTOS IMAXINARIOS

PUBLICIDADE DE OBXECTOS IMAXINARIOS. 1º ESO, o libro BRUGA PIRUGA. Xian, Jorge e Leo (recomendación lectora) libro que le a mente que ten maxia RECOMENDACIÓNS LECTORAS 1º ESO. BIBLIOTECA DE ARZÚA Harry Potter e a pedra filosofal onde se identifican con persoaxes. Howards quidich

HARRY POTTER

Sabela
Dende o equipo de Biblioteca do IES de Arzúa realizamos este podcast sobre recomendacións lectoras centrándonos no libro Harry Potter e a pedra filosofal, de J.K. Rowling. O podcast foi gravado por alumnado de 1º da ESO, que leron previamente o libro. As participantes foron dando a súa opinión acerca de distintos aspectos do libro a través dunha serie de preguntas.

EXPOSICIÓN DE CAIXAS SORPRESA PARA ACHEGARNOS Á LITERATURA

O alumnado de 1º da ESO achéganos á literatura galega de forma creativa deseñando caixas sorpresa sobre os libros de lectura. Dentro contiñan obxectos relacionados coa súa trama. Todas elas moi chulas, diferentes, atractivas para os ollos máis curiosos. Sodes quen de imaxinar a historia que se agocha detrás? Axúdamos a resolver o enigma indicando os nomes dos libros que representan: Corazón de chocolate, de Jaureguizar; Formigas. Misión Entroido, de Pere Tobaruela; As músicas viaxeiras, de Ramón Caride; Os Megatoxos, Os Megatoxos e os templarios da luz, Os Megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña. O segredo do pan, de Pepe Cáccamo.

PROXECTO "O PRACER DA LECTURA: RUTA DE SENDEIRISMO LITERARIO"

Este curso arrincamos co proxecto "O PRACER DA LECTURA: RUTA DE SENDEIRISMO LITERARIO". Na contorna actual no que o hábito lector se enfronta a múltiples desafíos por culpa das novas tecnoloxías e a inmediatez dixital, este proxecto busca reconciliar aos estudantes de ESO e Bacharelato co pracer da lectura e o interés pola biblioteca escolar. Trátase dun percorrido por todo o centro escolar, incluídos os exteriores con grandes extensións de xardinería, sinalizado como unha ruta de sendeirismo, onde cada parada ou "estación literaria" presenta unha proposta relacionada con libros ou autores e árbores, plantas o arbustos que o alumnado vai ir encontrando. O centro escolar transfórmase así nunha ruta de sendeirismo literario que convida a camiñar, descubrir, ler, e compartir. O proxecto ten un carácter transversal: involucra a arte, a literatura, a creatividade, a expresión oral e escrita, así como o traballo cooperativo. Ademais, converte o espazo físico do instituto nun mapa literario e botánico vivo, co obxectivo final de conducir ao alumnado a redescubrir a biblioteca como un lugar atractivo e cheo de posibilidades. Seguiremos informando!!!