Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Animación.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Animación.. Mostrar todas las entradas

8/11/18

Unha de B.D. : Death Note… ¿Ten unha fama merecida?





Este manga foi escrito por  Tsugumi Ōba e ilustrado por Takeshi Obata.
Death Note tamén ten unha serie anime baseada no manga e dirixida por Tetsurō Araki.
Eu coñecín este anime grazas ao meu tío Ignacio, ao cal lle encantan este tipo de series. 
Como me gustou tanto, decidín comprarme os mangas para ver se era moi diferente á serie e a verdade é que non se saltan un detalle. Death Note tivo tanto éxito en min que vin a serie unhas tres veces e estou lendo a colección por segunda vez.
É unha historia con moito suspense, intriga e asasinatos. 

Tamén fai referencia á mitoloxía xaponesa, algo que contribúe sen dúbida a que este manga aínda me guste mais xa que toda a mitoloxía en xeral me fascina. 
Aquí, concretamente, encontramos aos Shinigamis, os deuses condutores ao limiar da morte na cultura xaponesa, e tamén a  libreta negra deles á que remite o título deste manga. 

Outros personaxes que nos podemos encontrar Misa Amane, unha coñecida cantante de pop;
L,  o impresionante detective cuxo nome se descoñece e que trata de resolver estes casos paranormais e o meu favorito, o antihéroe, Kira, tamén coñecido como Light Yagami. 

Light é un personaxe moi intelixente que quere acabar co mal na Terra matando a todos os criminais no planeta e reducir os crimes. Para isto, usa a libreta de morte outorgada por Ryuk, un Shinigami.



Si, Death Note ou o Cuaderno da morte, é dentro da historia unha personaxe mais porque ao longo das súas páxinas aparecen as instruccións para usalo e o mais importante, o fío do destino final escrito a tinta de calqueira personaxe do que apenas fican cuarenta segundos de vida unha vez apareza o seu nome escrito completo .
Se vos gustan as novelas ou o cine negro, o suspenso, o misterio e a intriga este saga seguramente sería do voso agrado.

Helena Gómez para Biblioarzúa

https://www.eldiario.es/cultura/arte/civilizacion-Maya-Segunda-Guerra-Mundial_0_838166660.html


5/5/14

A derradeira obra de Hayao Miyazaki

O director xaponés anuncia que se retira. Con El viento se levanta, a película de animación que será o seu testamento. Trata de antimilitarismo –tema moi delicado nunha sociedade tan marcial como é a xaponesa- e contén o lirismo ao que nos afixo nos seus outros traballos, como El viaje de Chihiro. Aínda non a vin. O detalle exquisito co que estarán debuxados os avión, protagonistas da historia, ten que ser digno de ver: o pai de Hayao era director dunha compañía aeronáutica que foi contratada polo goberno xaponés durante a Segunda Guerra Mundial, así que a infancia do director estivo rodeada de deseños de avión. A película está baseada en persoas e feitos históricos. Leva máis de trinta anos traballando en películas de animación; nesta parece ser que se superou a sí mismo.

24/4/13

Hayao Miyazaki


 

Hayao Miyazaki é o autor de El viaje de Chihiro e un dos  grandes directores que ten dado ao mundo  o cine xaponés, un creador á  altura  doutros ilustres realizadores daquel país como Akira Kurosawa, Yasujiro Ozu ou, máis recentemente, Hirokazu Kore-eda. A diferenza  é que, mentres eles tres elaboran as súas  historias con personaxes  de carne e oso, Miyazaki debúxaos y  anímaos;  dálles color y envólveos  nun mundo cheo de alegorías e fantasía. Froito da súa desbordante imaxinación naceu  El viaje de Chihiro, que conseguiu o Oso de Oro no Festival de Cine de Berlín  do 2002 e o Óscar á mellor  película de animación un ano despois. Unha obra mestra no só do anime, senón do  sétimo arte en xeral.Con solo 22 años, en 1963 empezou a traballar en Toei Animation, naquela época o estudio más importante da animación xaponesa, o anime. Alí fixo de animador, guionista, realizador e produtor. Pero aspiraba a outro cine: a historias máis persoais e sutís que foran capaces de divertir tanto a pais como a fillos. En 1985 fundou, xunto ao seu amigo Isao Takahata, os estudios Ghibli. Durante todo este tempo, Miyazaki  mantivo nas súas longametraxes o estilo visual que asimilou na factoría Toei, do que naceron series tan coñecidas coma  Heidi e Marco, pero foi innovando sempre no apartado narrativo. As súas películas falan de pacifismo e ecoloxía, teñen lirismo e encanto, están inundadas dun intenso color y case sempre están protagonizadas por nenos e nenas.Fronte ao uso de técnicas dixitais que agora empregan  case todos os estudios de animación do mundo, Ghibli segue a  traballar de xeito tradicional, debuxando sobre o papel a maior parte das películas, un sistema laborioso e moi caro que permite alumar verdadeiras obras de arte.