17/12/25

FIN DO 1º TRIMESTRE

Rematamos este trimestre cun lote de actividades. Os nosos voluntarios traballaron arreo para encher o instituto de espírito navideño: decoración, concurso de postais, petiscos para alumnos e profes, regalo de préstamos e photocall de nadal. Grazas a todos, agora a desfrutar das merecidas vacacións!

12/12/25

BIBLIOARZUA SAE Á RÚA. VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

O pasado 7 de novembro, o alumnaod voluntario da biblio xunto co profesor de lingua castelá e membro do equipo de dinamización da biblioteca, visitaros a Biblioteca municipal
para coñecer máis de cerca o seu funcionamento e os seus fondos. Coma sempre, todo un éxito de actividade. Parabéns!!

10/12/25

Mes da ciencia en galego na biblio

Ahí van algunhas imaxes dos experimentos que fixemos durante estas semanas na biblio

3/12/25

Expositor de libros polo 25N

O 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero preparando este expositor con lecturas recomendadas.

2/12/25

BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA- CONTOS MEDIOAMBIENTAIS NO CEIP DE ARZÚA

Neste curso repetimos a visita ao CEIP para falar do medio ambiente a través de contos. Participou o alumnado de 1º CS Xestión Forestal Natural ordinario e de dual, que traballaron sobre diferentes problemáticas ambientais no módulo Técnicas de Educación Ambiental coa profesora Silvia Calvo. De novo o conto dos tres porquiños explicado en clave ambiental foi un éxito entre a rapazada. A loita de Mogli e os seus compañeiros da selva para salvala da industria do aceite de palma tamén gustou moito. As novas propostas sobre o conto da Serea e a abella Maia foron recibidas tamén con moito entusiasmo. Sentímonos moi ben acollidos polo alumnado e profesorado do colexio.

26/11/25

Concurso de postais de Nadal

Xa temos aquí o concurso de postais de Nadal da biblio! Tedes toda a información sobre condicións e premios no cartaz. Animádevos a participar!

20/11/25

Mes da ciencia en galego na Biblio

En novembro celebramos o mes da ciencia en galego na biblio. Mirade qué lote de actividades temos planificadas!!
NOVEMBRO 2025 MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS de Biblioteca IES de Arzúa

19/11/25

Intercambiador de roupa

Os mércores poñemos a funcionar o intercambiador de roupa na biblio. Do 22 ao 30 de novembro participamos na semana europea para a redución dos residuos. No vídeo tedes toda a información.

12/11/25

Honrando os defuntos dende a biblio

Na biblio o grupo de calceta e gancho non dubido en caracterizarse, o profesorado de inglés veu facer pantasmas, os de 1º eso deciraron a súa porta terrorífica e o equipo da biblio colocou e decorou expositores.

4/11/25

HALLOWEEN WORKSHOP

A última semana de outubro, o Departamento de Inglés achegouse á biblioteca para facer un obradoiro de orrigami coa rapazada. Morcegos, pantasmas e buhos inundaron a nosa biblio. Moitas grazas por facer a ledicia de todos nos.

29/10/25

Gañadora do concurso para o novo logo da biblio

O 24 de Outubro, Día das Bibliotecas Escolares, foi o fallo do xurado que decidiu cal ía ser o LOGO GAÑADOR de entre as marabillosas obras de arte que recibimos. Tras unha difícil decisión, comunicámosvos que a gañadora foi Sara Smith Cendón , de 2º de FPBásica de Administrativo. Velaquí a cerimonia de entrega dos diplomas a algún dos participantes , que acompañamos con algunha lambetada de Halloween.

27/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025

Gustounos esta reseña e queremos compartila con vos:
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1855

22/10/25

ATA SEMPRE JANE GOODALL

O día 1 de outubro despedimos a unha das máis grandes naturalistas dos séculos vinte e vinteún. Con pesar polo seu pasamento pero inmensamente agradecidas polo seu legado, compartimos esta reseña feita dende o módulo de educación ambiental do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural. Tamén imos retomar os "Arzuecos" e facer unha nova recollida de móbiles para apadriñar un chimpancé.
Animádevos a depositar os vosos móbiles nas caixas na entrada principal

8/10/25

NOVO EQUIPO DE VOLUNTARIADO

Damos a benvida este curso ós novos membros do equipo de voluntarido "Os supermegas". Moito traballo e moia diversión nos quedan por diante. Animo!!!

Bookcrossing

Nada máis arrincar o curso, como todos os anos, as nosas compañeiras, Susana e Silvia, acompañaron a parte do equipo de volutariado ao xa clásico bookcrossing nas casetas que nos instalou o Concello de Arzúa. Este ano tamén coñecemos outra nova historia de peregrinaxe

5/10/25

FORMACIÓN USUARIOS CURSO 25-26

Os novos alumnos do IES de Arzúa visitan a biblio por primeira vez.

OS RECREOS DA BIBLIO PARA ESTE 1º TRIMESTRE

Os recreos na biblio están cheos de acitividades! Escolle a que máis che guste e ven desfrutar con nós!

COMO SERÍA A TÚA BIBLIOTECA IDEAL?

Polo dí adas bibliotecas, o alumnado deixou voar a súa imaxinación.
o resultado foi impresionante. Shangcheng, de 1º ESO apostou por unha biblioteca con rodas para levala pata o patio e que tamén conta cunha máquina de facer xeados. Tomamos nota!!!!
Marabilloso "pensar coas mans". Parabéns polo traballo

30/9/25

ANÍMATE A DESEÑAR UN NOVO LOGO

Ola a todos, pensamos que chegou a hora de cambiar o noso logotipo por un máis moderniño. Deixade voar a vosa imaxinacióne animádevos a participar no concurso
Vamos rapazada!!!! a polo premio!!!

23/9/25

I BOOKCROSSING DO CURSO

Arrimcamos con forza. O alunado voluntario do curso pasado achegouse á scasetas de bookcrossing para que os arzuáns disfruten das últimas raiolas de sol deste verán cun bo libro na man. Como sempre....día de feira e churros para celebralo

1/9/25

NOVO CURSO. RENOVAMOS ESPAZOS

Comezamos o curso daándolle un lavadiño de cara á biblioeca

3/7/25

IV MAIS PRETO QUE LONXE

Como xa é tradicional na biblio, este fin de curso celebramos a interculturalidade do IES onde as familias comparten con nos as súas culturas e experiencias dende que chegaron a Arzúa.