Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas

23/3/10

LENDO HIPERTEXTOS: OUTRA CONCEPCIÓN DA LECTURA

Mirade que cousa acabo de atopar para iniciar o mes adicado á Lectura no IES de Arzúa, a través do meu irmán, dende a Universidade de Valladolid.

Facede clik en Lendo hipertextos e veredes este proxecto que forma parte da colección do Plan Lector de Editorial Voluntad.

É un libro sobre hipertexto que é un hipertexto sobre o libro. Tal é a aventura á que o lector enfróntase, xa que nestas páxinas dáse un repaso histórico á evolución da comunicación, utilizando signos.

Este percorrido arrinca coa pedra e outros soportes, pasa polo papel e libérase nas pantallas, tecendo historias e ideas que saltan e combinan medios. O libro convértese en exemplo do que pode ser o futuro do impreso, xa que estende o seu alcance mediante a inclusión das máis contemporáneas técnicas de creación de hipervínculos.

Un punto de partida para o camiño que, desde o colexio, os novos lectores percorren.

Morte do libro? Non creo. Se este acaba de nacer! O que pasa é que é mutante...

28/10/09

COIDADO COAS IMÁXENES EN INTERNET

Esta finde nas Xornadas de bibliotecas Escolares puidemos ver un video feito pola Comunidade de Madrid sobre os perigros de subir imáxenes a internet, que para min foi impactante.
Cólgovolo como unha chamada para que reflexionemos todos, porque sexa como sexa dende o momento que subimos unha foto a internet queda fóra do noso control.
Así que... cando publiques algo pénsao ben.

31/10/08

Seguindo a estela do ourizo

Seguindo a Oki, eu tamén vos vou falar de ourizos, pero doutros ourizos... deses pequenos animais que teñen un enorme inimigo: os humanos... Si, si o que ledes, tal e como soa..... MIREMOS:
Resulta que o seu hábitat natural está onde teñen comida en abundancia e onde están as árbores caducas, xa que aproveitan as súas follas para construír os seus niños... e digo eu, cada vez hai máis bosques caducos na nosa Galicia ¿non si?.
Ano tras ano hai unha sangría enorme nas estradas de toda Galicia a partir de marzo (cando rematan a hibernación), ¡tremendo inimigo este co que se atoparon de golpe!, eles que prácticamente non teñen inimigos naturais... E ¿sabedes porque ocorre isto?. Pois porque estes animais asustadizos cando cruzan as estradas e ven un perigo (inimigos sobre rodas) para defenderse envólvense sobre si mesmos..
Ademais caen en furados de obras, canais... de onde non son capaces de saír

Si queredes máis visitade TEMPORAS, conta, ademais destas, cousas moi curiosas sobre este pequeno e descoñecido animal. Como di Oki, son tremendamente elegantes, aínda que moi vulnerables.

A marabillosa foto é de Manuel García López (publicada en fotonatura), e refírese a outro erizo (esta vez o de castiñeiro... do que tamén habería que falar algún día...). ¿Vedes todo o que se pode dicir e enlazar a partir dunha única palabra?

16/5/08

Paso do tempo (II)

O outro día comenteivos que esto do paso do tempo sería unha entrega por capítulos e aquí vai a segunda:

É unha curiosidade na que un xove Noah Kalina decidiu tomarse unha fotografía ó día durante 6 anos para retratar o paso do tempo, xa que segundo el mesmo: "está intigrado polas sutiliezas do tempo". Comenzou no ano 2000 e a característica principal deste "experimento" é que todos os retratos os toma coa mesma xestualidade, dende o mesmo ángulo, de forma que sempre é a mema imaxe, o único que destaca é o paso do tempo. Aínda segue co proceso e di que pensa seguir ata os 80 anos onde terá un vídeo de 1 hora larga de duración mostrando este paso do tempo.

No ano 2006, a cadea ABC catalogouno como un dos mellores videos de Youtube, incluso os Simpson crearon un capítulo inspirados nel, coa mesma música de fondo.




22/11/07

ILUSIÓNS ÓPTICAS QUE ENGANAN OS SENTIDOS

Como o prometido é débeda, aquí estou para dar a resposta do noso post de días atrás. ¿Atopástedes ás 9 persoas da foto? ¿si? ¿non?. En calquera caso aquí tendes a resposta

1) Cara de frente no ceo. 2) Cara de perfil no ceo 3) Cara de perfil no ceo 4) Cara de perfil no ceo. 5) Cara de perfil no ceo. 6) Señora de falda longa.7) Neno en brazos desa señora. 8) Anciano con sombreiro e barba branca 9) Cara grande de perfil formada polo arco, a señora, o anciano... e o can, que é a súa man apoiada no peito.

18/11/07

ILUSIÓNS ÓPTICAS QUE ENGANAN OS TEUS SENTIDOS... E OS MEUS TAMÉN

As nosas ideas e pensamentos son un reflexo da realidade do mundo. Toda a información que temos, chéganos a partir dun estímulo externo, o que percibimos grazas ó sistema sensorial (vista, oído, tacto, olfato e gusto). A información que filtramos cos nosos sentidos pasa posteriormente a ser procesada e modificada polo noso cerebro, para ser comprendida e almacenada mediante os símbolos e a linguaxe (no caso dos seres humanos). Segundo esta premisa a ver cantas persoas ves neste debuxo, observa con atención porque hai 9 ¿velas?

A resposta para os que non acabades de agudizar a vista saldrá mañá, así que atento ou atenta, que contamos con todos e todas neste blog.

Si queres atopar máis anécdotas e curiosidades relacionadas coa psicoloxía, si queres sorprenderte con imaxes con efectos ópticos ou queres ver algunha cousa desas que fan pensar, recomendámoches unha visita por http://www.psicoactiva.com/curios.htm

7/8/07

Tal vez exista esperanza...

En ocasións un abrazo é todo o que precisamos. Baixo esta premisa Juan Mann, saleu á rúa mostrando un cartel no que se podía ler que se ofrecía a abrazar a todo aquel que o precisase.

O que comenzou como unha iniciativa persoal e anónima calou entre a xente, converténdose en todo un fenómeno social gracias a Internet. Unha boa mostra é este video, un dos máis vistos en YouTube: