Son centos de miles de persoas as que sufriron e sofren estes pesadelos e que non foron nin son victimas das guerras, senón de políticas deliberadas de represión levadas a cabo por forzas gubernamentais (Fonte Amnistía internacional). Moitos dos desaparecidos morreron e foron enterrados en lugares difíciles de descubrir , outros permanecen en instalacións secretas... De vez en cando descúbrense fosas comúns ou atópanse corpos en lugares insospeitados e ata aquí acuden os familiares ansiosos de atopar os restos dos seus seres queridos, xa que é preciso recordar que as víctimas das desaparacións non son só os propios desaparecidos senón tamén as súas familias e amigos que non saben nada de nada deles... o que agranda o sufrimento.
30/8/07
¿Onde están...? Día internacional dos desaparecidos
Son centos de miles de persoas as que sufriron e sofren estes pesadelos e que non foron nin son victimas das guerras, senón de políticas deliberadas de represión levadas a cabo por forzas gubernamentais (Fonte Amnistía internacional). Moitos dos desaparecidos morreron e foron enterrados en lugares difíciles de descubrir , outros permanecen en instalacións secretas... De vez en cando descúbrense fosas comúns ou atópanse corpos en lugares insospeitados e ata aquí acuden os familiares ansiosos de atopar os restos dos seus seres queridos, xa que é preciso recordar que as víctimas das desaparacións non son só os propios desaparecidos senón tamén as súas familias e amigos que non saben nada de nada deles... o que agranda o sufrimento.
27/8/07
Tras los pasos de los ... ESCLAVOS
AUTORES: Marie-Thèrése Davison // Christian Heinrich// Thierry Aprile
EDITORIAL: BLUME
O outro día dando unha volta por unha biblioteca de Santiago atopeime cunha coleción de libros de historia que me chamou poderosamente a atención, pois trataba temas históricos para rapaces dunha forma novelada, pero ó mesmo tempo con moitos datos e cuestións reais... e empecei a ollalos, de feito comprei varios, pero un deles o dos ESCLAVOS empeceino a ler e non puiden parar. É de fácil lectura, pero é tremendamente crudo e reflexa de forma clara e concisa o sufrimento e loita humanos.O tono do libro é divulgativo é ó mesmo tempo de gran rigor, contén numerosas ilustracións e definicións informativas.
ARGUMENTO:
Trata do comecio que durante os séculos XVI e fins do XIX, sufriron perto de 11 millóns de homes, mulleres e nenos africanos que foron capturados, deportados, trasportados en barcos europeos e vendidos como escravos ó outro lado do Atlántico, principalmente nas Antillas, EEUU e Brasil. Busca compartir a dor e a esperanza de dous irmáns escravos, a través do relato das súas vidas, dende África ás Antillas, descubrindo as loitas pola abolición da escravitude.
24/8/07
Agosto musical (VII)
16/8/07
Unha volta polo mundo
Unha viaxe polo mundo
15/8/07
A raíña do pop (Agosto musical VI)
O Rei do rock and roll (Agosto musical V)
Considerado O Rei do Rock and Roll, tamén protagonizou moitas películas, case todas consagradas as súas cancións. A pesar da súa morte, Elvis sigue vendendo discos e actualmente superou a cifra dos 1000 millóns de discos vendidos.
Con 10 anos compráronlle a súa primeria guitarra e dende neno xa lle apasionaba a música de blues, o gospel, o Doo wop así como a música country e o pop, incluíndo os temas musicais favoritos da súa nai: mariachi e a ópera. Tamén explorou as raíces musicais indias, xa que tiña ascendencia cherokee, polo lado materno.
Ós 19 anos , en 1954, como regalo de cumpreanos para a súa nai, gravou un disco con dous temas nos estudios Sun Records, My Happiness e That's When Your Heartaches Begin. Ata aquí achegouse dúas veces máis para gravar a nivel privado ata que o escoitou o propietario da compañía, Sam Phillips, que foi o seu descubraidor. .
Os seus comenzos:
Moitos consideran que foi o creador do rockabilly, unha fusión do country e do blues.
Co seu primeiro tema para a RCA, Heartbreak Hotel, conseguiu o seu primeiro número !. O seu modo de bailar, cos seus movementos pélvicos, resultou do máis escandoloso nos EEUU da época, pero entusiasmou ós xoves, incluso nalgúns programas foi censurado, de forma que só se enfocaba da cintura para arriba.
Deste xeito rompeu todos os records de ventas, acadando 11 números un seguidos nas lista de sencillos e 4 nos discos de longa duración, ó mesmo tempo que interpretou varias películas (de mediana calidade) cun éxito enorme de taquilla.
Entre 1958 e 1960 estivo ausente dos escenarios para realizar o servicio militar en Bad Nauheim, (Alemania). Pero o seu regreso foi espectacular na TV rompendo todos os records de audiciencia, sendo visto por máis de 40 millóns de persoas. Presley recibiu 125.000 dólares pola súa actuación que durou 10 minutos.
Elvis gravou 75 álbums de estudio dende 1956 ata o ano da súa morte en 1977, entre os que se inclúen 22 bandas sonoras das súas películas, varios recopilatorios e 8 discos en directo. Rodou máis de 30 películas incluíndo varios documentais das súas xiras e concertos.
Nos seus últimos anos, o mito adquire visos de traxedia. A súa saúde deteriórase tras anos de dietas rigurosas e píldoras de todas clases. Para saír ó escenario cíñese apretadísimos corsés que disimulen a súa obesidade, incluso ten que poñer pañais, xa que perde o control dos intestinos. Esta decadencia chegou ó seu fin o 16 de agosto de 1977. Na actualidade está entrerrado en Graceland, lugar que continúa sendo santuario de pregrinación para millóns de amantes do rock and roll de todo o mundo.
Cerca do fin "o Rei" era unha sombra do artista que cautivou ás audiencias e revolucionou a música popular, pero aínda continúa vendendo millóns e millóns de discos e sigue a ser unha fonte de ingresos multimillonaria para os seus albaceas e herdeiros. ¡Todo un negocio do máis rendible 30 anos despois da súa morte!
Eu recordo que chorei o día da súa morte, tiña 12 anos e foraseme un dos meus grandes ídolos, aínda o siguo escoitando con melancolía e cariño, sobre todo as súas baladas... todo un mito, para moitos un icono, para min un remanso de paz nas súas cancións, a súa voz transpórtame e faime sentir ben....
Recordade a súa música
O seu último concerto
11/8/07
O gran Mark Knopfler (Agosto Musical IV)
Mark Knopfler revolucionou o mundo da música e sobre todo o da guitarra ( a súa gran pasión). Toca a guitarra utilizando os seus dedos en lugar dunha púa (este xeito peculiar e pouco practicado polos grandes guitarristas do rock). A súa forma de tocar é recoñecible por todo o mundo e non é posible copiala. É único. Esas frases eses solos, esos pellizcos que lle da ás cordas O seu son é cristalino, puro, limpo, dotando as súas obras dunha harmonía, cadencia e calidade propias, é como si fose poesía en movemento... .
Mark Knopfler ten unhas 70 guitarras incluíndo:
- Varias Fender Stratocaster, incluíndo un modelo de 1954 (un dos primeiros en ser fabricado denominado "Jurassic Strat".
- Varias Fender Telecaster
- Varuas Gibson Les Paul
- Modelos personalizados de Pensa (http://www.pensaguitars.com/) (MK-1 MK-2 & MK-80)
- Varias Schecter
- Unha National Style 0 (usada, por eexemplo na canción "Romeo and Juliet" e na portada do albúm Brothers In Arms)
- Unha Gibson Super 400 que costou 20.000 Libras.
**Por certo un 10 de agosto de 1907 naceu Clarence Leo Fender que foi un luthier que fundou a compañía de fabricación de instrumentos eléctricos Fender(o Fender Electric Instrument Manufacturing Company), hoxe coñecida como Fender Musical Instruments Corporation, e máis tarde fundou G&L Musical Products (G&L Guitars). As súas guitarras eléctricas, baixos e amplificadores continúan dominado a musica popular máis de medio século despois. Fender e o inventor Les Paul son citados, como as dúas persoas máis influíntes no desenrolo dos intrumentos eléctricos do século XX.
Tradicionalmente admítese que a marca de Paul Gibson foi o máis serio competidos de Fender na fabricación de instrumentos musicais, tratándose, en realidade, de deseños e filosofías da construción de guitarras moi diferentes e con éxito alternante ó longo da historia
9/8/07
Pequena homenaxe a Hermann Hesse
Unha vez concluídos os horrores da guerra publicou a novela "Demian" (1919), na que se percibe a influincia da psicoanálises. Esta obra fíxolle recuperar rapidamente a popularidade en Alemania. A ela seguíronlle " Viaxe ó interior" (1922) que incluía o conto "O último verán de Klingor", "Siddharta" (1922), na que se reflexan as súas experiencias na India e o seu forte contacto co budismo. Seguíronlle "O Lobo estepario" (1927), "Narciso e Goldmundo" e " O xogo de abalorios" (1943).
Hess era pouco dado a exposición pública, prefería a soidade e a vida apartada, concendendo moi poucas entrevistas. En 1946 concedéronlle o premio Nobel de literatura, que aceptou, pero non asistiu á ceremonia de entrega.
8/8/07
Agosto musical (III)
Seguimos co noso particular xeito de recordar grandes cantantes e músicos. Como é difícil escribir sobre todos eles, prefiro que escoitedes algo da súa música, aí van novas cousas que espero vos gusten, porque son grandes, moi grandes, cada un ó seu xeito e da súa maneira, pero son artistas como a copa dun pino, ou máis ben piñeiro... ¡DISFRUTADE, QUE BEN O MERECEDES! E recordade que aínda virán máis cousas, non poderei resitir falar de Elvis e Mark Knopfler, dous dos meus grandes ídolos musicais, dende que os escoitei por primeira vez nos anos 70...¡ Non choveu nin nada!. Eran outros tempos, pero eu sigo disfrutando con eles e con todos estes artistas que nos regalan cousas tan marabillosas como estas...
- Un 8 de agosto de 1961, nace Dave Evans, máis coñecido como The Edge (integrante do grupo musical U2)
- Un 9 de agosto nace Whitney Houston, unha das grandes voces da canción mundial, gran interprete de gospel e un regalo para os oídos. É filla de Cissy Houston, prima de Dionne Warwick e ten a Aretha Franklin como madriña, todo un luxo de damas do gospel e soul.
- Tamén un 9 de agosto, pero de 1971 nace Juan Esteban Aristizabal, máis coñecido como Juanes. Moitas das súas letras falan da problemática social e humanitaria no mundo e sobre todo no seu país Colombia (Fijate Bien, Sueños, ¿Que pasa? ....) Ademais é un abandeirado da loita contra as minas antipersoa e outros artefactos explosivos que atentan contra os dereítos humanos. Así mesmo tamén está vinculado ó programa de loita conta o HIV/VIH Sida en latinoamerica Youth AIDS.
- CONTINUARÁ...
7/8/07
Tal vez exista esperanza...
6/8/07
O horror de Hiroshima e Nagasaki
Hiroshima - For more funny videos, click here
5/8/07
Agosto musical (II)
Como imos desaparecer ata o luns ou martes (bueno so imos de farra uns días), vouvos a adiantar algúns acontecementos musicais dos que xa falabamos o outro día:
En agosto ocorreu:
- Un dous de agosto de 1921 morreu un dos máis famosos tenores de todos os tempos ENRICO CARUSO
- Un 3 de agosto de 1944 naceu NINO BRAVO, que igual que Cecilia morreu nun accidente de tráfico, cando só tiña 28 anos e tamén foi moi chorado en España. Algunhas das súas cancións son auténticos himnos, como este Libre que atopei en You tube, pero tamén outros como Noelia, Te quiero , Un beso y una flor, Mi querida mamá, Esa será mi casa, Voy buscando, Al partir, América ...
- Un 4 de agosto de 1901 naceu o inigualable e un dos máis grandes trompetistas de jazz de todos os tempos: LOUIS ARMSTRONG, este marabilloso músico, aínda é moi coñecido, ou senón escoita ... ¿soache?. Non só era un gran músico, senón que tiña unha voz, desas que son inesquecibles, ou será que a min gústanme ese desgarro que sae do máis profundo do corazón.
Seguídenos esto só é o aperitivo, a semana vindeira á volta da farra soarán nomes como:
- Juan Esteban Aristizabal (Juanes)
- Whitney Houston
- Enrique Bumburi
- Mark Knophfler
- Madona
- Hilario Camacho
- Elvis Presley... e máis moito máis
2/8/07
Agosto Musical (I)
Hoxe recordamos a Cecilia, que morreu en 1976 un día coma hoxe nun acidente de tráfico. Por favor lede as letras das cancións que vos van enlazadas e xa me contaredes...
Era filla de diplomáticos españois e tivo unha infancia itinerante (Inglaterra, EE.UU., Portugal, Xordania) e unha educación cosmopolita: aprendeu a falar en inglés antes que en español. Cando voltou a España, tras licenciarse en Dereito, decidiu dedicarse a música e a compoñer as súas propias letras, que posúen unha calidade poética e literaria notable, moi por riba do habitual no seu tempo, e que se adscriben a correntes existencialistas e á canción protesta feminista.
En 1972, a multinacional "CBS", hoxe"Sony", contratouna. Unha canción social deste disco "Dama Dama"· foi un existazo
En 1973 apareceu o segundo LP con moitas cancións-recordo ("Cuando yo era pequeña", "Mi ciudad"), prospeccións ó futuro ("Me quedaré soltera", tema forte para a época, e "Si no fuera porque..."), pasado colectivo ("Un millón de sueños", que alude á guerra civil) e un amor existencial e triste característico de Cecilia ("Canción de amor", "Me iré de aquí").
O seu terceiro álbum foi o de maior éxito na súa corta e fulminante carreira. Contén cancións marabillosas como "Un ramito de violetas", "Mi querida España", "
En 1975, Televisión Española decidiu que representara a España no Festival da OTI, e a artista aceptou a regañadentes, posto que non lle gustaban os festivais, a canción que levou foi "Amor de medianoche", composto por ela e Juan Carlos Calderón; o tema, nada festivaleiro, conseguiu o segundo posto.
Un recopilatorio con este título foi o seu último traballo antes de perder a vida.
Como intérprete, unhas veces usou unha voz fráxil de nena pequena e outras unha voz firme e indomesticable. Nos seus versos reflexa unha España gris, que empeza a deixar de ser a España negra e rural do Franquismo.