23/1/20

Andrea, protagonista de NADA de Carme Laforet fala en exclusiva para Biblioarzúa


ENTREVISTA A ANDREA, a protagonista de Nada de Carmen Laforet.
REPORTEIRAS: Andrea Varela e Aurora Rguez
Benvidos e benvidas de volta ao Blog do IES de Arzúa. Hoxe atopámonos en Madrid para falar con Andrea, protagonista do libro Nada, narrado por Carmen Laforet. Agora estás aquí en Madrid debido ao teu novo emprego, pero gustaríanos que nos falases da túa primeira impresión cando entraches naquela vivenda da Rúa Aribau.
Resultado de imagen de andrea de carmen laforet-Pois a verdade e que non acabou de agradarme aquel lugar, parecíame que estaba nun pesadelo. O primeiro que vin, recórdoo coma se fora onte, foi a débil luz que iluminaba o recibidor. Logo, todos aqueles mobles apartados ao fondo, e, como non, á miña avoa, invitándome a pasar, pensando que eu era Gloria, para que non se enterase Angustias… Encontrei difícil, ao principio, o feito de que aquel lugar que me parecía tan espantoso fose a ser o meu novo fogar…
-E que sentías ao sair á rúa e pasear por Aribau?
Resultado de imagen de nada laforet-Realmente sentíame liberada, podía saír daquel ambiente sempre cheo de pelexas, enfados, discusións… Para min a rúa era a liberación daquel ambiente oscuro e moitas veces complicado, pois no exterior observaba como a xente desfrutaba relaxadamente da vida, sen percatarse incluso da forte pegada que deixara a guerra na cidade. Para min a rúa significaba ser eu mesma sen a atenta mirada de toda unha familia destrozada pola crise da posguerra.
-Non había ninguén con quen poideras ser ti mesma? Por exemplo con Ena?
-Con Ena ao principio pode que non, pero pouco a pouco fun sendo máis natural.
-Que impacto cres que causou Ena na túa vida?
-Durante a miña estancia en Barcelona, Ena foi, sen dúbida, o meu refuxio. Dalgún xeito sentía que podía esquecer os problemas que había na casa e na  familia sempre que estaba con ela. Fixémonos moi boas amigas e sempre era a persoa coa que necesitaba estar para sentirme mellor despois dalgunha mala pasada na casa.
-Cres que algunha desas malas pasadas eran consecuencia da actitude do teu tío Juan, por exemplo, cara a Gloria? Como te sentías ti ao ver esas duras situacións?
Imagen relacionada
-Pois a verdade e que sí que me afectou, nunca conseguía entender de onde viñan tantos enfados e que necesidade había de facer sufrir á pobre Gloria dese xeito. Eu chegueime a sentir incluso atemorizada, nunca estaba suficientemente segura de que non me fose a ocorrer a min o mesmo que lle pasaba a ela. Non conseguín acostumarme a aquela actitude tan violenta que, dalgún xeito, posuía a Juan por momentos e que facía a situación da familia máis complicada do que xa era.
-E que sentías ao ver á túa avoa entre tanto descontrol, sen que ela poidese facer nada para arreglalo?
-Moitas veces poñíame no seu lugar,  eu non sabería como xestionalo. Eu dábame conta de que ela quería que a situación cambiase, pero non era quen de facer que pasase. Non sería capaz de explicar o que sentía ao ver que unha muller que loitara tanto por sacar á súa familia adiante estaba vendo como esta se iba descompoñendo cada vez máis rápido. Dende que vin para aquí, non deixei de pensar en que faría eu, ou calquera outra persoa, se estivera no seu lugar.
-E que sentiches ao marchar da Rúa Aribau?
Resultado de imagen de andrea de carmen laforet-Por unha parte estaba moi contenta de iniciar unha nova aventura nun lugar diferente, pero tamén tiña algo de medo, non só por marchar e deixar á miña familia, se non tamén porque nunca se sabe o que te vas atopar. Tiña medo de levarme unha maior decepción que cando cheguei á vivenda de Barcelona por primeira vez.
-E, por último, que dirías que botas máis de menos de vivir na Rúa Aribau?
-Probablemente a Gloria e á avoa, pois foron moi cercanas a min durante a miña estancia alí. Aínda que non sei moi ben por que, tamén a Román, xa que dun xeito ou doutro, a verdade e que non o sabría explicar, sempre, dende que o coñecín, sentín cara el un apego especial, como se fose o meu pai.
-Moitas grazas por atendernos, Andrea. Desexámosche o mellor para o teu futuro e tamén para a túa familia!
  

OS ESPAZOS DE NADA DE CARMEN LAFORET

                                  Resultado de imagen de carmen laforet
Resultado de imagen de carmen laforet



por AURORA RGUEZ

Neste traballo fálase da simboloxía dos lugares onde Andrea pasa a maioría do tempo dende a súa chegada a Barcelona e de que son e significan para ela. De como sobrevive na posguerra coa fame e co clima de desolación que se respira nela. 
Creo que iso é o que mais me gustou do libro: Como Carmen Laforet ten a capacidade de basearse na sua historia persoal e contar a partir de aí as desgrazas de Andrea.

-BARCELONA: A chegada de Andrea a Barcelona supón un cambio moi brusco na súa vida, representa o inicio da súa época de estudos universitarios  e tamén a incerteza e as gañas de coñecer cousas novas.

Pax.11-despois da chegada da estación de Francia.(14-19):

Resultado de imagen de estacion francia barcelona






















"El olor especial,el gran rumor de la gente ,las luces siempre tristes,tenían para mí un gran encanto, ya que envolvía todas mis inspiraciones en la maravilla de haber llegado por fin a una ciudad grande, adorada en mis sueños por desconocida".

-Nesta frase expresa claramente o seu sentimento cara a cidade de Barcelona.



Resultado de imagen de calle aribauCALLE ARIBAU:  Asombro, estrés e  problemas coa súa familia.

Pax.13-chegada á rúa. (6-14)

"Levanté la cabeza hacia la casa frente a la cual estábamos. Filas de balcones se sucedían iguales con su hierro oscuro, guardando el secreto de las viviendas . Los miré y no pude adivinar cuáles serían aquellos a los que en adelante yo me asomaría. Con la mano un poco temblorosa di unas monedas al vigilante, y luego cuando él cerró el portal detrás de mí con gran temblor de hierro y cristales, comencé a subir muy despacio las escalera cargada con mi maleta.

-1. Descoñecemento pola sua parte sobre donde iría.
-2. Desconfianza.

Resultado de imagen de piso de nada calle aribauPISO DA AVOA : Representa o  caos absoluto... as secuelas que lles deixou a guerra a todos, e os problemas aos que agora se enfrontaban.

Pax.13-chegada ao piso. (27-3)

"Unos pies arrastrandose y unas manos torpes descorrieron los cerrojos. Luego me pareció todo una pesadilla. Lo que estaba delante de mí era un recibidor alumbrado por la única y débil bombilla que quedaba sujeta a uno de los brazos de la lámpara , magnífica y sucia de telarañas , que colgaba del techo. Un fondo oscuro de muebles colocados unos sobre otros como en las mudanzas".

-1. Falta de recursos para mercar os recanbios fan ter a Andre dende o comezo unha perspectiva moi distinta do que esperaba.

-2.A falta de espazo e de organización que tiñan na casa e toda a suciedade que alí se albergaba.

COLEXIO DE MONXAS: refuxio e lugar de educación de Andrea durante toda a guerra .Tamén demostra que recibiu unha educación 
relixiosa.


Páx.25- Fálalle tia Angustias.(15-18)

"Ya se que has hecho parte de tu bachillerato en un colegio de monjas que has permanecido allí durante casi toda la guerra. Eso para mí es una garantía.
Resultado de imaxes para barcelona pos guerra

-1.Angustias expresa as súas ideas, co poder de Franco tras a guerra, a relixión católica  controla toda a educación. Para Angustias era unha tranquilidade que a sua sobriña  tivese estudado nun colexio así xa que sabería como comportarse.

CASA- BUFARDA  DE ROMÁN: Lugar pequeno pero con boa comida,tabaco e bombóns cousa que na posguerra ninguén se podía permitir.
Páx.39- Román con Andrea (4-6)

"Román enchufaba la cafetera exprés  mientras tanto, sacaba no sé de dónde unas mágicas tazas , copas y licor; luego; cigarrillos.

-1. Expresa a vida de Román como estraperlista, como nesa situación da posguerra moi poucos podían vivir así.Resultado de imagen de estraperlo

DOS CHICAS DE SHANGAI


DOS CHICAS DE SHANGAI por Candela Torres

Escrito por unha muller chamada Lisa Shee ( Unha escritora estadounidense criada nunha familia chinesa) é unha novela inspirada nas historias que o seu bisavó lle contaba cando era pequena.
Dos chicas de Shangai narra a vida de dúas irmás nativas de Shangai, unha das maiores cidades de China.
As dúas irmás teñen que afrontar os efectos da invasión dos xaponeses e aprender a convivir con eles aínda que non é nada sinxelo. POr esta razón, vense obrigadas a deixar atrás a súa familia e marchar a EEUU, onde as esperan os seus respectivos maridos. A súa viaxe é moi longa e moi dura e cando xa consiguen unha vida estable, China convértese no principal enemigo de EEUU e a única solución é esconderse e refuxiarse.
Este libro intenta mostrarnos o complicada que era a vida en países alleos ao noso hai case uns 90 anos. Ensínanos a sorte que temos de ter liberdade para ir pola rúa sen preocuparse de que te poden matar por ser español/galego, de ter un teito e comida para alimentarnos e ser libres de elexir a nosa parella ou non elexila.
Fainos entender a sorte que temos e o moito que nos queixamos por todo, queixas que se as comparamos co que sofren as protagonistas desta historia son mínimos problemas cos que calquera persoa da sociedade pode convivir perfectamente.
Persoalmente, é un libro que me gustou moito, porque a cada rato están ocorrendo feitos intrigantes que levan ao lector a seguir lendo para saber que ocorrerá.
É moi entretido ao ser unha novela dramática con parte de suspense.
É unha novela que vale a pena lela xa que tamén nos ensina moito sobre a sociedade chinesa; tradicións como a dos pes de loto;
costumes como por exemplo o concertamento de matrimonios e lugares como todos os rincóns da cidade chinesa de Shanghai…


Penso que é un libro que paga a pena lelo porque nos ensina leccións tanto morais como sociais.

21/1/20

APROVEITANDO DRÁCULA

Ao longo deste mes, iremos publicando algunha información sobre Rumanía e literatura rumana que nos irá reportando en varias entradas o noso corresponsal en terras válacas e bukovinas, Razvan.

En principio, para que fagades boca e xa que se falou de Drácula na entrada anterior, aproveitamos para deixarvos algunhas imaxes reais que ilustran moi ben o escenario do Drácula de Bram Stoker:

https://www.eldiario.es/canariasahora/viajarahora/destino_europa/Transilvania-tras-los-pasos-del-Conde-Dracula-ficcion-leyenda-mito-real-Vlad-Empalador-Brasov-carretera-Transfagarasean-Tepes-Bistrita-Borgo-Pass-Paso-Jonathan-Harker-recorrido-transfagarasan-tumba-snagov-guia-medieval-ruta-en-coche-Sighisoara-torres-ciudadela-monasterios-de-Bucovina-Unesco-Voronet-ortodoxos-pinturas-norte-Carpatos-Humor-Moldovita-Sucevita-tren-Putna_0_627838507.html

Imagen relacionada



Resultado de imagen de bukovina castillo drácula

Iremos informando! 

Nestes enlaces, deixámosvos as principais peripecias do diario de Jonathan Harker: 


https://www.wattpad.com/408702733-dracula-con-resumen-i-del-diario-de-jonathan


https://es.wikipedia.org/wiki/Bistri%C8%9Ba

DRÁCULA DE BRAM STOKER ILUSTRADO



: TEXTOS E ILUSTRACIÓNS: PAULA RODRÍGUEZ

FAUNA LITERARIA



Nesta entrada do blog, Paula Rodríguez publica os seus relatos de fábula acompañados das súas fermosas e marabillosas ilustracións.

Esperamos que desfrutedes moitísimo con estes traballos cheos de  imaxinación e investigación de Paula que nos recordan, sen dúbida, á beleza daqueles manuscritos con miniaturas que se facían na Idade Media. 
Todas vosas as historias de Lupa, de Ojos - Ventana e .... 





TEXTOS E ILUSTRACIÓNS: PAULA RODRÍGUEZ