24/11/20

Por unha nova ollada é un vídeo elaborado polo alumnado de 4º ESO B do curso 2020-21. Nel  reflexionan sobre a necesidade de incluir unha perspectiva crítica e de xénero no ensino, neste caso tomando como exemplo a historia da literatura. Podedes visualizalo clicando no enlace.



15/11/20

Remata o prazo para trocar pesetas

 

Dende a BIBLIOARZÚA temos un aviso🙋. 







O 31  decembro de 2020 remata o  prazo para cambiar pesetas por euros.

Os españois temos aínda sen trocar o equivalente a 1.610 millóns de euros EN PESETAS e este diñeiro pódese converter nun tesouro que pode cambiar a vida de moitas persoas.

Trae  as pesetas que  teñas por casa e que carezan de valor; o recadado será  doado  á Asociación Española contra o Cancro (AECC).


Ollo!!! mira ben o que traes, non vaia ser que teñas un tesouro na casa e non o saibas. Se tes algunha das da foto de abaixo...VALEN MÁIS DO QUE PENSAS.






Se tes dúbidas do seu valor, trae unha foto e axudámosche a saber o seu valor hoxe.


PÁSATE POLA BIBLIO E INFORMÁMOSTE!!!!!!!

Ciencia en galego

     Este mes de novembro en que conmemoramos o Día da ciencia en Galego, Igaciencia (Institución Galega da Ciencia) propón dedicarlle a Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego. O científico estranxeiro deste ano é   Robert Koch, microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxía, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1905. Dado que a Asemblea das Nacións Unidas decidiu declarar 2020 "Ano internacional da sanidade vexetal", optouse por escoller como científico galego o profesor Ernesto Viéitez Cortizo, que se ocupou de fisioloxía vexetal.