14/11/18

Lois Pérez no Samaín

O pasado 9 de novembro, tivemos unha grata visita no IES de Arzúa. 
Lois Pérez presentounos o seu libro Long Play, que casualmente comparte iniciais: L P. 

Como el ben dicía, tamén pode ter o significado de Longo Paseo; pois, ao fin e ao cabo, a súa obra é un camiño no cal podemos apreciar poemas que percorren diversas temáticas. 


Aquí vos deixamos un breve resumo do seu paso polo centro:





Alejandra Barco e María Rodríguez para Biblioarzúa

10/11/18


Para lembrar… Samaín ou Halloween? 

“Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se albisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición non é historia. A tradición é a eternidade”. Dicía Castelao. E sobre este tema escribiu libros como Un ollo de vidro, Memorias dun esquelete... 

Vivía coa inquedanza de que nun futuro non moi lexano olvidásemos de donde viñamos, de que nos esqueceramos de contar un conto ó pé do lume cos amigos ou que simplemente non lle désemos importancia o que nos precedeu. 



Escribo para que descanse un chisco máis tranquilo donde queira que estea, escribo para falar do Samaín.


Afirmo que non, non é unha americanada. Xa non é a primeira vez que lle escoito a meu tío que iso do hallowen ven de outros sitios, que eso aquí nunca o houbo. O que él non sabe é que é máis vello do que él pode recordar. O Samaín non é un invento dos Estados Unidos que nós adoptamos como noso cambiándolle o nome. Non vai de pantasmas brancas sen ollos, máis ben de bruxas, sapos e curuxas… Ven dos antigos celtas que vivían no noroeste da península. Esperaban todo o ano para que chegara a noite do 31 de novembro,  poder reunirse con quen botaban en falta o resto das noites e co recordo dos seres queridos comezaban un novo ano o 1 de novembro.


Como pasa habitualmente, a relixión apoderouse do día e cristianizouno pasando a chamarse O día de todos os santos. Día no que todos nos acordamos de ir poñer flores e a misa e deixando o ano novo para unha fecha máis próxima o nacemento do neno Xesús.
Asique si, o invento é dos nosos antepasados e así deberíamos celebralo. Honrando os que foron antes ca nós.




8/11/18

Unha de B.D. : Death Note… ¿Ten unha fama merecida?





Este manga foi escrito por  Tsugumi Ōba e ilustrado por Takeshi Obata.
Death Note tamén ten unha serie anime baseada no manga e dirixida por Tetsurō Araki.
Eu coñecín este anime grazas ao meu tío Ignacio, ao cal lle encantan este tipo de series. 
Como me gustou tanto, decidín comprarme os mangas para ver se era moi diferente á serie e a verdade é que non se saltan un detalle. Death Note tivo tanto éxito en min que vin a serie unhas tres veces e estou lendo a colección por segunda vez.
É unha historia con moito suspense, intriga e asasinatos. 

Tamén fai referencia á mitoloxía xaponesa, algo que contribúe sen dúbida a que este manga aínda me guste mais xa que toda a mitoloxía en xeral me fascina. 
Aquí, concretamente, encontramos aos Shinigamis, os deuses condutores ao limiar da morte na cultura xaponesa, e tamén a  libreta negra deles á que remite o título deste manga. 

Outros personaxes que nos podemos encontrar Misa Amane, unha coñecida cantante de pop;
L,  o impresionante detective cuxo nome se descoñece e que trata de resolver estes casos paranormais e o meu favorito, o antihéroe, Kira, tamén coñecido como Light Yagami. 

Light é un personaxe moi intelixente que quere acabar co mal na Terra matando a todos os criminais no planeta e reducir os crimes. Para isto, usa a libreta de morte outorgada por Ryuk, un Shinigami.



Si, Death Note ou o Cuaderno da morte, é dentro da historia unha personaxe mais porque ao longo das súas páxinas aparecen as instruccións para usalo e o mais importante, o fío do destino final escrito a tinta de calqueira personaxe do que apenas fican cuarenta segundos de vida unha vez apareza o seu nome escrito completo .
Se vos gustan as novelas ou o cine negro, o suspenso, o misterio e a intriga este saga seguramente sería do voso agrado.

Helena Gómez para Biblioarzúa

https://www.eldiario.es/cultura/arte/civilizacion-Maya-Segunda-Guerra-Mundial_0_838166660.html