8/11/23

SAMAÍN 2023

Aquí tedes o traballo de samaín realizado polo alumnado de galego e o volutariado da biblioteca. Parabéns a todos e todas polo traballazo.

"a hora oral mola".....no 26 de setembro, DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2023

Hoxe voltou o EDLG á biblioteca. O alumado de 1⁰ de bachatelato leu o 1⁰ texto feito en galego por Rosalía de Castro e publicado inicialmente en 1861 no xornal madrileño El Museo Universal e en 1862 en El Álbum de la Caridad. Trátase do supercoñecido "Adiós ríos, adiós fontes" publicado despois en 1863 en Cantares Gallegos. Logo visionamos tres vídeos: unha versión actual musicada do citado poema e interpretada pola cantante eurovisiva galega Lucía Pérez, o de Sabela versionado por Rosa Cedrón e Cristina Pato(Negra Sombra, de Follas Novas) e o de MJ Pérez "Malaxente" o rap feito sobre " Castellanos de Castilla"coa música da actual Rosalía. 😉

" a hora oral mola"...POLO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

O Departamendo de Inglés animouse a participar no novo proxecto da biblio deste ano "A HORA ORAL MOLA". Tratando de traballar na mellora da oralidade do alumado de 3º deE SOe baseándose en traballos da periodista e activista dos Dereitos Humanos Rafeef Ziadah. Moitas grazas por vir.

"a hora oral mola".....no DÍA DAS ESCRITORAS 2023

O EDLG non para!!!! veu tamén para a biblio para traballar o Día das Escritoras o 16 de outubro. O voluntariado da biblio preparoulle un stand ben bonitiño onde se quixo dar a coñecer os premios das escritoras Paula Carballeira e
Xenial experiencia para seguir espallando a lingua galega polo mundo, mellorar a competencia oral do alumnado e traballar a interculturalidade tan presente no noso IES de Arzúa.

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023

Amosamos como celebramos o día das bibliotecs. Dentro da temática deste ano adicada á banda deseñada, "Os supermega" prepararon cartel e expositor que vedes e fixemos unha exposició de banda deseñada que temos dispoñible na biblio.
Ven vela e levala en préstamo

COLABORANDO NOS ERASMUS DAYS

Pois o que ledes, si. Celebráronse os Erasmus days 2023 no IES de Arzúa, e ahí estivo Biblioarzúa colaborando. Non o imos ocultar. Cada vez que na biblio nos falan de ERASMUS+ póñensenos os dentes largo vendo todo o mundo que se abre para a rapazada con este programa!!!! Emocionámonos e puxémonos máns á obra: pizarra, marcapáxinas, chapas...foi o que nos deu tempo a prepararlles.
Invitaron a todos á festa Erasmus+ e que ben o pasamos. Desempolvamos as cacharadas que temos para entroido para ir facer unha foto ó photocall que prepararon...e a cambio disfrutamos dunha rica bica que tiñan. Moita sorte erasmus +. Non perdades a magnífica oportunidade de participar neste programa. Non vos arrepentiredes. E mira por donde, ata nos invitaron a ir a Radio Arzúa a contalo. Maravilloso. Grazas.

REMOZANDO A BIBLIO

Qué opinades dos cambios que estamos a facer na biblio? Moitas grazas a Pablo e o seu alumnado por axudarnos.

"OS SUPERMEGAS" NOVO EQUIPO DE VOLUNTARIADO

As voluntarias e os voluntarios este curso son TOP!!! Cantas veces nos pararían polos pasillos preguntando cando facemos unha reunionciña!!!! Estaba programada para o xoves 9 de novembro, pero os de 4º ESO marchan a Santiago. Esperamos por eles e vémonos a semana do 13 ó 17 de novembro..que hai moitas mais cousas en mente para facer.

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS

Ola a todos e todas. Non sin tempo, damosporrematada a formación de usuarios da biblioteca este curso. NEXT STEP: FORMACIÓN DO PROFESORADO. Todos e todas podedes tedes as portas dabiblio abertas para o que precisedes: ler, descansar, m editar, xogar...mesmo escachar coa risa. Esperámosvos.

22/9/23

E XA VAN 3 ANIÑOS!!!

Arrincamos con forza. Qué maravilla de rapazada temos por aquí. O mércores 20 de setembro preparamos todo e o xoves 21 saímos á rúa, actividade coa que xa levamos 3 anos abrindo o curso escolar. Fomos liberar libros dentro do proxecto de fomento da lectura na localidade: o bookcrossing que levamos a cabo en colaboración co Concello de Arzúa “Arzúa, cruzamento de Camiños, cruzamento de libros”. Tocou esta vez ir á caseta situada no parque de Santa María. Unha agradable andaina que nos deixou un moi bo sabor de boca e na que mesmo aproveitamos para traer dous libriños liberados pola biblioteca do Concello de Arzúa. Seguiremos co resto das casetas en breve.

BENVIDA Ó CURSO

Ola a todos e todas. Voltamos á "nosa casa" un curso mais, con moitas ganas de veros a todos de novo. Recordades todos que Biblioarzúa é a nosa casiña dentro do IES, verdade? Entrade sen timbrar e disfrutade....da lectura, do relax, dos xogos, das actividades que sempre temos para vos...e sobre todo SENTÍDEVOS AGUSTO Vide ver as novidades deste curso a ver que opinades. FOTOS LOADING...

20/6/23

LECTURA DIXITAL ELBE-2

Non deixedes escapar a oportunidade de disfrutar dun libro dixital dos que están dispoñibles aquí

diplomas para os "supermegas"

Traballazo fixestes este curso!!!! que contentiña está Biblioarzúa con vos!!!! Voluntarios de primeiro e segundo ano recibiron seu detalliño.
Bo verán a todos

lecturas de verán 2023

"Aquí hai praia...vaia, vaia". Este ano, decidimos traer a praia a Arzúa,porque non? fixemos a montaxe e aproveitámola para facer nela as nosas recomendacións lectoras. Deixamos foto,pero pasade ver todo o que hai e que está agardando por vos

tivemos visita

Enterémonos de que viñan ó IES os alumnos do colexio de 6º de primaria e os voluntarios non se poideron poñer máis contentos. Máns á obra con agasallos, recepción e preparación dun scape. Quedouvos brillante, supermegas!!! parabéns

Gancho e calceta

Andamos facendo probas para unha idea que temos para o próximo curso: porque non tecer as nosas bufandas o próximo outono?
Estade atentos e atentas ó noso "club da calceta"

renovamos

Hai tempo que non vos falamos da migración a Koha, verdade? deixámolo un pouco de lado porque toca renovar mobiliario. A nosa Vice que non para deunos unhas ideiñas para novas adquisicións e para aproveitar reubicando mobiliario do Centro. Deixámosvos unhas fotiños de como vai quedando a cousa. Mirade que sillonciños máis comodos para unha boa lectura!!!

entrega BOOKCROSSING "Arzúa, cruzamento de camiños, cruzamento de libros"

Como xa sabedes, Biblioarzúa ten moi presente a importancia da circularidade dos produtos, nomeadamente, de cara ó cumplmento da Axenda 2030. Pois aquí nos fomos outra vez ás casetas do bookcrossing a depositar unha remesa de libriños para disfrute de pelegríns e cidadáns de Arzúa.

cousiñas novas

Como se nos esqueceu esto!!!!! aquí tedes unha foto das adquisicións do mes de marzo. O xogo "colour brain;preguntas para flipar en colores " foi un exitazo e non o foi menos a colección de manga " el pupitre de al lado"