19/11/26

BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA: CONTOS MEDIOAMBIENTAIS NO CEIP

O alumnado do Ciclo Superior de Agraria ordinario e dual saiu do centro para contarlle contos adaptados aos rapaces e rapazas do CEIP.

12/11/26

VOCES NA BIBLIO: TEATROMÁTICO

Durante un xoves ao mes, o Departamento de Matemáticas organiza o Teatromático (teatro matemático). Deixamos algunhas fotos da sesión de novembro.

VISITA DO ALUMNADO DE PRIMARIA POLO MES DA CIENCIA

Esta semana visitounos o alumnado do CEIP para facer un obradoiro de fenotipia co gallo do mes da ciencia. Os nenos e nenas realizaron cadanseu marcapáxinas con contornos de diferentes follas de árbores do país, aos que lles engadimos os seus nomes científico e mais en galego. Esta actividade contou coa colaboración do Club de Ciencias e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

5/11/26

REUSAMOS ROUPA VELLA

O alumnado de 1ºCS de Agraria, no marco da materia de Técnicas de Educación Ambiental, estivo a facer tote bags a partir de camisetas vellas.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SAMAÍN

28/10/26

O INTERCAMBIADOR DE ROUPA BOTA FUME!! 🔥

Deixamos unha mostra do que xa marchou cunha segunda vida.

PODCASTS DE MEDO EN COLABORACIÓN CON POLOS CREATIVOS

O alumnado de Proxecto Competencial de 3º da ESO estivo a gravar unha chea de podcasts terroríficos: "La Sociedad de la Nieve", "El Niño de Somosierra"... e máis! Esta actividade foi froito da colaboración entre a Biblioteca mais o equipo de Polos Creativos.

OBRADOIRO DE CALCETA E GANCHO IMPARTIDO POR SILVIA CALVO

OBRADOIRO DE PANDEIRETA CON SILVIA MIRA

Obradoiro de pandeireta impartido por Silvia Mira coa axuda de voluntarias da biblioteca e coa participación tamén do profesorado.

DÍA DAS BIBLIOTECAS (23 DE OUTUBRO)

Para celebrarmos o día das bibliotecas, o voluntariado fixo unha saída á Biblioteca Municipal, onde fixemos a tradicional cata de churros. Tamén vimos a carta xeométrica de Domingo Fontán e un exemplar do Códice Calixtino.

15/10/26

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS DOS PRIMEIROS CURSOS

BENVIDA AO CURSO 2026/2027

Para comezarmos este ano, o noso equipo de voluntariado do curso pasado recibiu diplomas e agasallos como parte do programa "Bibliotecas solidarias".

8/6/26

OBRDOIRO DE CALCETA E GANCHO

Este curso académico seguimos co obradoiro de gancho e calceta coa profesora Silvia Calvo. Noa e Safa repetiron experiencia, e como xa aprenderan a usar o gancho decidiron aprender a calcetar e fixeron unha bufanda. As voluntarias da biblioteca tamén se animaron a probar a calceta, especialmente Maria Laura. Das novas incorporacións de 1 da ESO destacou Elisa, xa unha experta en manualidades que estivo axudando as súas compañeiras de clase a usar o gancho. Parabéns a todas!!!