29/10/25

Gañadora do concurso para o novo logo da biblio

O 24 de Outubro, Día das Bibliotecas Escolares, foi o fallo do xurado que decidiu cal ía ser o LOGO GAÑADOR de entre as marabillosas obras de arte que recibimos. Tras unha difícil decisión, comunicámosvos que a gañadora foi Sara Smith Cendón , de 2º de FPBásica de Administrativo. Velaquí a cerimonia de entrega dos diplomas a algún dos participantes , que acompañamos con algunha lambetada de Halloween.

27/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025

Gustounos esta reseña e queremos compartila con vos:
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1855

22/10/25

ATA SEMPRE JANE GOODALL

O día 1 de outubro despedimos a unha das máis grandes naturalistas dos séculos vinte e vinteún. Con pesar polo seu pasamento pero inmensamente agradecidas polo seu legado, compartimos esta reseña feita dende o módulo de educación ambiental do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural. Tamén imos retomar os "Arzuecos" e facer unha nova recollida de móbiles para apadriñar un chimpancé.
Animádevos a depositar os vosos móbiles nas caixas na entrada principal

8/10/25

Bookcrossing

Nada máis arrincar o curso, como todos os anos, as nosas compañeiras, Susana e Silvia, acompañaron a parte do equipo de volutariado ao xa clásico bookcrossing nas casetas que nos instalou o Concello de Arzúa. Este ano tamén coñecemos outra nova historia de peregrinaxe

5/10/25

FORMACIÓN USUARIOS CURSO 25-26

Os novos alumnos do IES de Arzúa visitan a biblio por primeira vez.

OS RECREOS DA BIBLIO PARA ESTE 1º TRIMESTRE

Os recreos na biblio están cheos de acitividades! Escolle a que máis che guste e ven desfrutar con nós!

COMO SERÍA A TÚA BIBLIOTECA IDEAL?

Polo dí adas bibliotecas, o alumnado deixou voar a súa imaxinación.
o resultado foi impresionante. Shangcheng, de 1º ESO apostou por unha biblioteca con rodas para levala pata o patio e que tamén conta cunha máquina de facer xeados. Tomamos nota!!!!
Marabilloso "pensar coas mans". Parabéns polo traballo