29/11/22

REMATOU O TORNEO DE XADREZ

O pasado xoves 25 de novembro rematou o I torneo de xadrez do curso. Miqueas Garay fíxose coa victoria ó derrotar a Jano despois dunda ben interesante partida. Ó remate, biblioarzúa quixo ter un pequeno detalle con todos os participantes e un recordo especial para Hugo Mera, o organizador do torneo. Hugo foi agasallado coa maravillosa novela de Stefan Zweig "novela de ajedrez", onde o verdadeiro protagonista, como non podía ser de outra maneira, é o xadrez. Moitas grazas a todos pola vosa implicación nas actividades da biblio. Vémonos pronto.

VOCES NA BIBLIO IVÁN GARCÍA "IVALOTELLI" VISITA BIBLIOARZÚA

O pasado luns 28 de novembro recibmos a segunda visita nas "VOCES NA BIBLIO". O ex-alumno do noso IES Iván García foi o escollido polo alumnado para que viñese pasar unha sesión con eles e nos contase a súa traxectoria. Ainda que no seu paso polo IES de Arzúa non se caracterizou por ser un estudiante "modélico", Ivan foi quen de sacar partido das súas cualidades persoais e adícase á súa paixón: o futbol. Actualmente compaxina o seu traballo coma dianteiro na SD O Pino, co traballo de adestrador do equipo cadete do Eda Arzúa e como afinador en Galmesán "ese queso....y de Galicia", traballo que consiste en coidar, mimar, voltear e cepillar os queixos, é dicir, decidir cando o queixo está no momento de maduración adecuado para sair ó mercado. O alumnado ó que entrena deulle unha agarimosa acollida. O departamento de economía aproveitou para estudar as características do emprendedor. Moita sorte e grazas por adicarnos o teu tempo.Canto disfrutaron os seus superfans!!!

25/11/22

E ESTA PENDEMIA?

fomos quen de vivir e esquecer momento ben complicados, pero na nosa biblioarzúa non podemos esquecer esta outra pandemia:a necesidade de lograr unha
verdadaira IGUALDADE DE XÉNERO, loitando conra as desigualdades e a violencia. O equipo de biblioteca montou un expositor con libros relacionados co tema, que sempe convén revisar. Non vos esquezades de vir a vernos. Ademáis, a nosa imparable Alicia fixo esta marabilla de traballo co seu alumnado de FP básica das familias de Agraria e Administrativo. Seguimos escribindo a biblioteca deixamos aquí enlace ó album de actividades de outros anos.

19/11/22

eco, eco, eco....

Biblioarzúa xa deixou a súa pegada no concurso "generación ECO", by Ecovidrio. El Eco que progresa adecuadamente. Este ano "escribimos as bibliotecas" , lema ban acaído para escribir o primeiro reto " LAS RAÍCES DEL VIDRIO". Moitas grazas rapazada e compañeir@s por axudarnos a estar ahí, tentanto escribir un relato con final feliz.....O MUNDO QUE QUEREMOS.

15/11/22

OS DRONS SON O FUTURO

Seguimos coas actividades do mes da ciencia e a tecnoloxía. O luns 15 de novembro estivo con nos AEROCÁMARAS para dar ungha charla superinteresante sobre dons ó alumnado de 1º, 2º e 4º ESO. Eramos tantos que non colliamos na biblio e tivemos ue ir para o Salón de Actos. Qué maravilla ver ese espazo de novo ateigado de rapazada. Qué atentos estaban. HAI FUTURO co noso alumnado. Moitas grazas Aerocámaras por acercarvos de Lalín a Arzúa para introduxirnos neste mundo tan maravilloso. Máis fotos aquí

14/11/22

CIENCIA vs TECNOLOXÍA.

A tecnoloxía usa o coñecemento da ciencia e a ciencia avanza na medida en que dispón de novos avances tenolóxicos. Conceptos tan coñecidos coma I+D+i deben ser ben entendidos: INVESTIGACIÓN consiste en ampliar o coñecemento científico, teña ou non unha aplicación práctica, por exemplo, en produtos ou servizos. DESENVOLVEMENTO: úsase no sentido económico: consiste na aplicación dos resultados da investigación para deseñar novos bens ou servizos ou para mellorar os xa existentes. Do mesmo xeito que na Investigación ten que haber unha evolución económica que dea lugar a mellores niveis de vida. INNOVACIÓN: consiste en lanzar ó mercado algo novo, froito do deseño levado a cabo no proceso de desenvolvemento. ACLARADO????? Pois ben, dito esto, aproveitamos para desempolvar unha serie de ferramentas informáticas, de ofimática e audiovisuais, que estando agora xa obsoletas e sendo xa pezas de museo, serven para que a rapazada viva en primeira persoa, toque, manipule e experimente, con tecnoloxías obsoletas qu enon hai moitos anos estaban á vangarda da ciencia: proxector de opacos, radiocasette, cintas de cassete, video VHS, máquina de escribir mecánica, filminas, diskettes,.. Xa moitos pasaron e deixaron seu nome escrito coa máquina de escribir mecánica. CHEGAREMOS A VER escritos 100 NOMES de 100 futuros científicos!!!! ANIMÁDEVOS e ANIMADE a todos!!!! A exposición estará dispoñoble ata o 1 de decembro

VISUAL THINKING E MIND MAPPING

Hoxe adicámonos a facer mind mapping dos temas de finanzas persoais co alumnado de 4º de ESO de Economía.Cada vez o fan mellor e van apredend pouco a pouco a seleccionar a informació máis relevante de cada apartado dos distintos temas.
Este ano no que o lena é "escribir a biblioteca" este tipo de actividades cobran máis sentido ca nunca. Porque nos preocupa a ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL DA NOSA RAPAZADA!!!

13/11/22

OS PROFES TAMÉN ESTUDAN

levamos unhas semaniñas de NON PARAR: Xornadas de Educación para a Cidadanía Global, Xornada de Bibliotecas Escolares e Xornada de Biblioteca Creativa. Todo para que os nosos usuarios desfruten aprendendo. Conseguirémolo?

MES DA CIENCIA

Na entrada da biblio puxemos un expositor con interesantes libros que falan sobre o qué é a ciencia? dende distintas perspectivas. Recuperamos fondos que había tempo que non se movían e mesmo compramos DOUS LIBROS onde o alumnado pode iniciare coa REALIDADE AUMENTADA. Pasádevos por aquí e a disfrutar da ciencia. Irémosvos informando de máis actividades que temos programadas....estade ben atentiños/as.

IMPOSIBLE ABURRIRSE EN BIBLIOARZÚA

Pasade pola biblo a boar unhah ollada ós xogos novos que vos están esperando:

SAMAÍN E HALLOWEEN

oOs 15 días previos á festa de defuntos de novembro, Biblioarzúa enchuse de VIDA preparando actividades para rendir culto ós MORTOS. Os departamentos de Inglés e Rwlixión non pararon de traballar, e Xose Luis baixou á biblio coa rapazada da súa titoría e decoraron estas fermosas cabazas. Clicando no enlace podedes ver máis fotos do traballazo deses días-

VOCES NA BIBLIO. FRAN CANHOTAS VISITA BIBLIOARZÚA

O pasado mércores 26 de outubro arrimcamos "VOCES NA BIBLIO" para este vurso 2022-23. A primeira visita foi a do ex-alumno do noso IESe xornalista Fran Canhotas . Traballa TVG en programas como "come a comarca" e “malicia noticias". Alumnado e exprofesores de Fran déronlle unha agarimosa acollida. O departamento de economía aproveitou para estudar as características do emprendedor e mesmo lle fixo un test para coñecer o seu nivel de educación financiera. Moita sorte e grazas por adicarnos o teu tempo.Canto disfrutaron os seus superfans!!!