29/2/08

A nosa biblio vístese de cine

Acaban de chegar a nosa biblio moitas películas do máis interesante e que xa están a vosa disposición para que as vexades sós ou en compañía, con ou sen palomitas, con refresco ou sen el, e ademais son todas adaptacións de libros... ¿Que vos parece?. Anímadevos e pedide a peli e tamén o libro, así poderedes comparar e ver que é o que máis vos gusta...
SON LIBROS DE CINE OU CINE DE LIBROS, o que tu desexes e tamén son unha opción para acercarse á literatura... As pelis e os libros son:

-Balzac y la joven costurera china
-El Señor Ibrahim y las flores del Coran
-El color púrpura
-Jane Eyre
-Los niños de san Judas
-La joven de la perla
-Oliver Twist
-El sueño de una noche de verano
-Obaba
-Mucho ruído y pocas nueces
-El mercader de Venecia
-El cartero de Neruda
-En nombre de la rosa
Hay moitos máis libros que son de cine pero os que nos acaban de chegar son estes... A DISFRUTAR !!!

28/2/08

HISTORIA DO REI TRANSPARENTE

Este libro, de Rosa Montero, recomendoumo unha compañeira que este ano marchou para traballar polo esa cousa tan importante que é o Medio Ambiente. Para ti, Mamen, esta dedicada esta entrada.
Un relato onde a vaidade e a ambición poden igualar a ambiciosos e a necios.
Un relato en tempos malos porque ademais moito tempo atrás existiu un mundo diferente un mundo de honra e palabra, no que os cabaleiros sentábanse xuntos na mesma mesa e honraban ao seu rei. Hoxe (antes e agora) reis e cabaleiros son covardes e miserables. Hoxe (antes e agora) as palabras dadas non valen nada.
Un mundo terrible cheo de odio, esa exuberante e dura zarza que enche todo e asfixia calquera dúbida emocional onde a bondade non é máis que fraxilidade, impotencia e ferida.
Porque que esta historia non sexa verdadeira pero o fondo do relato si o é: a épica, a gloria, o afán de superación, o desexo de xustiza e equidade, a forza das mulleres, a procura do cabaleiro impecable, o soño de construír neste pobre mundo o reino perfecto.
Un relato onde o terror gana batallas pero perde guerras porque no corazón dos humanos hai un irreprimible desexo de liberdade.
A min gustaríame pensar que é certo, que existe a liberdade última dos homes e mulleres para escoller entre o ben e o mal e labrar o seu propio destino.

24/2/08

As cousas non son exactamente como pensas

Hoxe navegando pola rede, atopei na páxina PSICOACTIVA un escrito que me pareceu do máis interesante para facer unha reflexión con vós sobre as cousas que pasan e que non son sempre como pensamos:
"Unha rapaza estaba agardando o seu vó nunha sá de espera dun gran aeroporto. Como debía esperar un bo rato, decidiu comprar un libro para matar o tempo e un paquete de galletas. Sentouse nun asento da sala VIP do aeroporto para poder descansar e ler en paz. Ó lado do asento onde estaba a bolsa de galletas sentouse un home que abriu unha revista e comenzou a ler. Cando ela colleu a primeira galleta, o home tamén tomou unha. Ela sentiuse indignada, pero non dixo nada. Só pensou: "pero que descarado, si eu estivese disposta daríalle un golpe no ollo para que nunca se lle olvide o que acaba de facer". Cada vez que ela tomaba unha galleta o home tamén tomaba unha. Aquelo deixabaa tan indignada que non conseguía reacionar. Cando apenas quedaba unha galleta, pesou: "ah... que será o que este abusador vai facer agora?". Entón o home dividiu a última galleta pola metade deixando a outra metade para ela. Ah!!!... aquelo era demasiado!, púxose a bufar de rabia!!. Entón pechou o seu libro, recolleu as súas cousas e dirixiuse ó embarque.

Cando se sentou confortablemente no seu asento, xa no interior do avión, mirou dentro da bola e para a súa sorpresa o seu paquete de galletas estaba alí, intacto e ben pechado!!!.

Sinteu tanta vergoña, que só entón foi capaz de percibir o equivocada que estaba, ela olvidara que as súas galletas estaban gardadas dentro da bolsa e fora o home o que compartira con ela as súas galletas, sin sentirse indignado, nervoso, consternado ou alterado, mentres ela, quedara moi transtornada, pensando que estaba compartindo as de ela con el... Pero xa non había tempo para explicacións... nin para pedir disculpas...

¿Cantas veces, nas nosas vidas, estamos comendo as galletas dos demais e non somos conscientes delo?. Antes de chegar a calquera conclusión deberiamos de OBSERVAR MELLOR. Tal vez as cousas non son exactamente como pensamos nin tampouco sabemos todo das pesoas...

20/2/08

SORIA MORIA

39 Premio de Novela Ateneo de Sevilla de Espido Freire
Principios do século XX. Catro adolescentes da alta burguesía británica afincada en Tenerife inventan un lugar mítico, un refuxio para a fantasía a salvo dos medos, un recuncho onde repousar sempre, onde non existe nin a dor nin a morte.
Catro adolescentes, que non amigos, nunha cruel realidade, nenos estraños co único obxectivo de casar e formar unha familia tradicional e que no fondo non é máis que un xogo de intereses e alianzas sociais.
Morte, farsa, compromiso social, nais calculadoras, unha guerra portadora de máis morte e un odio entre amigas por un matrimonio sen amor.
Un xogo ao gato e ao rato no que ao final sempre son os mesmos os que resultan devorados.

Soamente dúas frases (no libro formúlaas un home):
“Deus creou ás mulleres para que soubésemos que aínda queda esperanza no mundo”
“Vós (as mulleres) perdoades e curades as nosas feridas e amádesnos tal e como somos, aínda que vos apartemos e causemos a vosa desgraza”

18/2/08

EU DIGO AMOR, TI DIS SEXO

E aproveitando que a semana pasada celebramos o 14 de febreiro, vou propoñervos outro título escrito por María Menéndez-Ponte e Isabel García Santiago, "Yo digo Amor, Tú dices sexo" desta colección sobre temas que poden interesar a adolescentes, nais/pais e profesoras/as.
Como os outros libros comienza cunha historia, que neste caso vai abordar como foi a “primeira vez” de un rapaz e unha rapaza. As dúbidas, os medos, os amigos, os equívocos… todo é importante e ao tempo desvélase como secundario cando os dous descobren que poden confiar nun noutro, que ninguen vai facer nada que o outro non quera facer.
E como sempre hai unha segunda parte na que que se aborda a sexualidade de forma que cada quen debe sacar as súas propias conclusións, aclarando dúbidas como:
“¿ a primeria vez doe moito?”,
“¿é malo ter fantasías sexuais?”,
“existe o punto G?,
“¿pódese usar a píldora do día despois como anticonceptivo?”.

12/2/08

Explosión de música e poesía no IES de Arzúa


Hoxe martes comenza a semana do amor no instituto, que este ano basearase sobre todo na poesía e na música, así mañá inauguramos o rincón de namorar e o xoves envía poesías os teus amorer ou os teus amigos. Non hai mellor xeito de reflectir os sentimentos que mediante a poesía e a música, aí vos vai, para que poñades os motores a funcionar, unha mostra de ámbalas dúas cousas. ¡Anímate!, ¡Participa! e namórate (dos libros, da poesía, das cancións, das sopas de letras, da pintura... DA VIDA) con nós. FELIZ SEMANA DE SAN VALENTÍN, e que non falte o amor (en todas as formas do mesmo) nunca nas vosas e nas nosas vidas.


SONETO

Es hielo abrasador, es fuego helado,
es herida que duele y no se siente,
es un soñado bien, un mal presente,
es un breve descanso muy cansado.

Es un descuido que nos da cuidado,
un cobarde con nombre de valiente,
un andar solitario entre la gente,
un amar solamente ser amado.

Es una libertad encarcelada,
que dura hasta el postrero paroxismo,
enfermedad que crece si es curada.

Este es el niño Amor, éste es tu abismo.
¡Mirad cual amistad tendrá con nada
el que en todo es contrario de sí mismo!

Francisco de Quevedo (1580-1645)

SONETO V

Escrito está en mi alma vuestro gesto,
y cuanto yo escribir de vos deseo;
vos sola lo escribisteis, yo lo leo tan solo,
que aun de vos me guardo en esto.

En esto estoy y estaré siempre puesto;
que aunque no cabe en mí cuanto en vos veo,
de tanto bien lo que no entiendo creo,
tomando ya la fe por presupuesto.

Yo no nací sino para quereros;
mi alma os ha cortado a su medida;
por hábito del alma mismo os quiero.

Cuando tengo confieso yo deberos;
por vos nací, por vos tengo la vida,
por vos he de morir, y por vos muero.

Garcilaso de la Vega (¿1501-1536)

UNHA CANCIÓN/VIDEO DE DESAMOR DE JULIETA VENEGAS




E AGORA UNHA DAS CANCIÓNS DE AMOR ( PARA MIN) MÁIS BONITAS QUE SE ESCRIBIRON, non só é a música, fixádevos na letra e decídeme si hai mellor forma de amar a alguén. YOLANDA DE PABLO MILANÉS



10/2/08

Árbores do mundo (VII): O castiñeiro

O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore profundamente ligada á Galicia. Chegou a nosa terra nin se sabe cando, pero o que si parece certo é que foron os romanos o que máis difundiron o seu cultivo traendo numerosas variedades de castiñeiros para froito, é dicir que potenciaron a utilización destas variedades para obter riquísimas castañas que aínda hoxe en día disfrutamos con alegría aló polo comenzo do outono. Eu sempre recordarei aquelas reunións na casa dos meus avós aló na montaña lucense, ó redor dunha boa castañada, dunha reñida partida de tute e dos contos dos maioes, e tamén aquelas camiñatas interminables nas xa frías tardes outoñais con miña nai e miña tía en busca das castañas que se dedicaban a xogar ó escondite entre as follas caídas das árbores e que había que buscar para ir mentendo no cesto.
O Castanea é un xénero sumamente vello, nalgúns lugares dos EEUU atopáronse troncos de castiñeiros petrificados, mesturados con outros de magnolios, loureiros e metasequoias. É un xénero que sobreviviu a moitos desastres do pasado, aínda que no caso do castiñeiro americano, Castanea dentata, practicamente desapareceu recentemente arrasado pola enfermidade do cancro do castiñeiro (un fungo chamado Phytophthora cinnamomi), considerada polos fitopatólogos como unha das máis destructivas sufrida polo mundo.
En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise ampliando a zona de cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios, deixando a castaña relegada a un segundo termo. Aínda así hai lugares como no Caurel onde se seguen facendo uns cocidos de castañas, e unhas tartas que están para chuparse os dedos. Cando eu era nena na miña aldea había castañas durante todo o ano, xa que as secaban para gardalas e posteriormente rehidratábanse e ata comiamos casatañas en marzo e abril como si fose outubro ou novembro.

A este segundo plano da castaña que deixo de ser básica na dieta dos galegos sumóuselle a aparición da tinta en Galicia de forma que moitos castiñeiros desapareceron a partires de finais do século XIX. Aínda así consérvanse marabillosos exemplares que segundo Rodriguez Dacal e Jesús Izco merecen ser Árbores Monumentais do patrimonio cultural galego: O Castiñerio da Capela (en Baamonde) que foi salvado polo escultor Victor Corral da desaparición cando ampliaron a estrada nacional que pasa pola localidade... ¿Como ocorreu esto? O escultor abriu un oco coa motoserra no seu interior e alí quedou ata que a empresa cedeu nas súas pretensións de derribo, co tempo acondicionouse este oco como capela adicada á Virxe do Rosario, onde se conserva unha talla en madeira da virxe cun rosario de castañas... así fíxose esta árbore "famosa" en todos os lugares, chegando ata aquí moita xente para visitala.

Outros castiñeiros importanes son: O de Pombariños en Ronzabales, Manzaneda /Ourense (considerado o máis vello de Galicia); O da Regadiña en Mendoi, Trives / Ourense; O da Casa do Raxado en Taboada / Lugo); O da igrexa do Hospital no Incio en Lugo e etc... (ver ARBORES MONUMENTAIS EN EL PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA) (marabilloso libro sobre o noso patrimonio vexetal que xa recomendei en máis dunha ocasión)

Si queres máis información xeral sobre o castiñeiro visitade:
e si queredes máis información técnica non deixedes de visitar : http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/castinheiro.pdf
Porque
soy viejo.
Porque
soy un caído castiñeiro,
caracocha que yergue
sus hojas y su hueco.
Porque
tengo en mis espaldas
un fardo podrido de sueños.

(Antonio Tovar Bobillo)



E coma sempre non vos esquezades de coñecer, mirar, admirar, .... pero tampouco vos esquezades de respectar e non facer dano a estes avós centenarios que tanta historia teñen que contar a través das súas enrugas

7/2/08

LAS GOLONDRINAS DE KABUL

Hoxe vos propoño outro dos libros de Yasmina Khadra : Las golondrinas de Kabul, novela terrible e dura. Pero esta verdade existe aínda que ás veces nos quede tan lonxe...
Kabul: a antesala do máis aló.

Kabul: lugar onde as execucións públicas converteron a morte nunha trivialidade.

Kabul: cidade onde os homes e mulleres perderon fai tempo a esperanza e a ilusión por vivir.

Os homes sinxelos perden a serenidade, as risas estan prohibidas por mandato talibán e as burkas, vestimentas monstruosas, cárceres onde asfixiarse literalmente, converten a millóns de seres humanos en obxectos, deixando ás mulleres sen cara e mesmo roubándolles á súa identidade.

Lendo estas páxinas sentes a tristeza, as miserias impostas polos talibáns en Afganistán, onde os horrores cotiáns poden máis que unha conciencia pautada pola represión social e relixiosa dun integrismo islámico irracional que leva á tolemia a todo aquel que non é capaz de sobreporse á humillación e á falta de futuro.