26/11/19

25 N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde Biblioarzúa, aquí vos deixamos este vídeo para un día como hoxe.

Chega lixeiriño pero potente desde Boimorto, un concello manancial e fonte de mulleres grandes que tantas alegrías nos teñen dado ao IES de Arzúa.

Brates, Cardeiro, Sendelle, Rodieiros...Alejandra e Olaia, chegades xusto para reflectirmos nestes tempos de:

Amor de amoratarse amor que es amoldar y amancillar.
Amor de amenazar amor de amurallar amor de amartillar y de amasijo.
Amor de amortajar. Rosa Lola María Inés Luisa mi amor. Compañero mi amigo mi enemigo.
Rafael veinte años arma blanca su novia en una calle.
José Pablo dos hijos divorciado y Raúl empresario gran sonrisa el amor.
Es el amor que amengua que amuralla que amortece y amarra.
Amor de amuñecar amor que es amputar amor de amilanar y de ambulancia.
Amor de amordazar.
El anillo no sabe no sabía. El anillo.
El cuchillo.

Juana Castro, La extranjera. Málaga, 2006



21/11/19

Novembro micolóxico no IES de Arzúa


Desde Biblioarzúa, solícitamoslle a Silvia Mira, profesora de Aproveitamentos forestais no Ciclo Medio e Superior de F.P. de Xestión Forestal, que nos contase para o blogue da biblioteca como fora o proceso de documentación bibliográfica para a elaboración e posta en andamento da incríbel exposición micolóxica que se organizou no noso centro este mes de novembro.   

A  continuación,  todo que nos contou... Por certo, ben interesante e estimulante para futuras incursións polo Planeta cogumelo. 

SILVIA MIRA: 
     
Para preparar a exposición partimos dos coñecementos básicos sobre identificación, comestibilidade, toxicidade, etc. que xa tiñamos pero, sendo o reino dos fungos un grupo tan amplo e diverso, é imprescindible o emprego de claves e guías para identificar correctamente cada un dos exemplares.









A correcta identificación é ademáis imprescindible para distinguir entre fungos comestibles, non comestibles e tóxicos. Un erro neste sentido pode ter consecuencias nefastas.

Imagen relacionada


Comezamos saíndo ao campo para recoller a maior variedade posible de especies. Coas cestas cheas, xa na aula (e secos...) agrupamos de visu por grupos ou xéneros (boletus, amanitas, agaricus....). 
Para esta primeira fase da clasificación, foron de gran axuda as claves dicotómicas para a identificación de xéneros que aparecen en todas as guías de cogomelos. 

O seguinte paso é baixar ao seguinte nivel e determinar a especie á que pertence cada especimen dentro do xénero que xa lle temos asignado. Aquí é onde ademáis das claves son indispensables as guías. As imaxes axudan moito ( as guías de Marcote, Pose e Traba teñen moi boas fotografías) pero sobre todo a descrición morfolóxica e do hábitat no que medran son determinantes para facer unha clasificación correcta.  Xa comezando a montar a exposición etiquetamos de forma provisional as especies máis comúns e coas guías fumos dilucidando dúbidas entre especies parecidas e identificando outras que non coñecemos. 


Un bó exemplo da importancia de facer correctamente esta identificación son as fotografías dos lactarius e o Paxillus involutus: Lactarius deliciossus (non só comestible senon delicioso) de outros Lactarios non comestibles aínda que tampouco tóxicos como é o Paxillus involutus, moi tóxico e abundante, fácilmente confundibles uns cos outros. 






Nestas últimas dúas fotos que estades a ver, vese a importancia destas fontes de consulta na delimitación e fixación dos exemplares recolectados. Se vos fixades ben, nunha aparece unha guía importántisma na mesa onde se están distribuindo os exemplares a identificar e na outra, vese un alumno cunha guía na man. 

Finalmente,  substituimos as etiquetas provisionais polas definitivas unha vez estamos seguros de que a identificación é a correcta.

As guías de que dispón a biblioteca do centro, segundovin eu, non comprobei se hai máis, son:

- A guía Blume, moi ampla, con especies de toda Europa.
- Unha guía de Marisa Castro.
- Guia micolóxica dos ecosistemas galegos, de Marisa Castro en Xerais.

Empregamos ademáis a primeira edición de Setas de Galicia, de Marcote Pose e Traba, porque é a que uso eu habitualmente pero existen edicións posteriores desta mesma, ampliadas e melloradas, así como outras guías dos mesmos autores dedicadas a hábitat concretos (dunas, litoral...) moi interesantes. Actualmente este grupo e Marisa Castro son os referentes en canto a publicacións sobre micoloxía en Galicia.




P.S.- Aproveitando, permítome suxerir ampliar a bibliografía con algunha publicación máis de Marisa Castro e do grupo de Pan de raposo (Marcote, Pose,Traba)


E NÓS DESDE BIBLIOARZÚA, ANIMAMOS A TODO O MUNDO INTERESAD@ QUE SE PASE POLA SECCIÓN DE AGRARIA e BOTÁNICA - A DE COR AZUL-  A CONSULTALOS!!

Con certeza que logo saen uns bons níscalos á prancha ou un suculento arroz con boletus !!

Resultado de imagen de boletus recetas arroz
  



14/11/19

OS ESTEREOTIPOS

Un artigo de reflexión de Manoela Naveiro- 3º ESO-A
Os estereotipos son aquelas cualidades que dicen como as persoas poderían ser dalgunha maneira "perfectas". Os estereotipos comezaron aplicándose ao xénero feminino e pouco a pouco inculcáronse progresivamente no xénero masculino.

Cando os homes decidiron comezar a coidar a súa imaxe, ao principio, a sociedade non deu a súa aprobación debido a que se consideraba pouco varonil.

Co tempo, apareceu o vocábulo "metrosexual" e nun período de tempo relativamente curto, a etiqueta foi aceptada e imitada non só por unha cuestión de tolerancia, senón porque era unha tentación moi lucrativa para un mercado ambicioso.

Algúns dos estereotipos máis alarmantes e que teñen causado imensos danos físicos e morais na sociedade  poden ser:

A obsesión pola delgadeza extrema, que normalmente acarrea enfermidades psicolóxicas.
Resultado de imagen de ANOREXIA 
Casos máis graves desta obsesión acostuman derivar en enfermidades cómo a bulimia ou a anorexia, unha das lacras coas que loitar na sociedade actual ao igual que o acoso escolar, que poden sufrir aquelas persoas que non forman parte dos estereotipos marcados.

Estes estereotipos mal que nos pese están máis que xeneralizados na nosa sociedade. Hoxe en día, nos medios de comunicación prima todo o que se vende e se compra, ademáis dos corpos perfectos que visualizamos a diario de ximnasio ou retocados con ciruxía estética. O mercado e a globalización márcannos un estándar de beleza ligada ao consumismo. Poderosas fortunas creáronse a partir disto.
 Resultado de imagen de CIRUGIA ESTETICA
Por estas razóns, penso que deberiamos comezar a plantexarnos se é fermoso o que realmente vemos, consumimos e se nos presenta como tal ou se de verdade se nos quedaron os valores anulados.Tal vez non o sexa ou tal vez todos o saibamos, pero preferimos seguir vivindo nunha sociedade da que nos da medo sentirnos illados. Sabemos que nadar contra corrente nunca foi traballo doado.