23/4/19

23 de abril: Dia do libro. Celebrando o día a día cos libros.

Desde Biblioarzúa, deixámosvos  algunhas das contribucións do alumnado do insti a este día.

A primeira do día foi que en realidade, máis que celebrar o 23 de abril, fíxémosnos un pouco de homenaxe e celebramos en vez do día do libro o noso día a día na biblio, os nosos segundos e minutos pasados moitos días aqui en biblioarzúa, lendo, falando e si...tamén colocando!!

Concretamente recoñecimos eses  momentos que non se ven pero que fan que a biblio estexa colocada e disposta e" luza relucinte" con moitos lombos de libros ben localizados nos andeis .

Tod@s coñecemos nestas alturas a Eustaquio, o trasgo agochado no bunker azul que tanta fama collera hai uns meses por un episodio de cuxo nome non quero acordarme, contodo o que non sabíades se cadra é que as "trasguinhas da Patrulha  de Biblioarzúa" son as verdadeiras artífices de que a biblio estexa como estexa este ano: Ben, boa e bonita!

Hoxe as "trasguinhas da Patrulha de Biblioarzúa" recibiron o reconhecemento polo seu trabalho deste ano  e voilá!:

Aqui as temos!!





E a última do día foi este vídeo elaborado polo alumnado de português há uns anos e resgatado para a ocasión, que esperamos vos suxira tanto como a nós:   

https://www.youtube.com/watch?v=PtU5SvaxYVQ