5/11/26

REUSAMOS ROUPA VELLA

O alumnado de 1ºCS de Agraria, no marco da materia de Técnicas de Educación Ambiental, estivo a facer tote bags a partir de camisetas vellas.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SAMAÍN

28/10/26

O INTERCAMBIADOR DE ROUPA BOTA FUME!! 🔥

Deixamos unha mostra do que xa marchou cunha segunda vida.

PODCASTS DE MEDO EN COLABORACIÓN CON POLOS CREATIVOS

O alumnado de Proxecto Competencial de 3º da ESO estivo a gravar unha chea de podcasts terroríficos: "La Sociedad de la Nieve", "El Niño de Somosierra"... e máis! Esta actividade foi froito da colaboración entre a Biblioteca mais o equipo de Polos Creativos.

OBRADOIRO DE CALCETA E GANCHO IMPARTIDO POR SILVIA CALVO

OBRADOIRO DE PANDEIRETA CON SILVIA MIRA

Obradoiro de pandeireta impartido por Silvia Mira coa axuda de voluntarias da biblioteca e coa participación tamén do profesorado.

DÍA DAS BIBLIOTECAS (23 DE OUTUBRO)

Para celebrarmos o día das bibliotecas, o voluntariado fixo unha saída á Biblioteca Municipal, onde fixemos a tradicional cata de churros. Tamén vimos a carta xeométrica de Domingo Fontán e un exemplar do Códice Calixtino.