O 15 de maio viñeron ao instituto dous ex alumnos do IES de Arzúa para falarnos da súa vida laboral e da súa produción artística en galego. Á charla asistimos os alumnos de 1º BACH e os alumnos de 2º da ESO.
Para presentarse, comezaron cunha melodía tocada por MJ e recitando un poema de Vicente.
Ao acabar recibiron un forte aplauso do público e Vicente foi o primeiro en presentarse.
Vicente comezou explicando que carreira realizou ao acabar os seus estudos de bacharel. Estudou filoloxía alemá e grazas a ela participou en varios intercambios. Nun dos intercambios foi a Francia e alí comezou a dar clases de castelán. Despois contounos que estaba a estudar un máster en educación porque descubriu que era o que en realidade lle gustaba. E grazas a este curso vai ir outra vez de intercambio, pero esta vez a Estados Unidos.
Ao acabar de falar sobre os seus estudos, falounos sobre os libros que publicou e leunos un que relacionaba o amor cunha croqueta. Este poema foi o que dió máis xogo para facer chistes durante as dúas horas de duración da charla.
Máis tarde comezou MJ a contarnos como empezou a estudar guitarra e a compaxinar a súa carreira coa súa gran afección, a música. Ela estudou audiovisuais na Coruña. Esta carreira axudoulle moito coa música. Contounos como gravou a súa primeira canción, cantóunola e como fixo o videoclip. Ademais púxonos varios videoclips que gravou durante estes anos.
Ademais de falar deles, os alumnos de 1º BACH, escribimos preguntas e metémolas nunha caixa para que eles fosen respondendo. Houbo cuestións moi graciosas como: Cantos anos tes? Ou Canto cobras?; pero tamén algunhas onde preguntaban: En que che inspiras para escribir ou compor? Estas cuestións íanas intercalando mentres ían explicando un pouco o que facían.
Explicaron un pouco que estaban a realizar hoxe en día, pero nas súas afeccións, Vicente ía publicar un libro e MJ ía sacar un disco.
Para finalizar MJ cantou unha canción súa e Vicente nas estrofas recitaba o poema. Ao acabar como quedaban 5 minutos e aínda quedaban varias preguntas por responder comezaron a responder rápido todas ata que tocou o timbre, que recibiron moitos aplausos.
1.- O que máis me gustou foi
cando MJ Pérez cantou algunhas das súas cancións, tamén cando os dous
responderon as preguntas da caixa misteriosa. Por último , o que máis me gustou
foi cando contaron o seu recorrido polo IES . Ademais quero agradecer por facer
esta charla con estes maravillosos artistas para o noso dia único porque foi
una gran experiencia. Grazas a eles aprendín que cada un ten que loitar polos
seus soños e nunca rendirse.
REALIZADO po unha alumna
de 2 da ESO A que se fai chamar Eva Ferro Vázquez.
2.- Ás
12:50. Salón de actos que encerraba tantos recordos para os invitados e tantos
presentes para os espectadores. Fúmonos deixando levar polos acordes da
guitarra de MJ Pérez e os saborosos versos de Vicente Vázquez.Os
afluentes corrían en Lyon como corrían os minutos ante o escenario que se fixo
deles.Cando
soou o timbre a parella marchou cantando “Ai, ai de min! Eu que metín a pata
ata o fondo porque che contei todo referente a min". Antía Pereira
2
3.- Gustoume
bastante, sobre todo porque hai persoas que contan a súa vida e normalmente
chega a aburrir, con todo eles contaron a súa historia con graza. Outra cousa que me gustou foi que, mentres
contaban os sucesos da súa vida e MJ ensinábanos as súas videoclips, picábanse
e criticaban entre eles, sempre de forma divertida e respectuosa.A
verdade é que non coñecía a MJ, pero ao coñecela pareceume unha moza divertida,
a súa voz era preciosa, tenia unha arte para a súa profesión que duramente
estudou: audiovisuais; díxonos que ao catorce anos regaláronlle unha guitarra e
escoitar como tocaba confírmome que desde que lla regalaron usouna moito.Vicente
doutra banda contounos as súas viaxes, o seu poema das croquetas con amor foi xenial. Outra cousa que me encantou
foi como non tiñan toda a actuación planeada, foi espontánea, improvisada, as
respostas ás preguntas eran moi sinceras xa que eles non coñecían ditas
preguntas que estaban metidas nunha caixa.Foi
unha gran experiencia onde te ris e fanche reflexionar que con esforzo todo
pódese conseguir, eles empezaron no instituto IES de Arzúa e chegaron lonxe,
encantaríame que chegasen mais lonxe do que han chegaron e que fagan rir a moita
xente pero ao mesmo tempo facerlles ver que na vida hai que esforzarse.Un
saúdo, Ainara.G.C
4.- Foi unha charla lúdica,por
parte de dúas exalumnos do IES de Arzúa.Son os dous mui agradables, tanto como
persoas, como representantes do evento transcorrido o anterior 15 de maio de
2019. Foi unha charla na que todos se riron polo menos unha vez. MJ tocaba a
guitarra espectacularmente e Vicente acompañábaa de cando en vez cos coros e
outras veces coas súas bromas para espertar o ambiente calado que se presentaba
cando unha canción de MJ se terminaba.Se é certo que por unha banda me gustaría
estar a gozar do día xogando e charlando cos meus amigos na triangular, foi unha
experiencia xenial e divertida.Atentamente o de Rourís
5.- Para empezar teño que
dicir que esta actividade pareceume moi divertida e gratificante, pero non todo
foi do meu agrado.
Unha das partes desta
acividade que me pareceron desde o meu punto de vista erróneas ou non de todo
correctas foronas cuestións realizadas, xa que non eran orais, é dicir, eu creo que que estivesen escritas facía perder a naturalidade de esta actividade, se non
estiveran escritas e foran realizadas ao final da charla, serían máis
espontáneas e resolverían máis dúbidas, ademáis
poderían surxir novas preguntas , non só unhas cantas programadas.Aínda que a
actividade na súa maior parte gustoume moito por
leccións que nos servirán de moita utilidade para a nosa vida, por exemplo que
non nos ten porque gustar ou
dársenos ven algo desde un principio, senón que en calquera momento da nosa
vida pódenos chamar a atención algo que nos
noutros tempos calificariamos de aburrido ou de odioso. Pero o que máis me
gustou desta gratificante actividade foi a
naturalidade que desprendía , eso encantoume, que non estivera todo programado
como en outras charlas que chegaban a resultar esgotadoras.Crónica por aIliForCen
6.- O acontecemento vivido no salón de actos o día 15 de maio de 2019 foi moi gratificante e didáctico. Xunto á diversión vivida alí, tamén sentín moita emoción ao escoitar os poemas de Vicente. Gustoume moito,porque como a Vicente, a min tamén me gusta escribir contos e algunha que outra vez,escribo poemas.Gustáronme moito os seus poemas, porque en cada un deles hai un sentimento escondido. Ás veces,máis facil ou máis difícil de explicar, pero en todos transmítese algún pensamento,sentimento...Gústame moito a súa maneira de expresarse, a súa maneira de sentir cada palabra dos seus poemas. Sobretodo, encantoume cando fixeron o poema con fado, MJ tocaba de fondo a guitarra mentres Vicente recitaba cada verso do poema. Cando falaron da súa infancia e adolescencia gustoume, porque reviviron vellos tempos e explicáronnos todo, soamente para nós. Foi unha charla moi didáctica, xa que,aprendemos diversos poemas que anteriormente moitos non coñeciamos. Non me esperaba unha charla tan impresionante, pensei que falarían un pouco e iríanse, pero pareceume incrible, por momentos, sentín como conectaban con cada un de nós. En resumo, foi unha das mellores charlas ás que asistín, porque me gustou que nos brindasen un pouco de atención e que tivesen o simulacro de vir falar da súa vida. Por Tania Vázquez 7.-Gustoume moito, parecéronme os dous moi agradábeis. Non coñecía a Vicente pero sen embargo a MJ si. Pareceume unha oportunidade estupenda para coñecer a dous grandes artistas.
A parte que mais me gustou foi cando cantaron e recitaron un poema con acompañamento musical. Carla Carrón
8.-Foi unha actividade moi entretida. Gustáronme as preguntas
xa que as contestaron con total sinceridade. Foron moi naturais na súa forma de
expresarse por iso pasaron tan rápido as dúas horas. MJ contounos o seu comezo
na música e como dende pequena lle gustou tocar a guitarra e tamén cantou
algunhas das súas cancións.
Vicente contounos as súas diversas viaxes que tivo que facer
para estudar, recitounos tamén varios dos seus poemas, un deles ía sobre as
croquetas, que as comparaba co amor.
Os dous fixéronnos ver que debemos loitar polos nosos soños. Sara Rivas
Pouco faltaba para o 17 de maio. O día
das nosas letras estaba ao caer.
Para celebrar esta xornada, o
mércores 15 de maio, o IES de Arzúa acolleu a dous artistas galegos que nun
pasado foran alumnos de dito instituto.
Vicente
Váquez Vidal. Un
dos artistas convidados. Este poeta é quen de facer unha similitude entre o
amor e ríos e afluentes; e mesmo converte unha receita de croquetas en puro
arte.
Comezou falando un pouco do seu paso
polo instituto, e o que fixo posteriormente. Máis tarde, coa compañía musical
de MJ, a outra convidada, recitou algún dos seus poemas.
MJ
Pérez. Cantante e
compositora. Con tan só a súa inseparábel guitarra negra e a súa voz, fixo
gozar a todos os alí presentes dun momentazo!
Ela tamén comezou falando un pouco
da súa vida. Explicou a que se adicaba, e fixo un rápido percorrido polas súas
cancións e videoclips. Tamén falou sobre un dos seus últimos soños cumpridos,
escribira unha canción en portugués (a súa lingua materna), e mostroulles ós
alumnos o videoclip de dita canción.A
todos pareceu gustarlles moito!
Ámbolos dous foron protagonistas
dunha xornada chea de música, poesía e moitas risas. Risas provocadas por
anécdotas vividas no IES, que saíron á luz grazas a certas preguntas que @s alumn@s
de 1º BAC fixeran.
Para finalizar, agradecer e dar a
noraboa a MJ e a Vicente polo ambiente tan agradábel e entretido que
conseguiron crear na xornada do mércores. Unha crónica de Alejandra Barco