26/2/23

LOVE IS IN THE AIR

Da gusto ter no equipo de biblio a dous compas do departamento de Inglés...que non
para de facernos cousiñas bonitas. Mirade que San Valentín nos montaron. Graciñas a todos os alumnos que participastes.

mudamos a nosa árbore no primeiro andar

amosámosvos como fomos mudando da paz ó amor.

15/2/23

grazas voluntariado...grazas a vos esto se move

Mirade como se defenden xa as voluntarias de 1º ESO como futuras bibliotecarias. Dentro de nada xa nos quitan o posto a nos. Bravísimo traballo o voso!!!!!!

os compis do equipo de biblio non paran

Non todo ´efesta na biblio. Aínda non vos contamos que este curso estamos migrando a KOHA e estamos tendo moito traballiño colocando os códigos de barras. É ben certo que horas e horas que estamos adicando a esto. Mirade ás "Cristinas" que concentradas están!!!

365 amores

Co faio da celebración d día de San Valentín, dende biblioarzúa propuxémonos
un reto. Colgar 365 corazóns (un por cada día do ano) na árbore da biblio, onde toda a comunidade educativa, profes, onserxes, secretaría, cafetería, limpeza....TODOS E TODAS escribísemos o noso AMOR. Grazas a todos vo....CONSEGUÍMOLE... e disfrutamos lendo como neste IES se ama a natureza, a familia e a vida!!!!! MOitas grazas a todos por axudarnos a cumplir o noso soño.

11 de febreiro día da muller e a nena na ciencia

Dende a biblio non queremos deixar de recordar este día- Aproveitamos para darlle a noraboa ó alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato capitaneado por Roberto Amarelle , polo xenial traballo feito. Entrevistaron a 12 científicas galegas e elaboraron un dossier onde recollen esas entrevistas. Destacamos a resposta de Sonia Villapol xando lle preguntaron pola simbolixía dunhas palabras dela: "Falar en galego a conciencia, e ás veces contracorrente, é un dos maiores praceres que existen. Escribilo e empregalo coma ferramenta, é a culminación. Levo facéndoo toda a vida". A esto respondeu "...A literatura galega é fermosísima e hai libros que son xoias...". Grande Sonia e grandes os qu eparticipastes deste traballo.
Cpmo non podía ser menos, o equipazo voluntario non tardou en facer un cartel e colocar a exposición deste gran traballo

12/2/23

MÁIS PRETO QUE LONXE"...VOAMOS A CUBA

E seguimos traballando pola integración das familias coa biblio, a diversidade e a interculturalidade do noso IES. Tivemos unha xornada que foi preparada polo alumnado cubano que temos noo IES. Fixeron uha bonita presentación electrónica do seu país e as familias agasalláronnos con arroz moro, hoxaldres de guayaba e patacón pisado. Moitas grazas pr amozarnos as vosas marabillas e por facer que nos sintamos aínda máis preto de vos. Ata pronto. Deixámosvos algunha foto dese día

HORA DE LER..TAMÉN NA BIBLIIO

O profe de bioloxía decidiu traer a Biblioarzúa ó alumnado de 1º de ESO para a HORA DE LER. Boa idea cambiar de aires de vez en cando.
Marabilla de ambiente de lectura

ENTREGA AGASALLO VOLUNTARIADO CURSO 2021-22

Hai uns días entregamos un pequeno agasallo ó equipo de voluntariado do curso pasado 2021-22, como mostra de agradeceento ó traballazo que fixeron. Agardamos que estes termos que vos regalamos sirvan tamén para reducir o consumo de botellas de plástico.
deixámosvos unha pequena mostra do traballazo realizado.
moitas grazas rapazada!!!!

Traballamos arreo

Aquí vos deixamos unha mostra do involucrado que está o voluntariado da biblio. Mercamos un moble para organizar os nosos LEGO e enseguida se poxeron máns á obra. Bravísimo!!!

9/2/23

10 DE DECEMBRO DIA DOS DEREITOS HUMANOS

Andamos moi xustiños de tempo, pero ainda así non quixemos esquecer esta data. Os DEREITOS HUMANOS aplícanse por igual a todos os pobos e nacións como dereitos inalienables. Trballamos este ano o artigo 25: "Toda persona tiene derecho a un nivel de vida adecuado que le asegure, así como a su familia, la salud y el bienestar, y en especial la alimentación, el vestido, la vivienda, la asistencia médica y los servicios sociales necesarios...". Quixemos así aproveitar para difundir as sinerxias dos dereitos humonos cos ODS, es especil ODS 1: fin da pobreza e ODS": fame cero.

3 DE DECEMBRO DIA DA DISCAPACIDADE

Aproveitando a lema "baixo o mesmo paraugas" o voluntariado da biblio quixo rendir homenaxe ás persoas con dispapacidade. Este ano, con un recordo especial para as vítimas de discapacidades a causa da pandemia da COVID-19
Como non podía ser de outro xeito, aproveitamos paraugas vellos que trouxo o alumnado. ODS 12: CONSUMO RESPONSABLE SEMPRE PRESENTE. Bo traballo, voluntarias!!!

7/2/23

25 N en biblioarzúa

Mirade que debuxos tabn lindos fixo o alumnado de 1º ESO capitaneado pola profe e membro do equipo de biblioteca Cristina Blanco. Fainos moita ilusión que traballedes así de implicados coa biblio. Moitísimas grazas. Locerán todo o curso con nos para dicir NON Á VIOLENCIA todos os días do ano.