Mostrando entradas con la etiqueta árbores monumentais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta árbores monumentais. Mostrar todas las entradas

13/4/08

Árbores do mundo VIII: O teixo

O parque do teixedal
dono de texos e ventos
ó pé da Pena Trevinca,
repousando no silencio
xunto a ermida de San Xil,
acubillado de romeiros
(José Rodríguez Ferrer)


Retomando a miña afición polas árbores, hoxe vouvos falar dunha das máis lonxevas e perigosas: o Taxus baccata , vulgarmente coñecido como Teixo, Tejo, Texo...

O teixo é unha árbore discreta, non moi chamativa, excepto cando está co froito de cor vermella moi visible, pertencente a familia Taxaceae e é propia de lugares montañosos, frescos e húmidos. Son moi lonxevos puidendo acadar os 2000 anos. Dícese que o de Fortingall-Escocia é o máis vello do mundo, incluso se lle atribúen 5000 anos, aínda que se supón que ten algúns menos. Segundo a lenda Poncio Pilato, que era fillo dunha muller da localidade e dun oficial romano, xogaba baixo as ramas deste teixo cando era un neno. Na actualidade está moi tocado porque os anos non pasan en vano, nin siquera para o lonxevo teixo. Na peninsula ibérica hai fermosos exemplares como o de Quirós en Asturias e o famosísimo "Teixedal de Casaio" en Pena Trevinca, que é un bosque formado por árbores centenarias e incluso algunha milenaria. Tamén en Galicia destaca o da Igrexa de Córneas - Baleira - Lugo. (Ärbores monumentais de Rodríguez Dacal e Jesús Izco).
A súa madeira é moi dura, de grao fino e denso, o que a fai moi apta para ebanistería e tala, aínda que debido o seu crecemento moi lento, é difícil conseguir pezas de suficiente grosor o que limita o seu uso. Durante la Idade Media foi moi utilizado nas Illas Británicas para elaboración do arco longo, pola súa resistencia e flexibilidade, o que case produxo a súa extinción nas mencionadas illas. Conta a lenda que o arco de Robin Hood era deste material, e de todos é sabido o virtuosismo deste heroe co arco. En competicións inglesas unha frecha lanzada cun arco de teixo acadou 304 metros. Tamén, e esto non é lenda, houbo un tempo, en que os bosques de Teixos tiñan unnha enorme importancia estratéxica: ter moitos teixos significaba que o subministro de armas en tempos de guerra estaba asegurado.

As virtudes curativas do teixo sempre foron moi coñecidas: Xa o emperador Claudio publicou un edicto onde dicía que era o mellor antídoto contra as picaduras de serpes, en 1971 descubríronse as propiedades anticanceríxenas do taxol, un dos seus compoñentes... Pero do mesmo modo que cura pode matar, xa que todo el, excepto o froito vermello, é tóxico, coidado si o comedes porque a semente que vai dentro do froito tamén é velenosa. Sábese que unha infusión de teixo pode matar a un adulto, e bastán unhas cantas follas para matar a un rapaz. Nos pobos do norte da Península Ibérica (astures, galaicos e cántabros) as sementes eran usadas para suicidarse cando se atopaban sitiados polo inimigo ou eran collidos presos.

Esta árbore foi sagrada para os Celtas, e os cristiáns a miúdo construiron as súas igrexas e cemiterios ó lado dos teixos. Outra lenda aconta que as raíces dos teixos, chegan as bocas dos cadáveres, simbolizando a vida na boca da morte. E polo día de difuntos tamén era costume levar ós mortos unha ramiña de teixo para guialos no país das sombras.

10/2/08

Árbores do mundo (VII): O castiñeiro

O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore profundamente ligada á Galicia. Chegou a nosa terra nin se sabe cando, pero o que si parece certo é que foron os romanos o que máis difundiron o seu cultivo traendo numerosas variedades de castiñeiros para froito, é dicir que potenciaron a utilización destas variedades para obter riquísimas castañas que aínda hoxe en día disfrutamos con alegría aló polo comenzo do outono. Eu sempre recordarei aquelas reunións na casa dos meus avós aló na montaña lucense, ó redor dunha boa castañada, dunha reñida partida de tute e dos contos dos maioes, e tamén aquelas camiñatas interminables nas xa frías tardes outoñais con miña nai e miña tía en busca das castañas que se dedicaban a xogar ó escondite entre as follas caídas das árbores e que había que buscar para ir mentendo no cesto.
O Castanea é un xénero sumamente vello, nalgúns lugares dos EEUU atopáronse troncos de castiñeiros petrificados, mesturados con outros de magnolios, loureiros e metasequoias. É un xénero que sobreviviu a moitos desastres do pasado, aínda que no caso do castiñeiro americano, Castanea dentata, practicamente desapareceu recentemente arrasado pola enfermidade do cancro do castiñeiro (un fungo chamado Phytophthora cinnamomi), considerada polos fitopatólogos como unha das máis destructivas sufrida polo mundo.
En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise ampliando a zona de cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios, deixando a castaña relegada a un segundo termo. Aínda así hai lugares como no Caurel onde se seguen facendo uns cocidos de castañas, e unhas tartas que están para chuparse os dedos. Cando eu era nena na miña aldea había castañas durante todo o ano, xa que as secaban para gardalas e posteriormente rehidratábanse e ata comiamos casatañas en marzo e abril como si fose outubro ou novembro.

A este segundo plano da castaña que deixo de ser básica na dieta dos galegos sumóuselle a aparición da tinta en Galicia de forma que moitos castiñeiros desapareceron a partires de finais do século XIX. Aínda así consérvanse marabillosos exemplares que segundo Rodriguez Dacal e Jesús Izco merecen ser Árbores Monumentais do patrimonio cultural galego: O Castiñerio da Capela (en Baamonde) que foi salvado polo escultor Victor Corral da desaparición cando ampliaron a estrada nacional que pasa pola localidade... ¿Como ocorreu esto? O escultor abriu un oco coa motoserra no seu interior e alí quedou ata que a empresa cedeu nas súas pretensións de derribo, co tempo acondicionouse este oco como capela adicada á Virxe do Rosario, onde se conserva unha talla en madeira da virxe cun rosario de castañas... así fíxose esta árbore "famosa" en todos os lugares, chegando ata aquí moita xente para visitala.

Outros castiñeiros importanes son: O de Pombariños en Ronzabales, Manzaneda /Ourense (considerado o máis vello de Galicia); O da Regadiña en Mendoi, Trives / Ourense; O da Casa do Raxado en Taboada / Lugo); O da igrexa do Hospital no Incio en Lugo e etc... (ver ARBORES MONUMENTAIS EN EL PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA) (marabilloso libro sobre o noso patrimonio vexetal que xa recomendei en máis dunha ocasión)

Si queres máis información xeral sobre o castiñeiro visitade:
e si queredes máis información técnica non deixedes de visitar : http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/castinheiro.pdf
Porque
soy viejo.
Porque
soy un caído castiñeiro,
caracocha que yergue
sus hojas y su hueco.
Porque
tengo en mis espaldas
un fardo podrido de sueños.

(Antonio Tovar Bobillo)



E coma sempre non vos esquezades de coñecer, mirar, admirar, .... pero tampouco vos esquezades de respectar e non facer dano a estes avós centenarios que tanta historia teñen que contar a través das súas enrugas

21/1/08

Árbores do mundo (VI): O baobab

Hoxe vouvos traer unha árbore curiosa que pode vivir máis de 3000 anos e que ten un aspecto moi particular e que ademais sé moi literaria, pois é centro de numerosas lendas no seu lugar de orixe África e tamén é unha mala herba que se debe arrincar no planeta do principiño... : O BAOBAB.
A especie máis coñecida de baobab é a Adansonia digitata, típica da África Subsaxariana, pero hai outras en Australia e en Madagascar.
Todas as especies presentan formas moi peculiares e belas, así o baobab africano ten unha anchura moi grande que nada ten que envidiar ás grandes secuoyas, xa que pode superar os 10 metros de diámetro, eso si, é moito máis baixo, xa que rara vez supera os 20 metros de altura.
Como notas curiosas podemos dicir que é como un enorme tonel capaz de almacenar ata 120.000 litros de auga, ademáis os seus froitos son moi útiles para os pobos africanos, xa que son moi ricos en vitamina C. Da súa cortiza extraese unha fibra para fabricar cordas e cestos, as follas fervidas serven como alimento e incluso o polé é utilizado como pegamento.
Ademais os seus troncos cheos de ocos serven para usos múltiples: como almacén, establo, bar, casa...E cóntase que nun destes baobas situado a uns 300 km. de Johanesburgo (Sudáfrica), celebrouse unha festa no seu interior onde entraron 56 persoas, eso si, un pouco apretadas.
Esta foto correspóndese a un baobab endémico de Madagascar coñecido como Adansonia grandidieri que é un dos símbolos da illa e para moitos o máis fermoso de todos os baobabs. Pode medir 25 metros de altura e 3 de diámetro...
E aínda que se faga un pouco largo este post non podemos deixalo sen un pequeno fragmento do libro "O principiño" de Saint Exupery e que adico con todo cariño a Gracia que sei que é unha namorada deste libro e tal vez agora tamén o sexa dos baobabs e non os vexa como algo que hai que arrincar, senón máis ben admirar...

"Cada día aprendía algo sobre el planeta, sobre la partida, sobre el viaje; muy pausadamente, al azar de las reflexiones. Es así como el tercer día conocí el drama de los baobabs.
Fue de nuevo gracias al cordero, porque bruscamente el principito me preguntó, como asaltado por una grave duda:
- Es bien seguro, verdad, que los corderos comen arbustos ?
- Si, es cierto.
- Ah! Me alegro.
No entendí por qué era tan importante que los corderos comiesen arbustos. Pero el principito agregó:
- Entonces comen también baobabs ?
Le hice notar al principito que los baobabs no son arbustos sino árboles grandes como iglesias y que aunque se llevara toda una manada de elefantes, la manada no acabaría ni con un solo baobab.
La idea de la manada de elefantes hizo reír al principito:
- Habría que ponerlos unos sobre otros...
Pero señaló sabiamente:
- Antes de crecer, los baobabs comienzan siendo pequeños.
- Es verdad ! Pero por qué quieres que tus corderos coman los pequeños baobabs ?
Me respondió: "Bueno! Vamos!" como si fuera algo evidente. Y necesité un gran esfuerzo mental para comprender por mí mismo el problema.
Resulta que en el planeta del principito había, como en todos los planetas, hierbas buenas y hierbas malas. Por lo tanto buenas semillas de hierbas buenas y malas semillas de hierbas malas. Pero las semillas son invisibles. Duermen en el secreto de la tierra hasta que a una se le antoja despertarse. Entonces se estira, y extiende tímidamente hacia el sol una encantadora ramita inofensiva. Si se trata de una ramita de rábano o de rosal, se la puede dejar crecer como quiera. Pero si se trata de una maleza, hay que arrancarla en seguida, en cuanto se la pudo reconocer. Ahora bien, había unas semillas terribles en el planeta del principito... eran las semillas de baobab. El suelo del planeta estaba plagado de ellas. Y de un baobab, si uno se deja estar, no es posible desembarazarse nunca más. Obstruye todo el planeta. Lo perfora con sus raíces. Y si el planeta es demasiado pequeño, y si los baobabs son numerosos, lo hacen estallar.
"Es cuestión de disciplina, me decía más tarde el principito. Después de terminar la higiene matinal, hay que hacer con cuidado la limpieza del planeta. Hay que obligarse regularmente a arrancar los baobabs en cuanto se los distingue de los rosales, a los que se parecen mucho cuando son muy jóvenes. Es un trabajo muy fastidioso, pero muy fácil."
Y un día me aconsejó esforzarme en lograr un buen dibujo, para meter bien esto en la cabeza de los niños de mi tierra. "Si algún día viajan, me decía, esto les puede servir. A veces no hay problema en dejar el trabajo para después. Pero en caso de tratarse de baobabs, es siempre catastrófico. Conocí un planeta habitado por un perezoso. Había ignorado tres arbustos..."
Y con las indicaciones del principito, dibujé el planeta en cuestión. No me gusta adoptar un tono moralista. Pero el peligro de los baobabs es tan poco conocido, y los riesgos a correr por quien se pudiera perder en un asteroide tan considerables, que por una vez hago excepción a mi reserva. Digo: "Niños! Tengan cuidado con los baobabs !" Es para advertir a mis amigos sobre este peligro cercano, desconocido para ellos tanto como para mí, que trabajé tanto en este dibujo. La lección brindada bien valía la pena. Ustedes se preguntarán quizá: Por qué no hay en este libro otros dibujos tan grandiosos como el dibujo de los baobabs ? La respuesta es muy simple: lo intenté pero no lo pude lograr. Cuando dibujé los baobabs estuve animado por un sentimiento de urgencia. "

17/12/07

Árboles del mundo (III): Gingko

Fai 270 millóns de anos, moito tempo antes de que os primeiros dinosaurios camiñaran sobre o noso planeta, apareceron estes fósiles vivintes: os ginkgos. Na actualidade só sobrevive unha especie: Ginkgo biloba.
Son considerados fósiles vivintes que se salvaron da extinción polo cultivo que deles se fixo nos xardíns dos templos budistas de China, Xapón e Corea onde eran consideradas árboles sagradas. Na actualidade non se coñecen en estado silvestre e só se teñen noticias dos que foron cultivados pola man do home.
Esta marabillosa especie foi descuberta para o mundo ocidental en 1691 polo botánico alemán Kaempfer que viu algúns exemplares en xardins de mosteiros budistas xaponeses, de onde se trouxeron os primeiros exemplares que chegaron a Europa en 1717 e a América en 1758.

Pode superar os 40 metros de atura e vivir máis de 2000 anos. É unha fermosa árbore cunhas marabillosas follas en forma de abano que se volven amarelas en outono e que lle proporcionan un aspecto moi singular.

As súas aplicacións son moi variadas: mediciña tradicional, as sementes son comestibles, e como nota curiosa vouvos dicir que as follas eran utilizadas para preservar os libros de ataques de insectos e fungos, si, si como o oides as follas do ginkgo eran colocadas entre as palabras dos libros e ambos durmían alleos ós perigos mundanos.
Nos xardíns sólense plantar exemplares masculinos (é unha especie dioica con individuos masculinos e outros femininos), xa que as feimias dan uns froitos que desprenden moi mal olor ó pudrise.
Ademais e unha árbore resitente: as enfermidades, á contaminación, ó lume, as baixas temperaturas e incluso a radiactividade. Sábese que cando o 6 de agosto de 1945 caeu sobre Hirohima a Little boy (primeria bomba atómica) un ginkgo que se atopaba nun mosteiro budista a 1 Km do lugar do impacto quedou totalmente destrozado, pero este fósil vivinte non estaba disposto a morrer sen loitar e na primareva seguinte o vello gikgo brotou de novo e aínda hoxe a árbore segue viva (Foto Cor Kwant), e ó seu pe pódese ler unha inscripción que reza: "NON MAIS HIROSHIMAS".

En Galicia os ginkgos máis sobresaíntes están no Xardín Botánico de Fonseca que se supón foron plantados na segunda metade do século XIX (Máis información en árbores monumentales del patrimonio cultural de Galicia de Rodríguez Dacal y Jesús Izco)

Como podedes observar todo un supervivinte, así que cando os vexas pensa neles cun pouco de respecto e préstalles moita atención, tal vez descubras entre o susurro das súas follas unha bonita historia de .... A IMAXINACIÓN POLA TI...

11/12/07

Árbores do mundo (II): Faia

Ollo do río!
Barbas de mofo e lidrio !
Alta faia con redroma !
Non miro máis que a sombra

Uxío novo neira (os eidos)
Hoxe imos coñecer outra fermosísima árbore, quen non está moi extendida por Galicia (anda no límite da súa area de distribución), onde só, por zonas do Caurel e de Ancares, se poden ver de forma representativa. Estou a falar da Faia ou Fagus sylvatica L. que é como se coñece botánicamente. Os seus parentes próximos son os carballos (Quercus) e castiñeiros (Castanea) máis típicos e representativos do noso país e dos que haberá tempo de falar outro día.
A nosa compañeira de viaxe é unha árbore de gran porte puidendo acadar os 40 metros de altura, gústanlle as ladeiras norte das zonas montañosas e non é moi esixente co solo. Máis que coma árbore en solitario, como máis lle gusta estar é en familia formando bosques marabillosos que en outono se tinguen de cores amarelas, pardas e marróns que dan a paisaxe unha singular beleza que atrae e o mesmo tempo desperta os nosos medos acurrucados no máis profundo do bosque, medos cheos de humidade e sons que se agochan no lado oscuro da nosa fantasía.
As faias favorecen a productividade do pasto, conservan a humidade baixo a súa copa e producen uns froitos que serviron durante moitos séculos para alimentar o gando, tamén a súa follaxe foi utilizada antigamente como cama para o gando e como abono orgánico para as terras, ademais foi usada para leña, para producir carbón e é moi apreciada como madeira para mobles e outros usos... ou sexa que se aproveita todo...
Hai moitas variedades de faias que se usan como ornamentais: hainas péndulas, purpúreas, choronas, amarelas... A que estades a ver na foto é unha variedade tortuosa que é bastante rara pero se pode atopar nalgúns lugares de Centroeuropa, e que se supón que é unha mutación. Hai outras que tamén son moi fermosas e serven como reclamo turístico como a Faiona de Eiros (Asturias), que para os habitantes do pobo é como da familia, non en vano "sempre estivo alí" e incluso os máis vellos do lugar sempre a recordan así grande e maxestuosa.
En Galicia tamén atopamos exemplares de moitos anos (andan todas máis ou menos por mediados do século XIX, é dicir unhas reais avoas), como: A Faia do mosteiro-pazo de San Lourenzo en Santiago , a do Pazo de Antequeira en Rois- A Coruña , a do Pazo de Santa Cruz en Ortigueira-Vedra-A Coruña, as do Pazo de Castrelos en Vigo cun aspecto espléndido a pesar da densa arboreda do entorno coa que compiten, a do Pazo de A Mercede - As neves- Pontevedra(esta é unha faia de cor púrpura), a do Pazo de Torrecedeira en Redondela - Pontevedra (tamén de cor púrpura)... (ver máis información en Árboles monumentales en el patrimonio cultural de Galicia de Rodriguez Dacal e Jesús Izco).

Nos vos esquezades de visitar as que poidades son un espectáculo, en primaveira (en plena gromación), en verán (en todo o seu explendor), en outono (coas súas cores marabillosas) e en inverno (espidas e onde mostran a súa estructura anclada en séculos de historia). Son o noso patrimonio vexetal, miradeo, coidadadeo e transmítedeo.

Esta reflexión adicámoslla con cariño a Charo do IES Sánchez Cantón, que o outro día deixounos una petición de falar sobre esta árbore que a ela lle gusta especialmente.

3/12/07

Libros e árbores

Hoxe vouvos presentar un marabilloso libro para ter e para regalar agora que se acercan estas datas tan sinaladas e que ninguén sabe que facer cos cartos que nos sobran por todas partes, tal vez (e digo só tal vez) vos apetezca invertilos neste libro, que non para ler dunha tirada pero é para levar cando viaxas por Galicia porque che vai mostrar sitios que non coñeces e que ademais gardan un tesouro agochado: AS ÁRBORES MONUMENTAIS GALEGAS.

Este libro titulado Árboles Monumentales en el patrimonio cultural de Galicia está escrito por Jesús Izco e por Carlos Rodríguez Dacal a quen teño o pracer de coñecer e que foi un dos meus mestres, que me fixo coñecer e por tanto amar (creo que non amas aquelo que non coñeces) ós pazos, os xardíns e por suposto ás árbores. Este home, profesor de instituto, é por riba de todo un namorado da natureza, da vida, traballador infatigable e incansable que despois de xornadas enteiras pateando xardín tras xardín aínda avanza con forza o primeiro e nos guía os demais polos sendeiros da CULTURA BOTÁNICA.

Pois eso descubride este marabilloso libro, perfectamente documentado, con marabillosas historias de árbores, cunha presentación cuidadísima e con mogollón de traballo detrás (anos e anos). Ademais é un libro que nos temos na nosa biblioteca e ADICADO POLO AUTOR, case nada...

1/12/07

Árboles do mundo (I): Sequoia

Hoxe vouvos falar dunha das miñas grandes pasíóns: AS ÁRBORES. E en concreto da especie máis alta sobre a terra: Sequoia sempervirens (D.Don) Endl.
Na actualidade son os únicos árbores vivos que superan os 100 metros de altura (si exceptuamos un abeto de Douglas de 100,27 m.), e ademáis non é unha situación excepcional xa que en EEUU hai docenas de sempervirens con alturas superiores a 105 m.

O exemplar máis alto coñecido (de momento) é un exemplar descuberto no ano 2000 en Humboldt Redwoods State Park un xigante de 112,34 m. ó que chamaron Stratosphere Giant.
A sequoia vermella é orixinaria da Costa Oeste de EEUU dende Oregon a California e debe o seu nome ó xefe indio Sequoyah (1776-1843), inventor dun sistema de escritura cherokee, aínda que sexa probable que nunca vira un exemplar da árbore xa que viviu en Tenessee a miles de kilómetros da Costa californiana.

Esta espcie foi introducida en Europa en 1843, e polo seu alto valor ornamental está moi difundida en parques e xardíns, aínda que como podedes supoñer aínda non tiveron tempo de acadar os enormes tamaños das súas irmáns americanas, pero aínda así hai algunha que apunta maneiras como a situada no Castelo de Sotomaior en Pontevedra, catalogada como árbore monumental do patrimonio cultural de Galicia
A súa aparienica arcaica e o aire de misterio que as rodea foron aproveitados pola industria do cine como por George Lucas para recrear ó planeta Endor en Retorno do Jedi , ou Steven Spielberg que ambientou en Prairie Creek Redwoods State Park os seus escenarios prehistóricos de Parque Xurásico.