25/2/10

CONTRA O VENTO

Título: Contra el viento
Autora:
Ángeles Caso

Editorial:
Planeta (Premio Planeta 2009)

En Biblioarzúa

Unha historia que fala dunha ilusión, un cataclismo, un renacer á loita, un inmenso desastre e finalmente unha porta aberta á esperanza nalgúns homes e nun mundo de oportunidades.

É a historia de São unha muller loitadora dende sempre, que atopa ao longo da súa vida a outras mulleres polo camiño que lle servirán de apoio e ás veces de trampolín fronte aos medos, cando a punto de converterse nunha pobre muller desfeita consigue rebuscar á valente e xusta, que sempre estivo no seu interior e que creceu chea de fortaleza e solidez.

En definitiva, unha historia de mulleres asentadas na terra, desas que poden tal vez tambalearse se alguén as empuxa, pero que nunca caerán.

23/2/10

CORDELÚA

Aproximámonos á celebración do Día Internacional da Muller, e por iso vou propoñervos unha serie de libros de autoras ou que traten temas da muller ata esa data.

Hoxe preséntovos un libro que será coñecido para moitos, no noso IES está como lectura recomendada, e dentro da literatura xuvenil eu, cando o lin, gustoume.

Lenda medieval mesturada cunha historia actual na que os protagonistas deben asumir o pasado xa sucedido para os verdadeiros artífices do libro (aqueles que viviron na Edade Media) dunha maneira orixinal e chea de fantasía.

Unha espada vai enlazar dous mundos tan diferentes e á vez paralelos para poder pechar vellas feridas e para tentar ao amor.

Con CORDELÚA , Elia Barceló gañou o premio Edebé de Novela Xuvenil.

1/2/10

Día da paz no Insti

No Instituto imos celebrar a Paz.
  • Hoxe luns imos colocar por toda a entrada textos de paz, son os mesmos que recompilamos neste issu.
  • O martes sacamos da biblioteca pelis e libros que falan de guerra e paz e que foron seleccionados polo alumnado.
  • O mércores no segundo recreo teremos un acto de paz, onde alumnos e alumnas do centro van recitar poemas e interpretar algunhas pezas musicais.
  • Tamén o mércores proxectaremos dúas películas: Persépolis para primeiro e segundo da ESO e Camino a Guantánamo para terceiro e cuarto.
Aquí queda esta recompilación como inicio dunha semana de paz: