Mostrando entradas con la etiqueta Astronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Astronomía. Mostrar todas las entradas

6/6/14

Novidades astronómicas

Non está claro como acabou a Lúa ahí, en órbita da  Terra. Existen varias teorías sobre o tema. A teoría máis recente di que é o resultado da colisión entre a proto-Terra e outro xigantesco obxecto cuxos restos se agregaron formando a Lúa. Esta é a teoría máis aceptada. E resulta agora que uns científicos alemáns acaban precisamente de dar cunha  proba que a sostén. Trátase dos resultados de novas análises que realizaron con rochas que trouxeron os astronautas do programa Apollo nas que se distingue a firma química distintiva de algo diferente da Terra, que debeu ser ese gran obxecto coprotagonista do impacto. Ainda  que non  se tiña atopado rastro de el, os científicos mesmo xa o tiñan  bautizado: Theia. Temos máis imaxes impactantes -como a que vedes aquí- nos libros de astronomía que vimos de mercar para a nosa biblioteca.

11/3/08

O home que foi quen de medir a terra coa súa cabeza...

Antes de que Magallanes e Elcano desen a primeira volta ó mundo no século XVI, moitos aínda pensaban que a terra podía ser plana. Resulta asombroso pensar que, case 2000 anos antes, os gregos non só achegaron probas convincentes da súa efericidade, senón que incluso un deles ERASTÓSTENES, conseguiu calcular o seu tamaño (máis ou menos polo ano 255 a.c.). Eratóstenes nos seus estudos dos papiros da biblioteca de Alexandría (da que foi director) atopou un informe de observacións en Siena (a uns 800 Km. ó sureste de Alexandría, no que se dicía que os raios solares ó caer sobre unha vara o mediodía do solsticio de verán non producían sombra. Entón o noso pensador realizou as mesmas observacións en Alexandría e asumiu (de forma correcta) que si o sol se atopaba a gran distancia, os seus raios ó alcanzar a terra debían chegar en forma paralela si esta era cha, segundo se creía naquela época, e non se deberían atopar diferencias entre as sombras proxectadas polos obxectos á mesma hora do mesmo día, independentemente de onde estiveran.
Pero, Erastóstenes, observou que si había diferencia. Deste xeito deduciu que a terra non era cha e utilizando a distancia coñecida entre as dúas cidades e o ángulo medio das sombras calculou a circunferencia da terra nuns 39690 quilómetros. E o máis asombroso de todo e que está increiblemente próxima á considerada correcta na actualidade, eso si, sen utilizar sofisticadas tecnoloxías para facer esa medición (errou en menos do 1%).

Erastótstenes fíxoo só coa súa intelixencia e coa súa cabeza, demostrando que a cabeza serve para algo máis que para lucir enriba dos ombreiros.

¿Que vos parece? Como dice unha vella canción que me cantaba a miña avoa:

Tan tan tan tan tantarintiña
o que non pensa
non ten cabeciña.
Tan tan tan tan tantarontola
o que non pensa
non ten cabezola.

ASI QUE XA SABEDES A PENSAR E A UTILIZAR ESA MARABILLOSA MÁQUINA QUE É O CEREBRO