25/9/22

O XOGO DO MILLONARIO EN BIBLIOARZÚA

Esta actividade tan molona non nos deu tempo de subila o ano pasado...pero aquí vai.

Moitas gracias Solidariedade Internacional de Galicia por vir vernos e adicarnos unha mañán co xogo do millonario no noso IES . Foi unha gran oportunidade para traballar o ODD 10: redución das desigualdades. Aprendemos cal é a diferencia entre a proxección MERCATOR e o MAPA DE PETERS ( o que non trouxo María Caride) para representar a superficie da terra e mesmo nos trouxo unha mostra da planta do cacao e degustamos chocolates de comerco xusto procedentes de sudamérica. 

Deixámosvos algunhas fotos de mostra. Se queredes velas todas, clickade no enlace arriba





21/9/22

Biblioarzúa comprometida coa AXENDA 2030- REPARA e CONSUME RESPONSABLE

 Chegar á biblio e atoparte con esto É UNHA LEDICIA!!! Un cómic destrozado??? NON. Algún activista medioambiental pasou por biblioarzúa.

Algo estamos facendo ben cando a comunidade educativa se preocupa por darlle unha vida máis longa ós libros e reducir o consumo. Tomamos nota e pasámosllo ó alumnado de FP Básica de Administrativo para que xunto á súa profe Laura o repararán. 




OS PRIMEIROS SON O PRIMEIRO- 1 ESO A

 Comezamos as Sesións de acollida de novos usuarios de Biblioarzúa. O martes 20 de setembro tocoulle pasar pola biblio a 1º ESO A. 

12+1 cativos e cativas percorreron a sala para familiarizarse coa colocación dos fondos dispoñibles na biblioteca, falamos dos xogos, charlas, obradoiros e torneos que imos ter este Curso 2022-23 e ainda nos quedou tempiño para ver un paqueno vídeo motivador, xa que "We all need a little encouragement every now and then" .







Iago, Noel, María, Hugo, Gilherme, Aroa, Yoel, Ramón, Amaia, Xabi, Daniel e Celia. Bo curso a todos e todas e esperamos vervos a bordo pronto!!!!

12/9/22

BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA

 O alumnado voluntario, Nerea, Rocío e Sara,  volta con ganas e xa se puxeron máns á obra para retomar o Bookcrossing "Arzúa, cruzamento de libros, cruzamento de camiños".

A volta á normalidade permitiunos interactuar cos pelegríns cos que nos atopamos camiño das casetas. Explicáronlle en que consistía a actividade e mesmo se fixeron cun dos libros liberados. Grazas José de Xerona e Mateo de Italia. Moitas grazas e bo camiño!!!


11/9/22

"O BO CAMINO, THE GREEN WAY"

O venres 9 aproveitamos xa para xuntarnos co equipo de voluntariado da biblioteca, que ven con moita ganas.

Aproveitando o diazo que estaba quixemos aproveitar os últimos coletazos do verán e fomos visitar a actividade ARTE NA RÚA , que forma parte da programación cultural de verán do Concello de Arzúa.


Coñecemos a Cristina Carballedo Penelas como comisaria da exposición,  a 15 artistas galegas e galegos(Violeta Bernardo, Manuel Carballeira, Juan García, Andrés González, Miguel Anxo Macía, Adolfina Mesa, Montse Pernas, Manuel Rodríguez, Laureano Vidal, Lomarti, Mila Vázquez, Novais, y de los artistas arzuanos Rebeca Novo, María José Plata e Silvática) que representan nas súas obras en diferentes disciplinas os diferentes aspectos do Camiño de Santiago.

 que crearon toda a mañá obras en directo no contorno da capela da Madalena (Arzúa). Estes artistas participaron na exposición "BO CAMIÑO"  que recibiu MAIS DE 3.700 VISITAS no mes de agosto....pena non poder ter levado óa cativos a vela.

 CLICANDO AQUÍ VERÁS O ENLACE Á NOTICA DE PRENSA

















BENVIDA Ó CURSO 2022-23

 Xa, xa.....xa sabemos que temos o blog algo desactualizado. De feito, iremos subindo "ós cachiños" algunha das actividades (TODAS É IMPOSIBLE!!!) que fixemos dende xaneiro. QUEDA PROMETIDO!!!!

Este Curso 2022-23 arrincámolo cheos de ILUSIÓN con idea de chegar a converter Biblioarzúa no "eixo sobre o que xire a vida do IES"..ASÍ DE AMBICIOSOS SOMOS!!!!


BO COMEZO A TODOS E PASADE A VISITARNOS PARA VER QUE SE COCE.


10/9/22

ARZÚA, CRUZAMENTO DE CAMIÑOS, CRUZAMENTO DE LIBROS

Na primavera do curso pasado(2021-22) comezou a súa andaina o  proxecto de fomento da lectura Bookcrossing de Arzúa “Arzúa, cruzamento de Camiños, cruzamento de libros”, organizado polo concello e a nosa biblioteca. Foi todo un éxito!!!! deixámosvos fotos de como se xestou a actividade, como non, grazas ó ALUMNADO VOLUNTARIO DE BIBLIOARZÚA!!! 

 #iesdearzua #cruzamentodelibros @cultura.arzua

podedes acceder ó post de Instagram da inauguración e ós vídeos que preparou o voluntariado para promocionar a actividade e as casetiñas tan bonitas qu eencargou o Concello de Arzúa.