12/9/22

BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA

 O alumnado voluntario, Nerea, Rocío e Sara,  volta con ganas e xa se puxeron máns á obra para retomar o Bookcrossing "Arzúa, cruzamento de libros, cruzamento de camiños".

A volta á normalidade permitiunos interactuar cos pelegríns cos que nos atopamos camiño das casetas. Explicáronlle en que consistía a actividade e mesmo se fixeron cun dos libros liberados. Grazas José de Xerona e Mateo de Italia. Moitas grazas e bo camiño!!!


No hay comentarios: