28/10/21

CIBERSEGURIDADE NO COLE

 Dende BIBLIOARZÚA preparamos unha sesión formativa para o alumnado de 2º de ESO para presentarse á fase inicial do  Concurso “CIBERSEGURIDADE NO COLE!”. Con esta sesión, queremos concienciar o alumnado do importante que é ser precavidos, tanto cos  teléfonos móbil coma cos ordenadores para previr os ataques dixitais maliciosos 

preme aquí   ou preme aquí para prepararte!!!!! vémonos na vosa hora de titoría!!!!

Preparamos para vos o xogo "O QUE DEBES SABER", que estará á vosa disposición na biblioteca

Vémonos o xoves 4....e tentaremos chegar á  fase final do día 10!!!



27/10/21

FORMACIÓN USUARIOS 1º ESO

Ata BIBLIOARZÚA  achegouse Diana, que dirixe o EDLG. Viña acompañada polo alumnado de 1º ESO. Explicámoslle como está organizados os fondos da nosa biblioteca, as normas a seguir e outras actividades que na bilioteca se poden realizar: películas, xogos educativos, mandalas, origami ou lettering.

Como remate, todos foron agasallados cunha chapa e un marcapáxinas da biblioteca.

Deixamos unhas fotos da sesión de formación







VOLTAMOS CO XADREZ


Ainda que a BIBLIOARZÚA anda en proceso de remodelación, sempre hai un oco para exercitar o cerebro cunha partida de xadrez.

21/10/21

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

O 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS e en BIBLIOARZUA queremos que sexa un día especial. 
Pasa o venres 23 pola biblio, leva un libro ou película en préstamo e levarás un pequeno agasallo.

SEGUIMOS CO EXPURGO...

Moitas grazas Leonor por colaborar con nos no expurgo. Esta vez foi o turno de FÍSICA E QUÍMICA. Como desfrutamos vendo as marabillas de libros dos anos 80... que dende logo serán colocados nun merecido rincón de "xoias de biblioarzua" para desfrute de todos... E DEIXARAN ESPAZO PARA NOVAS ADQUISICIÓNS. Grazas LEONOR. Un pracer contar contigo

18/10/21

Día das escritoras - 18 de outubro de 2021

 

Para conmemorar o día das escritoras, tivemos o gran pracer de escoitar, o tempo dun recreo, a nosa compañeira Eva Duarte, profesora de Inglés e especialista en literatura de xénero, que quixo compartir con nos unha das súas pasións: a obra e vida de Mary Shelley, autora con só 18 anos, da novela gótica "Frankenstein ou o moderno Prometeo "(1818), considerada a primera novela de ciencia ficción moderna e que consegue inaugurar o xénero.

Como agradecemento, o alumnado de 2º de FP de Agroxardinaría e composición floral preparoulle, baixo a atenta mirada do seu profesor, Carlos Iglesias , un centro de agasallo.

Agradecemos tamén ao alumnado e profesorado por achegarse ata a biblioteca  a coñecer un pouco máis esta autora​.











17/10/21

FORMACIÓN USUARIOS ALUMNADO FP AGRARIA

 A profesora de FP de Agraria, Silvia  Mira



veunos visitar co seu alumnado para que coñecesen os fondos da biblioteca e o funcionamento do sistema de préstamo. Amosámosvos o ledos que estiveron e o bo ambiente de traballo....e xa aproveitaron para levar algún manual sobre aves, insectos e pesca. 

BENVIDA Ó CURSO 2021-22

 Arrincamos este curso 2021-22 con traballos de reorganización de espazos na biblio, e tivémosvos algo abandoados nas redes sociais.

Paseniño, paseniño, parece que a emerxencia sanitaria vai remitindo. Ainda CON SENTIDIÑO, ides pasar pola biblio a miudo, e convén recordamos cales on as NORMAS DA BIBLIOTECA.  



Na biblio podedes coller un tríptico e levalo sempre con vos.