Mostrando entradas con la etiqueta humor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta humor. Mostrar todas las entradas
27/9/09
10/4/08
O libro que merquei onte...
Onte estiven na feira do libro de Santiago, que por certo este ano contaba con pouquísima participación de librerías... Din que o sistema da feira esta esgotado, caduco... non podo estar máis de acordo, pero non podo tampouco deixar de acudir ano tras ano...
Este ano fun cun colega e mercamos un libro para un amiguiño noso... é xoven... e os videoxogos teñenlle sorbido o seso... asi que...
Este ano fun cun colega e mercamos un libro para un amiguiño noso... é xoven... e os videoxogos teñenlle sorbido o seso... asi que...
23/10/07
Bibliotecas Escolares si, por favor
Maña 24 de outubro, celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e dende a biblio non vos imos a aburrir con ningunha historia sobre a importancia (que a teñen)
das bibliotecas, só nos imos remitir ó que di Michael Gorman sobre elas como unha nova forma de ler as cinco leis da ciencia bibliotecaria enunciadas por Ranganathan ¿lembrades que falamos del fai pouco?. Son istas:
das bibliotecas, só nos imos remitir ó que di Michael Gorman sobre elas como unha nova forma de ler as cinco leis da ciencia bibliotecaria enunciadas por Ranganathan ¿lembrades que falamos del fai pouco?. Son istas:- As bibliotecas serven á humanidade.
- Respectar todas as formas en que se transmite o pensamento.
- Usar a tecnoloxía intelixentemente para mellorar o servizo.
- Protexer o acceso gratuíto ó coñecemento.
- Honrar o pasado e crear futuro
Ademais ofrece algúns pensamentos para que os bibliotecarios os ponderen mentras abrazan ó futuro:
Recordade que o servizo ás persoas e ás comunidades é a razón primaria para a existencia das bibliotecas.
Recoñecer que o coñecemento e o entendemento, non os datos e a información, son o interese primordial das bibliotecas.
Defender ós principios éticos da bibliotecoloxía (acceso igual ós materiais e recursos, servizos, cooperación e libertade intelectual
Enorgullecerse da forma en que os bibliotecarios/as e as bibliotecas honraron a súa misión durante séculos e aceptaron o peso desa misión, esa eterna misión de coleccionar, preservar, organizar e diseminar os documentos onde constan o coñecemento e a información para a humanidade e proveer servizos ás persoas basados nestos documentos. (Información recollida de Margarita Mercado Cortés)
Dende Arzúa, mañá e aproveitando esta celebración, inauguramos unhas novas seccións que esperemos sexan do voso interese:


Libros que entran pola vista
Grandes bibliotecas
Novidades na entrada
Non morde é só ciencia
Lecturas a medianoite... cóntanos os teus libros favoritos (empezamos polos profes)
Extraído de: Gaturro I / Nik. — Buenos Aires : Catapulta, cop. 2005 – ISBN 987-1078-49-8
21/10/07
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

