29/11/22

VOCES NA BIBLIO IVÁN GARCÍA "IVALOTELLI" VISITA BIBLIOARZÚA

O pasado luns 28 de novembro recibmos a segunda visita nas "VOCES NA BIBLIO". O ex-alumno do noso IES Iván García foi o escollido polo alumnado para que viñese pasar unha sesión con eles e nos contase a súa traxectoria. Ainda que no seu paso polo IES de Arzúa non se caracterizou por ser un estudiante "modélico", Ivan foi quen de sacar partido das súas cualidades persoais e adícase á súa paixón: o futbol. Actualmente compaxina o seu traballo coma dianteiro na SD O Pino, co traballo de adestrador do equipo cadete do Eda Arzúa e como afinador en Galmesán "ese queso....y de Galicia", traballo que consiste en coidar, mimar, voltear e cepillar os queixos, é dicir, decidir cando o queixo está no momento de maduración adecuado para sair ó mercado. O alumnado ó que entrena deulle unha agarimosa acollida. O departamento de economía aproveitou para estudar as características do emprendedor. Moita sorte e grazas por adicarnos o teu tempo.Canto disfrutaron os seus superfans!!!

No hay comentarios: