2/12/25
BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA- CONTOS MEDIOAMBIENTAIS NO CEIP DE ARZÚA
Neste curso repetimos a visita ao CEIP para falar do medio ambiente a través de contos. Participou o alumnado de 1º CS Xestión Forestal Natural ordinario e de dual, que traballaron sobre diferentes problemáticas ambientais no módulo Técnicas de Educación Ambiental coa profesora Silvia Calvo. De novo o conto dos tres porquiños explicado en clave ambiental foi un éxito entre a rapazada. A loita de Mogli e os seus compañeiros da selva para salvala da industria do aceite de palma tamén gustou moito. As novas propostas sobre o conto da Serea e a abella Maia foron recibidas tamén con moito entusiasmo. Sentímonos moi ben acollidos polo alumnado e profesorado do colexio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



No hay comentarios:
Publicar un comentario