31/5/26

EXPOSICIÓN DE CAIXAS SORPRESA PARA ACHEGARNOS Á LITERATURA

O alumnado de 1º da ESO achéganos á literatura galega de forma creativa deseñando caixas sorpresa sobre os libros de lectura. Dentro contiñan obxectos relacionados coa súa trama. Todas elas moi chulas, diferentes, atractivas para os ollos máis curiosos. Sodes quen de imaxinar a historia que se agocha detrás? Axúdamos a resolver o enigma indicando os nomes dos libros que representan: Corazón de chocolate, de Jaureguizar; Formigas. Misión Entroido, de Pere Tobaruela; As músicas viaxeiras, de Ramón Caride; Os Megatoxos, Os Megatoxos e os templarios da luz, Os Megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña. O segredo do pan, de Pepe Cáccamo.

No hay comentarios: