31/5/26

PROXECTO "O PRACER DA LECTURA: RUTA DE SENDEIRISMO LITERARIO"

Este curso arrincamos co proxecto "O PRACER DA LECTURA: RUTA DE SENDEIRISMO LITERARIO". Na contorna actual no que o hábito lector se enfronta a múltiples desafíos por culpa das novas tecnoloxías e a inmediatez dixital, este proxecto busca reconciliar aos estudantes de ESO e Bacharelato co pracer da lectura e o interés pola biblioteca escolar. Trátase dun percorrido por todo o centro escolar, incluídos os exteriores con grandes extensións de xardinería, sinalizado como unha ruta de sendeirismo, onde cada parada ou "estación literaria" presenta unha proposta relacionada con libros ou autores e árbores, plantas o arbustos que o alumnado vai ir encontrando. O centro escolar transfórmase así nunha ruta de sendeirismo literario que convida a camiñar, descubrir, ler, e compartir. O proxecto ten un carácter transversal: involucra a arte, a literatura, a creatividade, a expresión oral e escrita, así como o traballo cooperativo. Ademais, converte o espazo físico do instituto nun mapa literario e botánico vivo, co obxectivo final de conducir ao alumnado a redescubrir a biblioteca como un lugar atractivo e cheo de posibilidades. Seguiremos informando!!!

No hay comentarios: