11/12/22
"tan lonxe, tan preto" PROXECTO INTERCULTURAL
Sabedes de cantas nacionalidades distintas podemos presumir das que temos alumnos no IES? nin máis nin menos que.....as que atopes nesta presentación!!!!! Así tamén te enteras de que vai este proxecto!!
Adiantámosvos que arrincamos con MÉXICOOOO!!!!
NADAL SOSTIBLE
achégate pola biblio os nartes e xoves no recreo e participa nos OBRADOIROS DE RECICLAXE que vo stemos preparados
eco, eco, eco....RETO 1 SUPERADO
Qué contentiños andamos por Biblioarzúa!!!!! o reto que completamos ENTRE TODOS no IES acadou unha puntuación de 39 PUNTAZOS.... e estamos clasificados como 2ºs na provincia da Coruña. 280,55 KG DE CO2 evitados e 1, 44 litros de auga aforrados anímannos a continuar. Bravo rapaces!!!
10/12/22
recomendacións lectoras para nadal
Ola "Biblioarzuanos", aquí tedes as recomendacóns lectoras para este nadal. Pasade a recoller o voso exemplar
8/12/22
IMOS DE COMPRAS....RESPONSABLEMENTE
Porqué mercar libros para casa se os podo pedir prestados da BIBLIO? Merca con sentidiño e axúdanos a mercar a nos. Se nos dis o que queres ler, BilioArzúa mércao para ti e para todos, dando así unha máis longa vida ós produtos adquiridos.
Anímate a pedir!!! É moi sinxelo. Pasa pola biblio ou cubride o exemplar que tedes nas clases. Cubrídeo entre varios e entregádeo na biblio a algún profe ou a algún voluntario ou voluntaria.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO CONCURSO DE POSTÁIS DE NADAL
Achégase o nadal e en BiblioArzúa queremos celebralo máis ca nunca. Convocamos un ano máis o xa tradicional CONCURSO DE POSTÁIS DE NADAL. Seguide as instrucións e entregade a vosa postal na biblio antes do 20 de decembro.
Haberá premios para as categorías de:
- mellor postal dixital
- mellor postal en papel
29/11/22
REMATOU O TORNEO DE XADREZ
O pasado xoves 25 de novembro rematou o I torneo de xadrez do curso. Miqueas Garay fíxose coa victoria ó derrotar a Jano despois dunda ben interesante partida. Ó remate, biblioarzúa quixo ter un pequeno detalle con todos os participantes e un recordo especial para Hugo Mera, o organizador do torneo. Hugo foi agasallado coa maravillosa novela de Stefan Zweig "novela de ajedrez", onde o verdadeiro protagonista, como non podía ser de outra maneira, é o xadrez. Moitas grazas a todos pola vosa implicación nas actividades da biblio. Vémonos pronto.
VOCES NA BIBLIO IVÁN GARCÍA "IVALOTELLI" VISITA BIBLIOARZÚA
O pasado luns 28 de novembro recibmos a segunda visita nas "VOCES NA BIBLIO". O ex-alumno do noso IES Iván García foi o escollido polo alumnado para que viñese pasar unha sesión con eles e nos contase a súa traxectoria. Ainda que no seu paso polo IES de Arzúa non se caracterizou por ser un estudiante "modélico", Ivan foi quen de sacar partido das súas cualidades persoais e adícase á súa paixón: o futbol. Actualmente compaxina o seu traballo coma dianteiro na SD O Pino, co traballo de adestrador do equipo cadete do Eda Arzúa e como afinador en Galmesán "ese queso....y de Galicia", traballo que consiste en coidar, mimar, voltear e cepillar os queixos, é dicir, decidir cando o queixo está no momento de maduración adecuado para sair ó mercado. O alumnado ó que entrena deulle unha agarimosa acollida. O departamento de economía aproveitou para estudar as características do emprendedor. Moita sorte e grazas por adicarnos o teu tempo.Canto disfrutaron os seus superfans!!!
25/11/22
E ESTA PENDEMIA?
fomos quen de vivir e esquecer momento ben complicados, pero na nosa biblioarzúa non podemos esquecer esta outra pandemia:a necesidade de lograr unha verdadaira IGUALDADE DE XÉNERO, loitando conra as desigualdades e a violencia.
O equipo de biblioteca montou un expositor con libros relacionados co tema, que sempe convén revisar. Non vos esquezades de vir a vernos. Ademáis, a nosa imparable Alicia fixo esta marabilla de traballo co seu alumnado de FP básica das familias de Agraria e Administrativo.
Seguimos escribindo a biblioteca
deixamos aquí enlace ó album de actividades de outros anos.
19/11/22
eco, eco, eco....
Biblioarzúa xa deixou a súa pegada no concurso "generación ECO", by Ecovidrio. El Eco que progresa adecuadamente.
Este ano "escribimos as bibliotecas" , lema ban acaído para escribir o primeiro reto " LAS RAÍCES DEL VIDRIO". Moitas grazas rapazada e compañeir@s por axudarnos a estar ahí, tentanto escribir un relato con final feliz.....O MUNDO QUE QUEREMOS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















