25/2/10

CONTRA O VENTO

Título: Contra el viento
Autora:
Ángeles Caso

Editorial:
Planeta (Premio Planeta 2009)

En Biblioarzúa

Unha historia que fala dunha ilusión, un cataclismo, un renacer á loita, un inmenso desastre e finalmente unha porta aberta á esperanza nalgúns homes e nun mundo de oportunidades.

É a historia de São unha muller loitadora dende sempre, que atopa ao longo da súa vida a outras mulleres polo camiño que lle servirán de apoio e ás veces de trampolín fronte aos medos, cando a punto de converterse nunha pobre muller desfeita consigue rebuscar á valente e xusta, que sempre estivo no seu interior e que creceu chea de fortaleza e solidez.

En definitiva, unha historia de mulleres asentadas na terra, desas que poden tal vez tambalearse se alguén as empuxa, pero que nunca caerán.

23/2/10

CORDELÚA

Aproximámonos á celebración do Día Internacional da Muller, e por iso vou propoñervos unha serie de libros de autoras ou que traten temas da muller ata esa data.

Hoxe preséntovos un libro que será coñecido para moitos, no noso IES está como lectura recomendada, e dentro da literatura xuvenil eu, cando o lin, gustoume.

Lenda medieval mesturada cunha historia actual na que os protagonistas deben asumir o pasado xa sucedido para os verdadeiros artífices do libro (aqueles que viviron na Edade Media) dunha maneira orixinal e chea de fantasía.

Unha espada vai enlazar dous mundos tan diferentes e á vez paralelos para poder pechar vellas feridas e para tentar ao amor.

Con CORDELÚA , Elia Barceló gañou o premio Edebé de Novela Xuvenil.

1/2/10

Día da paz no Insti

No Instituto imos celebrar a Paz.
  • Hoxe luns imos colocar por toda a entrada textos de paz, son os mesmos que recompilamos neste issu.
  • O martes sacamos da biblioteca pelis e libros que falan de guerra e paz e que foron seleccionados polo alumnado.
  • O mércores no segundo recreo teremos un acto de paz, onde alumnos e alumnas do centro van recitar poemas e interpretar algunhas pezas musicais.
  • Tamén o mércores proxectaremos dúas películas: Persépolis para primeiro e segundo da ESO e Camino a Guantánamo para terceiro e cuarto.
Aquí queda esta recompilación como inicio dunha semana de paz:

29/1/10

Que non falte a PAZ

Nesta víspera do día da paz, só presentarvos este video impresionante de youtube para reflexionar sobre o terrible da guerra. É temendo e demoledor.
PAZ, PAZ, PAZ...... PAZ que no falte e que sexamos capaces de facer PAZ.

28/1/10

Recordando Auschwitz

Onte foi o aniversario da entrada das tropas soviéticas no Campo de concentración de Auschwitz, un dos lugares máis representativos do terror nazi.
Neste lugar fixéronse investigacións con humanos que non se farían nin con animais, morreron miles e miles de xudeus, xitanos... Foi, igual que no resto de campos de concentracións nazis, un lugar para o exterminio dunha raza, ata o punto que incluso, necesitando as tropas que estaban destacadas nestes lugares para o combate, pois se estaba perdendo a guerra, seguiron coas súas prácticas e co obxectivo fixo de matar o maior número de xudeus posible. Aproveitaron ata o último minuto, incluso antes de fuxir, cando as tropas soviéticas estaban ás portas do campo de concentración, fixeron "a comida" envelenada, co fin de que os pobres famentos fosen a comer de por suposto morreran... toda unha maquinaria de matar.
Hoxe en día algúns están facendo esforzos moi grandes para tratar de confundir á opinión pública, afirmando que o HOLOCAUSTO non existiu, por iso é fundamental recordar e non esquecer, porque din os espertos que si esquecemos é probable que volva a producirse e poderíamos ser calquera de nós.


22/1/10

Sí, es algo personal

A maravillosa Olga que está á fronte da biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica fíxonos chegar unha noticia publicada no país que di que SI, QUE É ALGO PERSOAL, e eu estou totalmente de acordo co que di esta noticia publicada en EL PAÍS, así que non deixedes de lela. SUPER INTERESANTE.


Grazas Olga por estar sempre ó pe do canón.

21/1/10

EU TAMÉN A FALO PORQUE SI


" Lingua proletaria do meu pobo,
...
eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sufren longo
unha historia contada noutra lingua."

Celso Emilio Ferreiro.


Via o Blog Arquivos do Trasno da Biblioteca do IES Rafael Dieste

20/1/10

Discriminación positiva a favor dos homes

En 2003 en Suecia, e ante a maioritaria porcentaxe de mulleres universitarias, un 60%, o governo sueco implantou o sistema de cotas que privilexiaba aos homes no acceso á universidade fronte ás mulleres.

MAL, MOI MAL: Os resultados foron tan catastróficos agora teñen que dar marcha atrás.

Conta o diario Stockholm News que agora, poucos anos despois o Goberno sueco ten que suprimir as devanditas cotas por xénero para acceder á universidade.

POR QUE O GOVERNO DA MARCHA ATRÁS?

Porque o resultado da xenial idea non deu os resultados esperados: 95% das solicitudes de acceso rexeitadas son de mulleres, polo mero feito de selo, que, na súa maioría, tiñan un mellor expediente académico que os homes, admitidos tamén polo mero feito de ser homes.

O conflito xurdiu naquelas titulacións cunha maior demanda nas que o número de aspirantes con altas cualificacións é superior ás prazas ofertadas: Veterinaria, Odontoloxía, Medicina ou Psicoloxía. Ademais, ao ser sensiblemente superior o número de mulleres con boas notas que o de homes, a distorsión ocasionada polas cotas agravouse sensiblemente.

Ademáis hau outras razóns como son que as demandas interpostas ante os tribunais de xustiza por mulleres que quedaron excluídas no acceso á universidades, nas que deúselles a razón e condenouse ao Governo Sueco a pagar unha indemnización a aquelas.

19/1/10

Informándonos sobre a rede

Esta noticia de hoxe ven moi a conto co que Oki acaba de publicar no post anterior, xa que todos e todas sabedes a preocupación que dende a biblioteca, temos sobre internet..., bueno, non só preocupación senón tamén interese.... Consideramos que os nosos alumnas e alumnos non poden saír do sistema educativo sen unha ampla información de como manexarse en internet (sobre todo dende o punto de vista da busca de información), para eso tratamos de formalos (ou dar pautas de como moverse a través deste mundo fascinante e complexo).
E a conta de esto mañá mércores van a facerse unhas charlas sobre as posibilidades e perigos na rede. Están organizadas polo departamento de Orientación e a Biblio.
  • Vanse facer para os cursos de 1º e 2º da ESO e tamén para os de 3º e 4º.
  • O relator vai ser o compañeiro do CEFORE : José Mª AGUILERA CARRASCO
Tamén lle andamos dando voltas a este tema, pero enfocado para pais/nais e profesores/profesoras. Xa vos contarei que tal foi a historia. ¡ Ten moi boa pinta!

15/12/09

NAVEGANDO POR AUGAS TURBULENTAS

Título: Navegando por aguas turbulentas. Chats e internet.
Autores: De Carlos Puerto e Miguel A. Pérez Laguna.
Editorial: Ediciones SM


Os avances informáticos dos últimos anos son de tal importancia e calado que non é posible para unha gran parte da humanidade concebir a vida diaria sen unha conexión a internet.

Esto significa que, cando menos, debemos reflexionar sobre o uso do mesmo pola xente nova.

Hai estatísticas abrumadoras: 38% dos adolescentes en internet se conectan a páxinas violentas, 44% foron acosados sexualmente de maneira virtual, 54% non coñece as mínimas normas de seguridade...

A adolescencia é precisamente curiosidade, insensatede, aventura, descubrimento...

¿Que perigros hai nos chats? ¿Como saber se alguén mente nun chat? ¿Pode alguén facer dano a través dun chat? ¿O chat pode causar adición?

Este libro aborda a problemática da comunicación polos chats para que cada un saque as súas propias conclusións e coñeza os riscos e perigros que poden xurdir neste tipo de relacións a través da rede.