28/1/10

Recordando Auschwitz

Onte foi o aniversario da entrada das tropas soviéticas no Campo de concentración de Auschwitz, un dos lugares máis representativos do terror nazi.
Neste lugar fixéronse investigacións con humanos que non se farían nin con animais, morreron miles e miles de xudeus, xitanos... Foi, igual que no resto de campos de concentracións nazis, un lugar para o exterminio dunha raza, ata o punto que incluso, necesitando as tropas que estaban destacadas nestes lugares para o combate, pois se estaba perdendo a guerra, seguiron coas súas prácticas e co obxectivo fixo de matar o maior número de xudeus posible. Aproveitaron ata o último minuto, incluso antes de fuxir, cando as tropas soviéticas estaban ás portas do campo de concentración, fixeron "a comida" envelenada, co fin de que os pobres famentos fosen a comer de por suposto morreran... toda unha maquinaria de matar.
Hoxe en día algúns están facendo esforzos moi grandes para tratar de confundir á opinión pública, afirmando que o HOLOCAUSTO non existiu, por iso é fundamental recordar e non esquecer, porque din os espertos que si esquecemos é probable que volva a producirse e poderíamos ser calquera de nós.


No hay comentarios: