7/4/26
Muller na ciencia 11F
O pasado 11 de Febreiro foi a conmemoración do día internacional da Muller e da Nena na Ciencia, para visibilizar o traballo das mulleres nas áreas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxenería e Matemáticas) e proporcionar referentes femininos para a infancia que poidan contribuir a elección destas áreas como carreiras profesionais. (Máis Info en: https://11defebrero.org/ )
No IES de Arzúa, o Equipo de Biblioteca preparou un Kahoot de mulleres científicas: https://create.kahoot.it/share/mulleres-cientificas/79fcbdcc-a63a-457e-a171-fc367b8c0e46
Tamén como sorpresa, aproveitando a chegada do entroido, Sara e Uxía, alumnas de 1 da ESO e voluntarias da Biblioteca, caracterizáronse de Ángela Ruíz Robles e Marie Curie. Acompañadas por Cristina Santana e Silvia Calvo visitaron varias aulas da ESO e BAC para contarlles aos compañeiros e compañeiras os principais logros destas mulleres e así dar visibilidade a este día.
Sara e Uxía, de 1 da ESO, voluntarias da biblioteca caracterizadas como Ángela Ruíz Robles e Marie curie
A continuación resumimos un pouco das historias que elas nos contaron.
Marie Curie foi a primeira muller en recibir un premio nobel (premio nobel de química polo descubrimento do radio e o polonio) e a primeira persoa en recibir dous (compartiu o premio nobel de física co seu marido Pierre Curie e Henry Becquerel polas súas investigacións sobre a radioactividade).
Naceu en Varsovia (Polonia) en 1867 e como naquel tempo no seu país as mulleres non podían cursar estudos superiores, foise a Francia onde vivía a súa irmá e matriculouse na universidade da Sorbona en Paris. Tivo que traballar para subsistir pero a pesar diso titulouse en matemáticas e física coas mellores calificacións.
A aplicación dos seus descubrimentos permitiu o desenvolvemento dos raios X que empréganse en medicina como parte do radiodiagnóstico para explorar o corpo humano e identificar lesións e enfermidades e incluso o seguemento de intervencións quirúrxicas. Tamén desenvolveuse a radioterapia para destruir células e tecidos tumorais aplicando radiación. Outros usos aplicados dos seus descubrimentos son detectores de seguridade, de fumes, detectores de fugas nas conduccións etcétera.
Ángela Ruiz Robles
Foi unha mestra e inventora nacida en León en 1895, que pasou parte da súa vida en Galicia onde desenvolveu o seu prototipo de enciclopedia mecánica en 1949 que pode ser considerado o precursor do libro electrónico.
Ángela dicía que esta enciclopedia permitiría alixeirar o peso das mochilas do alumnado, facer máis atractiva a aprendizaxe e que permitía adaptarse aos distintos niveis de coñecemento e a alumnado con problemas de visión. Incorporaba sonidos e permitía aprender varias linguas. Facilitaba a aprendizaxe na escuridade incorporando luz. Todo esto agora nos resulta moi familiar pois temos diferentes dispositivos electrónicos como ebooks tablets, ordenadores portátiles… pero cando ela desenvolveu o seu proxecto non existían!
O prototipo do seu invento desenvolveuse en Ferrol. En todo momento quixo manter a súa patente en España desbotando ofertas do extranxeiro, e a pesar dos seus esforzos finalmente non conseguiu que se chegase a comercializar.
Fontes bibliográficas consultadas: https://mujeresconciencia.com/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



No hay comentarios:
Publicar un comentario