Pois coma sempre neste día as bibliotecas escolares fixeron grandes cousas para non esquecer esta lacra social e nós unímonos a esta conmemoración cun marabilloso traballo de dúas amigas das bibliotecas e tamén persoais ás que adoro. Falo das presentación feitas por Loly Lago do IES de Fene e por Charo Sánchez do IES Sanchez Cantón de Pontevedra. E tamén dende o blog amigo de Trafegando Ronseis, outra marabillosa presentación que da que pensar. Noraboa polo voso traballo sempre sensible e magnífico e GRAZAS POR TODO.
Ata cando teremos que seguir lembrando esta terrible lacra da nosa sociedade? Ata cando seguirán baixando as idades de maltratadores e maltratadas? Algo estamos a pasar por alto para que isto sexa así, algo estamos a facer moi mal!! Bicos dende Fene
1 comentario:
Ata cando teremos que seguir lembrando esta terrible lacra da nosa sociedade? Ata cando seguirán baixando as idades de maltratadores e maltratadas? Algo estamos a pasar por alto para que isto sexa así, algo estamos a facer moi mal!!
Bicos dende Fene
Publicar un comentario