1/4/09

PARAÍSO INHABITADO

Para rematar este mes das mulleres recoméndovos Paraíso inhabitado de Ana María Matute , no que atoparemos a Adriana...
Adriana é unha nena moi especial, que descobre un día que o mundo é un espazo grande e cheo de ameazas con “xente moi mala” que se materializa en odios para o seu amigo Teo, (alguén diferente e coa “alma tocada” como ela mesma), en incomprensión no seu propio colexio e nas prohibicións da súa amizade verdadeira, e coñecerá ben cedo que nada é para sempre e que a vida ás veces vólvese demasiado dura aínda que hai que continuar con ela.
Hai lugares repartidos por toda a face da terra onde crecen plantas e flores preciosas, de brillantes cores, cunha beleza sinxela e diáfana, que brillan ao sol simplemente, sen máis pretensións que desfrutar… e de súpeto chega un día de vento atroz e chuvia forte e a flor desaparece e tan so queda o tallo para recordarnos, quizais, aquilo que un día foi…

Pero sobre todo deixame pasmada oila falar con esa claridade de ideas: que ten 82 anos!!!!!

2 comentarios:

olga dijo...

Acabamos de deixarvos un agasallo no noso blog. Pasade a recollelo :-)

Loly dijo...

Eu viña ao mesmo que Olga pero está visto que chego tarde, así que pasarémoslle o agasallo a outros.
Apertas!!