23/4/09

23 de abril día do libro

Hoxe é o día do libro e hai celebracións de todo tipo festexando este día, nós dende a biblioteca tamén queremos aportar o noso gran de area para intentar fomentar a lectura e os libros. Os que estades no instituto estades a ver que a zona da biblioteca (dentro e fora) está a sufrir cambios importantes cunha achega de fotos impactantes... acompañadas de libros. Aínda non rematamos, levamos dúas mañás a tope pero aínda non fomos capaces de rematar o traballo... pero todo se andará... Nestes días iremos pasando información pouco a pouco, gota a gota, do mesmo xeito que o traballo irá facéndose visible.
Pero non vos vou contar nada máis, estade atentos e seguro que vos chaman a atención as fotos e os libros.... Seguide proximamente o noso blog e visitade a biblio e veredes a sorpresa completa.

Por outra banda acabo de baleirar a cámara de fotos e atopeime coas fotos da viaxe que 4º de ESO e os compoñentes do club de lectura, fixemos a Pontevedra a visitar a cidade e ó Salón do Libro infantil e xuvenil desa fermosa cidade e como vai sendo hora, enlazamos e aquí tedes a pegada dun chuvioso pero marabilloso día na cidade do Lérez.
Por certo o salón do libro IMPRESIONANTE... FANTÁSTICO ...

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Buenooooo, xa estiy desexabdo saber que é o que acontecerá en Biblio Arzúa, que seguro será algo interesantísimo... Quedamos á espera dos acontecementos!!!!
Feliz Día do Libro, que son Todos os Días!!!

Equipo da Biblioteca dijo...

Dende Bibliobarro tamén estamos desexando ver que vos traedes entre mans. Por certo, temos un pequeno agasallo para vós. Entrade na noso blogue (http://bibliobarro.blogspot.com) e comprobaredes de que se trata.