Naceu a cabalo dos séculos XIX e XX nunha aldea irlandesa no seo dunha familia de clase media acomoda, o que lle permitiría ter unha boa formación académica nos mellores colexios e cos mellores titores. Unha educación baseada nos clásicos grecorromanos, e no clasicismo inglés. E xunto a esta brillante formación intelectual que mais tarde desenvolvería en Oxford no “colexio da Madalena”, hai que ter moi en conta a morte da súa nai cando aínda era un neno. Outro momento moi importante na súa vida foi a conversión ao cristianismo de corte católico, o que marcaría toda a súa vida, e tamén como non, toda a súa obra literaria. E o mellor exemplo desto é a serie “Das crónicas de Narnia”. Unha crónica, non a historia dun mundo relatada ao longo de 7 entregas. “O sobriño do mago”, “O León a bruxa e o armario”, “O cabaleiro e o rapaz”, “O príncipe Caspián”, “A travesía do viaxeiro do alba”, “A silla de prata” e “A última batalla”.
Na primeira historia cóntase o sacrificio do León e na última o fin do mundo dos narnianos. Os seus habitantes son seres persoais, anque non humanos na súa maioría. Estes proveñen de Inglaterra, e mentres son nenos poden entrar en Narnia, despois será imposible dende que volven de novo a Inglaterra e se convertan en maiores.
Estamos pois, ante unhas historias cheas de maxia e fantasía. Unhas historias para ser paladeadas pouco a pouco, con repouso e moita imaxinación.
Imaxínate que estás a punto de comezar as vacacións de verán, ... imaxínate tamén que estás ante un inmenso caderno en branco que tes que colorear e darlle vida. ... ¡Menuda ledicia!, non me digas que non. ¡¡¡¡Douche nas orellas!!!!!
Ahhh, pero para andar o camiño hai que repoñer forzas.
E para elo nada mellor que algo suculento e nutritivo.
O menú.
De entrante: ¡Mira o que se aveciña!, ... uhmmm ...¡semella que favorece a comunicación!, ... e ademais nutritivo.
De primeiro prato: “Un León unha bruxa e un armario” en pantalla plana. ... Ahhh, eso si, ... ben sentadiños, pero tamén, ... de momento nada mais.
De segundo prato: A Elexir entre sete. ¡Ti xa ben me entendes!, e como o verán é moi longo e na variedade está a sabedoría (din que tamén o gusto), o interesante sería ilos saboreando un a un ata o último suspiro estival.
De sobremesa: Unha boa sesta, ... agora si, non antes, ... un chapuzón, e quizais despois un paseo, uha conversa,a merenda, ... a festa de Lema, Dondodán, Dodro, A Mella, Castañeda, o Carme, ... uffff ¡que stress!.
Bo verán, ¡vémonos a volta!
Ahhh e ¡coidado coas orellas!
Pero, .... algúns xa empezaron.

4 comentarios:
Encántame que os rapaces traballen tanto un tema e que Manuel lles axude nesa tarefa, bo traballo e a continuar, sobre todo porque é moita a ilusión que eu vin no proceso. Parabens a todos e continuade así.
oaaaaaa!!!!!!!!! eu son unha das rapazas que participei nese traballo!!!!!!!!!!!! e encantoume porque aprendimos a expresarnos e a facer traballos en grupo(ainda que non fora o primeiro traballo en grupo)ademais MANUEL e moi bo profe e ensañanos moitas cousas jeje, e se temos un problema sabemos que podemos recurrir a el sen vergoña!!!!! UN SAUDO A MANUEL E MARUXA!!!!!!!!!!!!!!!!!!! a CaRtUlInA rOsA a MeLlOr!!!!!!!! QuE cOsToU mOiTo TrAbAlLo!!!!!!!!! 2ºC tHe BeSt!!!!!!!!
Abraiada estou Manuel. A verdade é que estes profes de relixión son moi, pero que moi enrrollados...
Noraboa a ti e a todo o grupo que traballou en Narnia
Coido que non me equivoco se digo que detrás desto anda un que pasou por Camaríñas. Gracias por todo Manuel, non sei se te foches esquecendo de nos, pero nos non de ti. Aínda nos lembrábamos o outro día de ti falando de cousas serias. Alicia .
Por certo fainos unha visita cando podas. Bueno espero que sexas ti. Senón perdón e disculpas.
Publicar un comentario