25/10/22

ODS 4: CONSUMO RESPONSABLE.

I OBRADOIRO DE RECICLAXE Subimos hoxe fotos do I OBRADOIRO DE RECICLAXE que fixemos dende a biblioteca.

18/10/22

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 de outubro de 2022

Sabes por qué se elexiu o 24 de outubro como o día das bibliotecas? Para lembrar a destrución, en 1992, da Biblioteca Nacional de Bosnia-Herzegovina en Sarajevo. Ocorreu durante o conflito dos Balcáns no que se decidía a independencia de Bosnia Herzegovina fronte a Serbia. O edificio quedou gravemente danado. Nos primeiros momentos do incendio, os traballadores da biblioteca e numerosos transeúntes que pasaban por alí puxeron en risco as súas vidas para salvar cuantos libros fose posible.
Aquí tes un vídeo con imaxes de como era a Biblioteca antes do incendio. Qúe salvarías ti de Biblioarzúa se fose pasto das chamas? Contesta á pregunta no blog da biblio e pasa a recoller o teu agasallo!!!

ODS 6: AUGA LIMPA E SANEAMENTO

Neste Curso 2022-23 iremos traballando cada un dos 17 Obxectivo de Desenvolvemento Sostible do milenio. En esta ocasión traballamos o ODS6: auga limpa e saneamento. ACCIÓN 1: fomos á XI recollida simultánea de Praias convocada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA)
O tempo acompañounos e disfrutamos dunha xornada ben enriquecedora. Incrible que nun areal que, estando aparentemente limpo, se atopase tanto residuo non orgánico. Voltamos moi concienciados acera da problemática da inxesta de microplásticos na nosa alimentación. O MAR LIMPO É SAÚDE

10/10/22

ARRINCA TORNEO XADREZ

De todos é sabido que xogar ó xadrez mellora a capacidade de atención e concentración, favorece as relacións sociais axuda a estruturar o pensamento e a superar o fracaso. O xoves 6 de outubro arrincou o TORNEO DE XADREZ dentro da programación de recreos activos para este ano. Rapaces e rapazas dende 1º de ESO ata 2º de Bacharelato, xogarán os martes no primeiro recreo e os xoves no 2º recreo e loitarán polo premio dun reloxo e unha viaxe a Cerceda. A disfrutar polo camiño. Moitas grazas Hugo Mera por axudar a organizalo e pola paixón que lle pos. Parabéns Nico e Miqueas
pola vitoria do primeiro día. Un despiste de Hugo fixo que lle ganases. Achegamos unhas fotiños do primeiro día

9/10/22

OS PRIMEIROS SON O PRIMEIRO- 1º ESO B

Co grupo de 1º ESO B rematamos a acollida de novo alumnado este curso 2022-23 en Biblioarzúa. Moitos deles amosaron interés en facerse voluntarios este curso. Bravísimos!!!

2/10/22

OS PRIMEIROS SON O PRIMEIRO- 1º Ciclo Superior Agraria

 Seguimos acollendo novos usuarios de Biblioarzúa. O xoves 22 de setembro tocoulle pasar pola biblio a 1º CS Agraria. 

Grupo ben numeroso!!! qué ben que se aposte pola FP!!! Centrámonos na explicacción dos fondos dispoñibles na súa especialidade e no acceso á informaciín virtual por medio de Koha e da Biblioteca dixital ELBE-2.


Bo curso a todos e esperamos vervos a bordo!!!

OS PRIMEIROS SON O PRIMEIRO- 1º Ciclo Medio Agraria

E seguimos con presentacións. O martes foi o turno do alumnado de 1º CM de agraria. Amosáronse moi interesados nos recursos dixitais de ELBE.2. Xa poderedes acceder a eles e se tedes algunha dúbida aquí estamos en  biblioarzúapara resolvela.





25/9/22

O XOGO DO MILLONARIO EN BIBLIOARZÚA

Esta actividade tan molona non nos deu tempo de subila o ano pasado...pero aquí vai.

Moitas gracias Solidariedade Internacional de Galicia por vir vernos e adicarnos unha mañán co xogo do millonario no noso IES . Foi unha gran oportunidade para traballar o ODD 10: redución das desigualdades. Aprendemos cal é a diferencia entre a proxección MERCATOR e o MAPA DE PETERS ( o que non trouxo María Caride) para representar a superficie da terra e mesmo nos trouxo unha mostra da planta do cacao e degustamos chocolates de comerco xusto procedentes de sudamérica. 

Deixámosvos algunhas fotos de mostra. Se queredes velas todas, clickade no enlace arriba





21/9/22

Biblioarzúa comprometida coa AXENDA 2030- REPARA e CONSUME RESPONSABLE

 Chegar á biblio e atoparte con esto É UNHA LEDICIA!!! Un cómic destrozado??? NON. Algún activista medioambiental pasou por biblioarzúa.

Algo estamos facendo ben cando a comunidade educativa se preocupa por darlle unha vida máis longa ós libros e reducir o consumo. Tomamos nota e pasámosllo ó alumnado de FP Básica de Administrativo para que xunto á súa profe Laura o repararán. 




OS PRIMEIROS SON O PRIMEIRO- 1 ESO A

 Comezamos as Sesións de acollida de novos usuarios de Biblioarzúa. O martes 20 de setembro tocoulle pasar pola biblio a 1º ESO A. 

12+1 cativos e cativas percorreron a sala para familiarizarse coa colocación dos fondos dispoñibles na biblioteca, falamos dos xogos, charlas, obradoiros e torneos que imos ter este Curso 2022-23 e ainda nos quedou tempiño para ver un paqueno vídeo motivador, xa que "We all need a little encouragement every now and then" .







Iago, Noel, María, Hugo, Gilherme, Aroa, Yoel, Ramón, Amaia, Xabi, Daniel e Celia. Bo curso a todos e todas e esperamos vervos a bordo pronto!!!!