18/5/21

Letras Galegas

 

O pasado venres 14 de maio, invitamos a Serafín Marcos que nos ofreceu a representación “De Carvalho Calero a Xela Arias” dirixida aos alumnos de 4º ESO.

Para empezar, achegounos á vida e á traxectoria literaria de Xela Arias, destacando a súa faceta como poeta, tradutora e editora. Fixo referencia, así mesmo, ás vivencias de Xela que se ven reflectidas na obra, ós seus primeiros anos transcorridos entre a súa Sarria natal, Lugo e Vigo, onde se instalaría a partir dos sete anos ...

Cara ao final, fixo un percorrido pola vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.

Foi moi divertido ver actuar a Serafín Marcos, agradecémoslle a súa presenza no noso centro!!!


 

29/4/21

Día do libro - 23 de abril

O pasado 23 de abril, celebrouse o día do libro.

Nós fixemolo cun bookface no que participaron alumnos e profesores do IES!

Grazas a todos!!!

14/4/21

Contacontos francófono


O pasado venres, 9 de abril, o Departamento de Francés organizou para o seu alumnado de 3º da ESO, 4º da ESO, 1º de Bach e 2º de Bach tres sesións de narración oral grazas a visita de Samuel Mountoumnjou, de orixe camerunesa. Samuel é profesor, mediador intercultural e sobre todo narrador de contos cargados de valore cos que fai fincapé na diversidade sinalando que "se todos somos diferentes, aparentemente, todos e todas somos iguais". Foi un pracer escoitalo!!!

 


22/3/21

Le Tartuffe (Tartufo)


O xoves 18 de marzo durante o segundo recreo tivo lugar a Reunión do Club de lectura dos alumnos de francés de 2º Bac. Nesta ocasión, embarcáronse na lectura de Tartufo, unha obra de teatro de Jean Baptiste Poquelin, de nome artístico Molière.

O contexto histórico no que se encadra a obra e o seu autor é o século XVII, o  Gran século, en concreto na segunda metade, marcada pola monarquía absoluta de Luis XIV, o “rei sol”.

A través deste texto, Molière critica a sociedade do século XVII: os falsos devotos, os hipócritas que se presentan baixo a aparencia de persoas con fortes valores cristiáns e que esconden outros intereses. A hipocrisía é o tema principal da obra, paralelamente escóndese un ataque ao papel demasiado autoritario dos pais e a denuncia dos matrimonios forzados.

Recomendámosvos a lectura de Tartufo!

 



9/3/21

Mural 8M

Co motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o alumnado  participou nun mural  , manifestando libremente as súas impresións en distintos idiomas a través de debuxos, frases ou citas que a continuación mostramos.










17/2/21

Ana e Andrea de 2º BAC gañan o VII Certame de guións contra a violencia de xénero

 A obra "Escondite Inglés" das alumnas do IES de Arzúa, Ana Rodríguez  e Andrea Peteiro,  gañadora do VII Concurso de guións contra a violencia de xénero da área de Igualdade da Deputación da Coruña! 

Aquí tedes toda a información!

 Nova da Deputación da Coruña

Nova de El Correo gallego 

Nova de La Voz de Galicia 

 Entrevista na Cadena Ser no programa Hoy por hoy (desde o 1.17)




2/2/21

Xornadas de divulgación sobre o uso da biblioteca

 Dende Biblioarzúa, inauguráronse o 29 de xaneiro unhas xornadas de divulgación do uso da biblioteca. Está semana tocoulle ao alumnado de primeiro da ESO. Xogaron á busca de differentes exemplares para familiarizarse ca CDU. Aprendendo xogando!!! 



30/1/21

Día da paz

O 30 de xaneiro adícase a conmemorar unha cultura da non violencia e a paz. Neste día recordamos o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Os alumnos do IES de Arzúa buscaron poemas en varios idiomas para a celebración deste día. Aquí tedes unha pequena mostra.


 

 



 

3/1/21

Recensión da novela Memoria do silencio

 Elsa Fernández de 3º ESO, realizou unha reseña sobre a obra Memoria do silencio de Eva Mejuto, lido no Club de lectura na 1ª avaliación. Compartímola con vós xa que fai un achegamento reflexivo e interesante á obra. 


22/12/20

L' ami syrien (O amigo sirio)

     

      O venres 18 de decembro, durante o segundo recreo, tivo lugar a xuntanza do Club de lectura dos alumnos de francés de 2º Bac que leron este trimestre l’ami syrien de Évelyne Siréjols. Houbo un intercambio de impresións sobre o relato que centra a atención na problemática dos refuxiados. Mediante a figura do protagonista Idriss, estudante refuxiado sirio de 17 anos, pódese ver a fuxida do personaxe a diversos países (Turquía, Francia) tras a guerra siria, que provoca a masacre dos seus pais e a desaparición da súa irmá pequena Souad. Destacan os seus respectivos percorridos a través de varios centros de acollida e campos de refuxiados.

      Esta lectura fainos reflexionar sobre a situación de millóns de refuxiados que están nesta situación, especialmente nenos e mozos orfos, menores de idade...