31/5/10

Celso Sanmartín en Arzúa

Con motivo das celebracións do día do libro estivo no noso instituto Celso Sanmartín que nos brindou un rato do máis agradable contando os contos que a el lle foron contando moitas persoas maiores e que transmite con gran amor e tamén (porque non dicilo) con gran humor. Déixovos aquí as instantáneas.

24/5/10

Compartindo alegrías en Vide

Este sábado pasado reunímonos un grupo de xente da bibliotecas escolares de Galicia en torno á lamprea, este pequeno "bicho" ten adoradores incondicionais e tamén detractores totais, outros dedicámonos a probala e a ver que pasaba..... e pasou.... o de menos foi o da comida, esa era só a disculpa... o mellor foi o que veu pola tarde.
Sabela da Escola Unitaria de Vide e Lurdes e as mulleres de Vide nos ofreceron un espectáculo total: a escola hai que vela, só con vela sábese o que alí se traballa e se vive, e logo a Casa da Auga, onde en torno as filloas e a un café nos ofreceron un fantástico concerto e iso que tiñan que traballar e facer un montón de cousas.... pero alí estiveron, dando o mellor de si mesmas a este grupo de tolas e un tolo das bibes que non sabiamos como agradecer o que nos estaba a ocorrer.
Vaia dende aquí o meu recoñecemento a todas elas, non teño nin idea de como é a vosa vida diaria pero o que si vos podo asegurar é que foi un auténtico privilexio compartir con vós esa preciosa tarde de verán.

Máis información en:
MESTURAS
O SEGREL DO PENEDO

17/5/10

Novoneyra dende a nosa biblioteca

E no día das letras galegas e dende a nosa biblioteca estas dúas presentación homenaxe a Uxío Novoneyra. Feliz día a todos e todas e recordade que a cultura, a nosa cultura e o noso idioma son dous pilares importantes sobre os que nos asentamos. Defendámolo e loitemos por el.... é parte de nós e nós somos parte de el.


13/5/10

Máis de Novoneyra dende varias bibes galegas

Dende o CEIP Quintela de Moaña otra escolma sobre Novoneyra, coma todas as presentadas ... igual de fantástica. O seu título é 15 poemas para recitar.


Tamén nos acaba de chegar outra fantástica presentación dende o CPI "Luís Díaz Moreno" de Baralla, a través do responsable da súa biblioteca Delio, na que se nos amosa un Novoneyra menos coñecido... onde reivindica a memoria histórica.
O poema que nos traen é o de "Manoel de Ribadaira". "Como en moitos lugares de Galicia, e non só de Galicia, no Courel tamén se practicaban "paseos" contra aquelas persoas que estaban baixo sospeita".


Tamén dende O Ceip Progreso de Catoira nos chega outra marabillosa presentación...

12/5/10

Máis Uxío dende Fene e Cambre

De novo estamos con vós para subir materiais que dende as bibliotecas escolares galegas se están a facer sobre Uxío Novoneyra .... tedes que ver a cantidade de material que se está a elaborar.... entre eles esta marabillosa escolma feita por O segrel do penedo (IES de Fene) dentro dunha preciosa actividade que se chama Poemas na Rúa para celebrar o día das Letras galegas.
Tamén vos traio unha fantástica guía (imprescindible) sobre Novoneyra feita pola biblioteca "O Bosque animado" do IES Afonso X O Sabio....

Todo un luxo ter a estes dous (Loly e Antonio) neste grupo do PLAMBE, ademais de amigos meus, son uns fantásticos traballadores ... Grazas dende aquí...

Ademais nos deixaron esta fantática webquest sobre este persoaxe das letras galegas...



11/5/10

Uxíao dende O IES Luis Seoane de Monteporreiro

Dende a Biblioteca Luis Seoane de Monteporreiro chéganos outra antoloxía de Novoneyra onde fala do Courel. Nos vos perdades esta preciosa presentación.

Follarasca dende Fene, Camariñas e Malpica

Todos estes lugares tan distantes e tan perto nos traen recien saído do forno esta presentación dende o IES de Fene e dende o IES Pedra da Aguia. Como podedes ver toda unha obra de arte!!. E tamén podedes ver o slideshare que dende a biblio Milladoiro de Malpica fixeron con estas poesías

10/5/10

Empezamos co día das letras galegas

Para este día temos preparadas varias actividades e algunha moi especial.... Vos sabiades que o noso director Berri era amigo persoal de Uxío Novoneyra?. Pois imaxinade o que nos pode contar.... xa escoitaredes!. As actividades no IES vanse retrasar un pouco porque como sabedes unha boa parte do centro marchamos a semana que ven de intercambio a Portugal e no podemos facelas ata a volta, pero o importante é celebrar as nosas letras e ser conscientes da súa importancia para difundir o idioma...
Comenzamos a publicar traballos que as Bibles escolares puxeron o servizo de todos e todas. Hoxe deixovos con este fermoso traballo que chega dende a Biblioteca do IES de Porto do Son.



6/5/10

DIME QUIÉN SOY

TÍTULO: Dime quién soy AUTORA: Julia Navarro

Si queres empezar a ler, aquí tes as 32 primeiras páxinas, seguro que sigues: ENLACE

Esta é unha novela onde Julia Navarro fai un repaso por algúns conflictos do século XX máis sanguentos e violentos: A Guerra Civil española, A segunda guerra mundial, A Rusia de Stalin, a Guerra fría... dunha forma amena e partindo de personaxes anónimos que falan dende as súas ideas.

A historia comeza cando un periodista recibe a proposta de investigar a vida da súa bisavoa da que non saben nada máis que abandonou ó seu marido e ó seu fillo antes de comezar a guerra. Cada paso que vai dando na investigación descobre unha muller comprometida e forte, fiel ás súas ideas e disposta a loitar ata o final polos seus principios. De paso vai facendo un repaso pola historia do século XX. Unha historia amena, que engancha dende o principio. Totalmente recomendable.

A mesma autora di da súa novela:

"Si tuviera que definir Dime quién soy, diría que se trata de una novela de personajes que, sin renunciar a la aventura ni a la historia, retrata la memoria del siglo XX y la identidad de esas personas anónimas que lo protagonizaron"

5/5/10

Ramón Suárez Picallo

O noso compañeiro Xosé Ramón de Allariz (profe de galego) fíxonos esta semblanza sobre a figura de Ramón Suárez Picallo, que estes días está de paseo por Arzúa nunha exposición cedida polo concello de Sada.

"Naceu en Sada (A Coruña) en 1894. Emigrou a Arxentina de rapaz moi novo e alí mantivo contactos cos intelectuais galeguistas que residían en Buenos Aires. Regresaría despois a Galicia onde exercería de director da revista A Nosa Terra (órgano das Irmandades da Fala).

En 1931 participou na fundación do Partido Galeguista . Accedeu os estudos de bacharelato e universidade cáseque ós 40 anos. Rematou a carreira de dereito en1935.

Foi escollido deputado no ano 1936 polo Partids Galeguista . Participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia formando parte da comisión que presentou o Estatuto en Madrid. Trala Guerra Civil residiu en New York, Chile e Arxentina. En Buenos Aires formou parte do Consello de Galiza, xunto a Castelao e Alonso Ríos. Morreu no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires en decembro de 1964.

No ano 2008 as súas cinzas foron repatriadas a Sada."

Tamén comentar que foi un lector incansable. Aquí vos quedan as fotos da exposición: